cáscara sagrada*

cáscara sagrada*
Nome científico: [Rhamnus purshianus, Fam das ramnáceas]
s f [PLANTA]

Árbore caducifolia norteamericana que acada os 15 m de altura. As follas, rematadas en punta, de ata 16 cm de lonxitude, son alternas e ovadas con marxe dentada e base redondeada. As flores teñen cinco pétalos verdosos que se dispoñen en inflorescencias en umbela e dan lugar a froitos negros de 6 mm de diámetro. A cortiza seca contén emodina e úsase como laxante.

Palabras veciñas

cascamelo | Cascante | cascar | cáscara sagrada* | cascarelos | cascarexada | cascarexar