"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

    1. Conxunto de carneiros.

    2. Golpe que dan as cabras coa cabeza cando trucan.

    3. Comida ou festa celebrada a base de carneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carga que leva ou pode levar un carro en cada viaxe que fai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas que se cargan dunha soa vez nun carro ou nunha carreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canón de artillería naval, de gran calibre e pouca lonxitude (uns 8 calibres), que apareceu no s XVIII. Descansaba sobre dúas pranchas de madeira e usábase como peza auxiliar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carga pequena do carro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Función da variable complexa p definida pola integral

    FORMULA

    na que Cf(t) simboliza a transformada de Carson dunha función do tempo t. Ten as mesmas funcións de existencia que a transformada de Laplace.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio do goberno arxentino situado na Praza de Maio, residencia do presidente desta República desde 1911. A orixe do seu nome está na propia cor da casa, que está pintada dun ton rosado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sofía Guadalupe Pérez de Eguía Casanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de cascabullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación de cascallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Árbore caducifolia norteamericana que acada os 15 m de altura. As follas, rematadas en punta, de ata 16 cm de lonxitude, son alternas e ovadas con marxe dentada e base redondeada. As flores teñen cinco pétalos verdosos que se dispoñen en inflorescencias en umbela e dan lugar a froitos negros de 6 mm de diámetro. A cortiza seca contén emodina e úsase como laxante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído ou gargallada que se asemella ao cacarexo das galiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Palabra ou expresión propia do castelán usada noutra lingua.

    2. Erro cometido por influencia do castelán noutra lingua diferente a esta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión lingüística inzada de castrapismos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Discípulo e xenro de Mateo de Prado, participou nas obras do baldaquino perdido de Oseira. Realizou unha imaxe de santo Antón para unha capela de Melide en 1675. En 1679 traballou na imaxe da Nosa Señora da O da confraría do Rosario de Santiago de Compostela. En 1681 foi asalariado da catedral de Santiago de Compostela e, en 1685, restaurou a imaxe do Santo Cristo do altar da Nosa Señora da Soidade. En 1688 realizou dúas imaxes de san Bieito e santo Antón para a igrexa de Santa María do Campo (O Irixo). É probable que traballase no mosteiro de Santa María de Oseira con Xoán Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, filólogo e crítico literario. Estudiou dereito e filosofía e letras en Granada, e ampliou estudios na Sorbonne. Colaborou con Giner de los Ríos, dirixiu a sección de lexicografía da Institución Libre de Enseñanza e foi catedrático de Historia da Lingua Española da Universidad de Madrid (1915-1939). Durante a Segunda República foi embaixador en Berlín e en 1939 exiliouse aos EE UU, onde foi catedrático en Princeton. Publicou, entre outras obras, Fueros leoneses de Zamora, Salamanca, Ledesma y Alba de Tormes (1916), El pensamiento de Cervantes (1925) e La realidad histórica de España (1935-1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado á beira do río Magro, na comarca da Ribera Alta (2.189 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura, especialmente o cultivo do ervello de Ceratonia, a viña, as oliveiras e os cítricos, e a cría de gando ovino e avícola. No termo municipal localízase a cova da Avellanera, con restos prehistóricos, e as ruínas dun antigo castelo islámico. A igrexa parroquial de San Pedro edificouse sobre unha antiga mesquita en 1730.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión propia dos cataláns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Censo demográfico e fiscal elaborado entre 1750 e 1754 nos reinos peninsulares da coroa de Castela, entre eles o de Galicia, por un decreto do Rei Fernando VI a instancias de Zenón de Somodevilla y Bengoechea, Marqués de la Ensenada, secretario de Facenda, Guerra, Mariña, Indias e Estado, e gobernador do Consello de Castela. O catastro tiña como base unha enquisa constituída por 40 preguntas relativas á poboación, ás propiedades e ás actividades económicas de cada unha das parroquias. Este cuestionario (interrogatorio) debía ser respondido en primeira instancia polo párroco, o alcalde, os rexedores da xurisdición e dous veciños elixidos por eles. Os responsables da recolección dos datos eran funcionarios (xustizas e intendentes) nomeados para a ocasión, acompañados de escribáns, agrimensores, taxadores e os peritos que fosen precisos. Ademais, cada veciño debía declarar os seus datos particulares: nome e apelidos, profesión, condición social, familia, fontes de ingresos e propiedades. Constitúe...

    VER O DETALLE DO TERMO