"CISC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 605.
-
PERSOEIRO
Político, neto de Salvador de Madariaga. Catedrático de Física na Universidad Complutense de Madrid, foi militante do PSOE desde 1964, e deputado entre 1977 e 1996. Foi ministro de Cultura (1982-1988), de Educación e Ciencia (1988-1992), de Asuntos Exteriores (1992-1995) e voceiro do Goberno (1985-1988) en España. Secretario xeral da OTAN (1995-1999), desde 1999 foi nomeado secretario xeral da Unión Europea Occidental (UEO), do Consello de Ministros da Unión Europea e alto representante da Unión Europea no ámbito da Política Exterior e de Seguridade Común (PESC), cargo para o que foi reelixido en 2004.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrado. Foi avogado, procurador xeral e rexedor da Coruña. Foi deputado pola Coruña na Xunta do Reino celebrada en 1800, un dos fundadores da Academia de Agricultura e un dos membros da Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia (1808). Analizou o atraso económico de Galicia. Escribiu Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia (1775).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, xornalista e escritor. Emigrou a Uruguay e Arxentina, onde ocupou diversos cargos e colaborou en diversas publicacións. Regresou a Ferrol en 1860. En 1867 mercou a imprenta coruñesa de C. Míguez e trasladouna a Ferrol onde imprimiu diversos xornais, e fundou e dirixiu La Democracia. Presidente do comité do Partido Republicano Democrático, foi alcalde da cidade (1868). Participou na sublevación cantonal de 1872 e en 1873 foi elixido deputado por Ferrol. Coa Restauración estivo desterrado en Portugal e, expulsado, exiliouse en París ata 1877. Foi un dos fundadores do Ateneo Artístico (1879) e pertenceu á xunta que dirixiu a Escola de Artes e Oficios ferrolá. Das súas obras destacan Los Guaraníes (1861), Los Demócratas ou El Ángel de la libertad.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote, xornalista e escritor. Colaborou en xornais como La Cruz, El Libredón, La Gaceta de Galicia, El Ciclón, El Pensamento Galaico, de Santiago; La Voz de Galicia, da Coruña; e El Siglo Futuro, El Noticiero e El Imparcial, de Madrid. Fundou os semanarios La Verdad, en Santiago de Compostela, e Varapalo de Picaños, en Carril, e dirixiu a revista Acción Católica (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo, filósofo e teórico xurídico-político. Coñecido como doctor eximius, foi xesuíta (1564) e interpretou libremente a san Tomé de Aquino. Estableceu o suarismo. A súa obra central é Disputationes metaphysicae (1597), onde a metafísica queda ao servizo da teoloxía. Destacan tamén Tractatus de legibus ac Deo legislatore (1612) e Defensio fidei catholicae et apostolicae adversus Anglicanae sectae errores (1613).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fisiólogo e anatomista holandés. De nome Franz de la Boë, introduciu a instrución clínica no ensino da medicina, describiu a tuberculose pulmonar e sinalou a importancia da saliva e dos zumes gástricos e pancreáticos na dixestión dos alimentos. Coñécese principalmente polas súas descricións das estruturas anatómicas do cerebro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Dramaturgo e guionista. Pioneiro do teatro galego, é autor da primeira peza teatral representada en galego polo grupo Troula O Velorio (1978). Seguíronlle Lenta raigame (1982), Caderno de bitácora (1985) e Casta i Albito (2003). Colaborador de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e A Nosa Terra, participou en diversos programas da TVG e de RNE, como “Catro Ventos” (RNE 1) e “O láparo cabileiro” (Radio 4). Foi guionista do conto A tola (1974), de M. Gato; e dos filmes O cadaleito (1976) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Como actor participou nas producións Fendetestas (1975) e La novia de medianoche (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Adestrador de balonmán. Coñecido como Fran Teixeira, iniciou a súa andaina no S.A. Ceuti (1981-1982), no Santa Cristina (1982-1983), no B. M. Lalín (1983-1985) e no Círculo Mercantil de Vigo (1985-1989). Posteriormente adestrou os equipos S. D. Teucro (1989-1996), B. M. Chapela (1996-1999) e Pilotes Posada Octavio (1999-2002). Desde 2003 adestrou o Sporting Clube de Portugal. Recibiu o Premio de Mellor Adestrador Galego (1996, 1999 e 2000) e a Medalla de Oro al Mérito da Real Federación Española de Balonmano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e eclesiástico. Pertenceu á Inquisición de Toledo ata 1543 e foi destinado ao Consello de Indias, que presidiu (1564). Visitador do vicerrei (1544-1547) en Nueva España, promulgou as Leis Novas contra os encomendeiros. En España ocupou as chancelarías de Granada (1557) e Valladolid (1559), e os bispados de Osma (1567) e Plasencia (1578).