"Imo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 631.
-
PERSOEIRO
Poeta grego. Mestre do epitafio, creou o xénero do epinicio na lírica coral e, segundo a tradición, foi o primeiro poeta que esixiu un soldo pola súa tarefa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que manteñen entre si unha relación de sinonimia. Hai autores que distinguen sinónimos totais ou absolutos, que teñen o mesmo significado en todos os contextos lingüísticos; e sinónimos parciais, mesmo significado en moitos contextos lingüísticos pero non en todos. Outros autores, como Leonard Bloomfield, consideran que a sinonimia total non existe, pois cada forma lingüística ten un significado constante e específico. Se as formas son fonoloxicamente diferentes, suponse que os seus significados son tamén diferentes, polo que se pensa que non existen verdadeiros sinónimos.
-
Aplícase ao nome científico dun taxon que, de acordo coas normas de nomenclatura botánica, non é correcto.
-
-
PERSOEIRO
Historiador e economista suízo. Defensor da intervención estatal nos asuntos económicos, foi precursor da política social en prol dos traballadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guionista, actor e realizador cinematográfico polaco. En 1966 foi premiado en Bergamo por Bariera (A barreira) e ao ano seguinte en Berlín por Le départ. Destacan tamén os filmes Le avventure di Gérard (1968), Torrents of Springs (1988) e Ferdydurke (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación formada en 1905 no seo da Federación Local Obrera da Coruña, coa finalidade de organizar ao personal sanitario e de servizo embarcado nos transatlánticos estranxeiros que ían a América. Integrado na CNT desde 1911, funcionou ata a Guerra Civil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación mariñeira constituída en 1914, coa finalidade de agrupar os tripulantes dos vapores de pesca e dos buques mercantes do porto da Coruña. Estivo integrada na Federación Local Obrera. A raíz do Congreso da CNT de 1919, converteuse en sección do Sindicato Único del Transporte Marítimo que agrupaba ademais ás profesións vinculadas ás tarefas portuarias. Coa disolución dos sindicatos únicos pola Ditadura de Primo de Rivera, transformouse nunha sociedade de oficio, integrada exclusivamente por mariñeiros, fogoneiros e patróns dos barcos de pesca. Foi suspendida en 1927. Durante a Segunda República estruturouse como sindicato de industria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibe o río Amazonas en Brasil desde a fronteira peruana ata a confluencia co Negro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Keanth, Inglaterra 1165 - Bordeos 1265) Relixioso. Eremita, foi sexto xeneral (1245) e conseguiu de Inocencio IV a aprobación da orde carmelitana dentro dos mendicantes. O seu nome está moi ligado á devoción do escapulario, froito dunhas aparicións que aconteceron en 1245. A súa festividade celébrase o 16 de maio.
-
-
Que é moi breve.
-
Aplícase ao proceso militar en que os trámites e o procedemento se abrevian de tal xeito, que poden durar só unhas poucas horas. Propios, sobre todo, dos tempos de guerra contra delitos flagrantes de traizón, deserción ou desobediencia, comportan a indefensión do acusado e as penas máis graves, como a de morte, se está vixente.
-
-
PERSOEIRO
Novelista e político italiano, marqués de Azeglio. A obra máis destacada é a súa biografía I miei ricordi, iniciada en 1863 e escrita coa intención de educar politicamente ao pobo italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de quen insiste obstinadamente en algo.
-
-
Que teima ou insiste nas súa actitude e nas súas ideas.
-
Que manifesta unha actitude caprichosa e maniática.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glándula de secreción interna dos vertebrados que está situada na rexión branquial nos peixes e na gorxa nos outros vertebrados. No home sitúase na parte inferior do pescozo e na superior do mediastino anterior. É un órgano relacionado coa produción de leucocitos e é esencial para o establecemento e o mantemento da competencia inmunolóxica. Durante o terceiro mes de vida fetal as células indiferenciadas, precursoras das inmunoloxicamente competentes e provenientes do fígado fetal, chegan ao timo, onde son estimuladas a entrar en mitose e madurar ata converterse en células inmunoloxicamente competentes. Posteriormente estas células abandonan o timo e forman o compartimento de linfocitos antixenosensibles circulantes (linfocitos T).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao psicofármaco antidepresivo de acción estimulante sobre o humor.
-
PERSOEIRO
Poeta da comedia antiga grega. Consérvanse vinte e sete títulos e fragmentos datables entre 345 e 317.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime político en que os dereitos e deberes dos cidadáns se establecen en proporción do seu censo ou contribución, como a constitución de Solón, en Grecia, ou a de Servio Tulio, en Roma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á timocracia.
-
-
Composto fenólico que se obtén de diversos vexetais e se emprega en medicina como nematicida e antiséptico, e en perfumaría, como antioxidante e aromatizante.
-
Colorante que deriva do timol e que se emprega como indicador ácido-base en análise química.
-
-
PERSOEIRO
Político e xeneral grego. Liberou Corinto da tiranía do seu irmán Timófanes en 365. Xefe dunha expedición que axudou os demócratas de Siracusa en 345, un ano máis tarde obrigou a abdicar o tirano Dionisio II o Novo. Asediado por Icetas e os cartaxineses, atacou e conquistou Siracusa en 343, venceu os cartaxineses preto do río Crimisos (en 341 ou 339) e derrotou a todos os tiranos de Sicilia. Dedicouse entón a organizar en Sicilia unha democracia moderada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tumor que se orixina a partir das células do timo.