"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

  • MACIZO

    Macizo do Sistema Central que acada os 2.129 m de altitude e separa a conca do Duero da do Tajo. Está formado de rochas paleozoicas, que contrastan coas eruptivas do SO e coas mesozoicas do NL. O límite O é o porto de Somosierra, de 1.404 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla librada o 30 de novembro de 1808, ao inicio da Guerra da Independencia. As tropas españolas, comandadas por Benito San Juan, tomaran posicións na depresión de Somosierra para frear a marcha de Napoleón I Bonaparte cara a Madrid, pero foron batidas polas tropas francesas do xeneral Senarmont. A vitoria dos franceses deixoulles paso franco ata Madrid, onde entraron o 2 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro ortodoxo da Serbia, situado a 27 km ao SO de Rankovicevo. Fundado por Estevo I de Serbia (1183), as súas edificacións de mármore constitúen o mellor exemplo do estilo da Raska (mestura de elementos bizantinos e románicos). Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Folgoso do Courel. Afonso II o Casto pasou unha tempada nel, refuxiándose dos seus inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de quen insiste obstinadamente en algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que teima ou insiste nas súa actitude e nas súas ideas.

    2. Que manifesta unha actitude caprichosa e maniática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ourive grego. Atribúeselle o método para a fundición de pezas de bronce e ferro, xunto con Recos, e o libro Labirinto sobre Herenon de Samos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos termosbenáceos.

    2. Crustáceo da orde dos termosbenáceos.

    3. Orde de crustáceos malacrostáceos coa cuncha reducida e o corpo subcilíndrico sen diferenciación do tórax e do abdome, sen ollos e coas anténulas bífidas e as antenas desprovistas de exopodito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que detecta unha variación ou diferenza de temperatura, pero sen efectuar a medida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Circuíto pechado de canalizacións, xeralmente vertical, polo que circula un fluído, sen ser aspirado nin impulsado por bombas, senón polas variacións de densidade que experimenta ao ser quentado nunha parte do circuíto.

    2. Quentador eléctrico de auga que funciona polo principio de termosifón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • termostable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás substancias, como os polímeros, que non se descompoñen nin cambian de propiedades ao variar a temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da termodinámica que estuda os sistemas térmicos en equilibrio baseándose en datos macroscópicos e que require que os procesos estudados non dependan do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao ambiente que está a unha temperatura constante.

    2. Aplícase ao dispositivo que mantén constante a temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regulador que permite manter constante a temperatura do interior dun recinto. Consta dun elemento termométrico que detecta as variacións de temperatura e acciona un órgano de mando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no S da provincia de Lugo e no centro-L da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coa comarca de Sarria (concellos de Paradela e O Incio), ao L coa de Quiroga (Folgoso do Courel e Quiroga), ao S coa de Quiroga (Ribas de Sil), Terra de Caldelas (Castro Caldelas, A Teixeira e Parada de Sil) e Ourense (Nogueira de Ramuín), e ao O coa de Chantada (Taboada, Chantada e Carballedo). Abrangue unha superficie de 940,1 km2en que acolle unha poboación de 34.962 h (2001), distribuída entre os concellos de Bóveda (91,1 km2; 1.949 h [2001]), Monforte de Lemos (199,5 km2; 19.091 h [2001]), Pantón (142,9 km2; 3.341 h [2001]), A Pobra do Brollón (176,7 km2; 2.557 h [2001]), O Saviñao (196,6 km2; 5.010 h [2001]) e Sober (133,3 km2; 3.014 h [2001]). A capitalidade da comarca está na cidade de Monforte de Lemos, onde se asenta un equipamento comercial e de servizos cunha capacidade de atracción que supera os límites...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade conxénita do metabolismo de lípidos, glícidos e proteínas que se caracteriza por unha acumulación ou un almacenamento excesivo de substancias metabólicas, case sempre debidas a un bloqueo da vía de degradación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Mariscal e comisario de defensa en 1940, foi derrotado polos alemáns en Minsk e en Biatystock (1941) e dirixiu sen éxito unha ofensiva en Kharkov en 1942. Desde 1945 ata 1947 foi conselleiro militar dos comunistas chineses.

    VER O DETALLE DO TERMO