Toubes Vilariño, Francisco Xavier

Toubes Vilariño, Francisco Xavier

(A Coruña 1947) Ceramista e escultor. Trasladouse a Londres onde fundou o Grupo de Trabajo Gallego con T. Barro e estudou cerámica no Goldsmiths College University of London (1974-1977). Ampliou estudos en Gloucester e en EE UU, e ao regresar en 1979 traballou en Sargadelos ata 1980. En 1989 participou na creación do European Ceramics Work Centre en Holanda do que foi director (1992-1999). En 1999 trasladouse a Chicago como profesor de escultura na The School of the Art Institute of Chicago. Realizou esculturas cerámicas monumentais, de carácter conceptual que se converteron en ensamblaxes ao tempo que iniciou a realización de cabezas, soas ou en grupo, temática constante na súa traxectoria, da que destaca a serie Exquisitos nómades, iniciada en 1983. Mostrando xuntos diversos obxectos, entre os que se atopan as cabezas, realizou en 1988 a serie Descriptions without a place. Posteriormente traballou a porcelana a grande escala e fixo paisaxes, figuras e bodegóns. Das súas obras destacan Augas longas (1993), Namorados da lúa (1996), Louzas (1999), Pia mater-chea (1999), Encarnada (2001), Pensa 7 (2002) e Thinking matters (2003)

Palabras veciñas

touba | Touba | Toubes | Toubes Vilariño, Francisco Xavier | Toubille | Toubkal, djebel | touca