"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten lorda.
-
-
Que está cheo de lorda.
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘sucio’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desviación da columna vertebral, caracterizada por unha convexidade anterior.
-
PERSOEIRO
Activista libertario galego. Dirixiu en Catalunya o xornal Tierra y Libertad, participou no comité de folga durante a Semana Tráxica e formou parte da comisión clandestina da CNT catalá en 1913 e 1914. Participou no Congreso Internacional da Paz celebrado en Ferrol (1915) e celebrou mitins en Betanzos, Pontedeume, Santiago de Compostela e A Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cantil da ribeira dereita do Rin, entre Sankt Goarshausen e Owervesel, situado no land de Renania-Palatinado, Alemaña. Destacou por unha antiga lenda que fala dunha dona belísima que, sentada no cumio, enfeitizaba co seu canto aos navegantes e os seus barcos rompían contra as rochas. A rocha foi nomeada na obra de numerosos poetas e músicos, como Brentano, Heine, Eichendorff, Schumannn e Silcher.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sofia Villani Scicolone.
-
REXIÓNS
Rexión do NL de Francia (23.547 km2; 2.310.376 h [1999]). Comprende os departamentos de Meurthe-et-Mosella, Meuse, Mosella e Vosgos. A súa capital é Nancy. Constitúe unha rexión fronteiriza entre Francia e Alemaña e unha rexión de paso. Presenta un relevo de altiplanos calcarios que alternan con chairas arxilosas, que forman bandas paralelas e lonxitudinais e dan lugar a un relevo de cuestas. A rede hidrográfia está formada polos ríos Mosa e Mosella. O clima, baixo a influencia do anticiclón continental e as depresións atlánticas, é moi rigoroso. A evolución demográfica estivo ligada ao seu desenvolvemento industrial, e a súa poboación concéntrase principalmente na área industrial. Os rendementos da agricultura son baixos e produce cereais, millo, forraxe e colza. Ten gandería bovina e explotación forestal nos Vosgos, pero a actividade industrial é a súa base económica. Ao carón da tradicional industria téxtil, desenvolveuse un gran complexo industrial,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que procede de Lotharingia ‘dominio de Lotario’ e que se corresponde coa advocación da Virxe da rexión francesa de Lorena. A súa festividade celébrase o 10 agosto.
-
-
Relativo ou pertencente a Lorena aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Lorena.
-
ariedade da lingua de oïl que se fala na rexión de Lorena e no S de Luxemburgo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pilar Lorenza García.
-
PERSOEIRO
Naturalista e médico. Foi o primeiro director do Jardí Botánico de València, instalado en 1802. Das súas obras destacan os tratados Nova generum Polygamiae classificatio (1796), Cartas... sobre las observaciones botánicas que ha publicado D. Antonio José Cavanillas (1797-1798) e Disertación sobre el sistema de Linneo (1806).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico neerlandés. Foi un dos primeiros en considerar a natureza eléctrica da materia e, xunto con FitzGerald, explicou o resultado contraditorio do experimento de Michelson sobre a velocidade da luz. A súa idea sobre a contracción da materia producida polo movemento conduciu á teoría da relatividade. Recibiu, o Premio Nobel de Física (1902), xunto con Zeeman, polos seus descubrimentos sobre a influencia do magnetismo no fenómeno da radiación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formulación matemática que, na teoría da relatividade, dá a correspondencia entre as coordenadas x, y, z, t dun sistema de referencia inercial s e as coordenadas x’, y’, z’, t’ doutro sistema S’ que se move cunha velocidade v rectilínea e uniforme respecto ao primeiro e ao longo do eixe x. Se nestas relacións se consideran velocidades v moi inferiores á da luz, obtéñense as fórmulas de transformación de Galileo da mecánica clásica (principio da relatividade de Galileo). Na transformación dun segmento, canto máis grande é a velocidade v do sistema móbil S’ respecto ao s, máis pequeno se ve o segmento no sistema móbil. Este fenómeno denomínase contracción de Lorentz-FitzGerald.
-
PERSOEIRO
Naturalista austríaco. Foi médico do exército alemán e director dos institutos de investigación de Alterbergo, Buldern e Seewiesen. Está considerado un dos fundadores da etoloxía moderna e escribiu Konrad Lorenz redete mit dem Vieh, de Vögeln und den Fichen (Konrad Lorenz falou coas bestas, os paxaros e os peixes, 1949). Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1973), xunto con N. Tinbergen e Karl von Frisch, polos seus descubrimentos sobre o comportamento animal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Coñecida como Pilar Lorengar, debutou como mezzosoprano en 1949. Destacou como intérprete de zarzuela, xénero que abandonou pola ópera. Foi artista permanente da Deutsche Oper de Berlín, onde interpretou papeis principais en óperas de Mozart, Verdi, Pucini, Wagner e Debussy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Clérigo e deputado. Foi denunciado á Inquisición en diversas ocasións entre 1796 e 1820 por defender posicións atrevidas en materia teolóxica e en 1809 por colaborar cos franceses. Tralo retorno do absolutismo sufriu unha nova persecución (1814-1820). Deputado nas cortes liberais (1820-1823), en 1825 sufriu a represión dos absolutistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Lourenzá. De carácter familiar, foi doado no 969 ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Arcebispo (1772) e cardeal (1789) de Toledo, foi tamén arcebispo de México (1766). En Toledo, fomentou os estudios históricos e litúrxicos e traballou para a conservación do rito mozárabe, do que editou o Breviario. Renunciou ao arcebispado da cidade para quedar en Roma, despois de organizar o cónclave para a elección de Pío VII. Publicou o SS. PP. Toletanorum quotquot exstant opera (en tres volumes, 1782-1783).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano. Introduciu a paisaxe como protagonista única da pintura e utilizou a perspectiva cun só punto de fuga. En Siena pintou os frescos San Luigi di Tolosa che pronuncia i voti di francescano (1324-1327) na basílica de San Francesco, Maestà (1340?) na igrexa de Sant Agostino e Allegorie ed Effetti del Buono e del Cattivo Governo in città e in campagna (1337?-1340) na Sala dos Nove do Palacio Público. O seu irmán Pietro Lorenzetti (Siena 1280? - 1348?), tamén pintor, conservou un espírito moito máis goticista. Pintou o Polittico della Pieve di Arezzo (1320) e Depozizione dalla croce (1330?) na capela Orsini, na igrexa inferior da basílica de San Francesco de Asís.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e narrador italiano. Coñecido como Carlo Collodi, escribiu obras de teatro, libros didácticos e contos para nenos. Das súas obras destaca Le aventure di Pinocchio (1880).
VER O DETALLE DO TERMO