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e historiador. Colaborou con numerosas publicacións periódicas e escribiu poemas históricos, como a colección de poesías Enredadas (1902), o poema descritivo O castro de Cañás (1903), a lenda histórica Diego de Samboulo (1903), en prosa e verso; e o romance curto Boicentril. O druísmo e o celtismo gallegos. A epopeya irlandesa (1912); ademais de traballos históricos, como Apuntes para la historia comercial de La Coruña (1900), La revolución gallega de 1846 (1908), Batallón Literario de Santiago. Diario de campaña (1808 al 1812) (1908), Los mártires de Carral (1912) e La torre del homenaje del castillo de Villalba (1912). Foi membro numerario da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Doutor en Dereito, foi profesor nas universidades de València, Madrid e La Laguna. Foi maxistrado, desde 1979, e presidente (1986-1992) do Tribunal Constitucional. Morreu asasinado por ETA. É autor de El derecho penal de la monarquía absoluta (1969) e La tortura en España. Estudios históricos (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. As súas poesías foron publicadas en tres libros por Quevedo (1631). Foi un dos primeiros cultivadores do soneto. Destacan as cancións e as oito églogas de La bucólica del Tajo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 1947) Ceramista e escultor. Trasladouse a Londres onde fundou o Grupo de Trabajo Gallego con T. Barro e estudou cerámica no Goldsmiths College University of London (1974-1977). Ampliou estudos en Gloucester e en EE UU, e ao regresar en 1979 traballou en Sargadelos ata 1980. En 1989 participou na creación do European Ceramics Work Centre en Holanda do que foi director (1992-1999). En 1999 trasladouse a Chicago como profesor de escultura na The School of the Art Institute of Chicago. Realizou esculturas cerámicas monumentais, de carácter conceptual que se converteron en ensamblaxes ao tempo que iniciou a realización de cabezas, soas ou en grupo, temática constante na súa traxectoria, da que destaca a serie Exquisitos nómades, iniciada en 1983. Mostrando xuntos diversos obxectos, entre os que se atopan as cabezas, realizou en 1988 a serie Descriptions without a place. Posteriormente traballou a porcelana a grande escala e fixo paisaxes, figuras...
-
PERSOEIRO
Empresario. Instalado desde 1955 en Vigo, fundou diversas empresas dedicadas á fabricación de pezas metálicas e cableados eléctricos para o automóbil, de pezas plásticas técnicas e en 1973 Produtos Koala SA, dedicada á comercialización de produtos de consumo doméstico. En 1997 creou unha fundación benéfico-docente que leva o seu nome. Recibiu en 1997 a Medalla de Bronce de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto mexicano. Iniciouse no campo da pintura, que abandonou cedo para dedicarse á arquitectura. É o autor da igrexa do Carmen e da ponte de Celaya, do teatro de San Luis Potosí, e das igrexas de Santa Clara e Santa Rosa de Viterbo de Querétaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto técnico e político. Pertence ao Colectivo Socialista, integrado no BNG. Foi membro do Consello Nacional do BNG e deputado no Parlamento Galego (1990-2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Foi un dos cultivadores da poesía barroca e nalgunha das súas obras aparece a vertente erótica e satírica. Da súa produción destacan Neopolisea, Poema heroico el gran capitán (1651) e Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma galénica que está formada por pequenos conos irregulares obtidos por desecación dunha pasta acuosa que contén o medicamento.
-
PERSOEIRO
Político e historiador. Participou na campaña de África (1859-1869) e residiu moito tempo en Sevilla, onde foi un dos precursores do federalismo. Viviu en Madrid e, retirado da política, dedicouse á investigación artística e literaria. Publicou, entre outras obras, Murillo, su época, su vida, sus cuadros (1864), Pablo de Céspedes (1868), El arte y los artistas contemporáneos en la Península (1871), Cervantes y el Quijote (1872) e Estudios sobre el arte en España (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento franciscano situado en Tui. Atópase fóra do recinto amurallado e ten a súa orixe en 1642, cando se instalaron na vila tudense os franciscanos de Salvaterra de Miño. A igrexa non se construíu ata 1722 e consagrouse a santo Antonio. O edificio conventual converteuse en Seminario Menor en 1850. A igrexa está baixo a advocación do Sagrario e está formada por tres naves. A portada presenta características barrocas ao estar enmarcada entre pilastras e rematar cun frontón partido e curvo coa imaxe de santo Antonio nunha fornela con volutas. Nun lateral do corpo superior da fachada atópase a torre campanario de dobre corpo.