Somosierra, Batalla de
Somosierra, Batalla de
Batalla librada o 30 de novembro de 1808, ao inicio da Guerra da Independencia. As tropas españolas, comandadas por Benito San Juan, tomaran posicións na depresión de Somosierra para frear a marcha de Napoleón I Bonaparte cara a Madrid, pero foron batidas polas tropas francesas do xeneral Senarmont. A vitoria dos franceses deixoulles paso franco ata Madrid, onde entraron o 2 de decembro.