somorgullo
(
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Nome común que reciben os individuos da familia dos podicipédidos, que non presentan diferenzas morfolóxicas externas entre machos e femias, teñen o rabo curto e son acuáticas mergulladoras.
-
somorgullo cinsento
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de aproximadamente 43 cm de lonxitude, con diferenzas entre a plumaxe estival e invernal. Esta última caracterízase porque é de cor cinsenta no dorso e nas costas, e branca sucia no ventre, mentres que no estío a plumaxe é máis colorida, xa que o pescozo é arrubiado pola parte ventral e as fazulas son máis brancas. Viven en zonas de lagoas e pantanos, e aliméntanse de peixes e pequenos invertebrados. Distribúese principalmente por Europa do centro e L, polo que é moi raro atopala en Galicia.
-
somorgullo cristado/lavanco
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de entre 47 e 56 cm de lonxitude, que se caracteriza por presentar unha crista no curuto. Durante a plumaxe estival ten o dorso acastañado e o ventre branco; das fazulas sáelle un conxunto de plumas máis longas que chegan ata a gorxa, que forman unha especie de colar de cor parda vermella coas puntas negras. Durante a plumaxe invernal carecen deste especie de colar, e son de cor cinsenta no dorso e abrancazada no ventre. Vive en zonas de pantanos e lagoas con vexetación, que lle proporciona protección, alimentándose de peixes, cágados, pequenos crustáceos e insectos. Distribúese por toda Europa, e en Galicia está presente como invernante. Pódense observar en zonas costeiras ou no SL da rexión.
-
somorgullo orelleiro
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de aproximadamente 30 cm de lonxitude coa plumaxe estival, negra no dorso, cabeza e pescozo, costas pardas acastañadas, ventre abrancazado e cun penacho de plumas douradas en forma de abano que lle sae da base do ollo cara a atrás. Durante o inverno o dorso é negro e o ventre branco. Vive en rías, lagoas e zonas litorais, e aliméntase de peixes, crustáceos, moluscos e insectos. Pode atoparse en case todos os continentes, e en Galicia aparece como invernante nas zonas costeiras, entre os meses de decembro e marzo.
-
somorgullo pequeno
[ANIMAL/ORNIT]
Ave e 26 cm de lonxitude coa plumaxe estival de cor parda escura no dorso, coas fazulas e gorxa avermelladas, e a invernal de cor parda polo dorso e máis clara polo ventre. Vive en zonas próximas a desembocaduras de ríos, e en lagoas, entre a zona de vexetación. Aliméntase de crustáceos, moluscos, insectos, pequenos peixes e algunha materia vexetal. Atópase nas zonas temperadas de Eurasia e África; en Galicia é sedentaria e distribúese de forma irregular por todo o territorio.
Sinónimos: cabaciño, fonducho. -
somorgullo real
[ANIMAL/ORNIT]
Ave de aproximadamente 32 cm de lonxitude coa plumaxe estival parda escura en costas e dorso, o ventre branco e cabeza negra cunha franxa dourada que vai desde a base do pico ata a caluga, onde remata formando un penacho. Durante o inverno, a plumaxe é parda escura pola zona dorsal do corpo e abrancazada pola ventral. Vive en augas calmas, preto da costa, como desembocaduras de ríos, rías ou encoros e aliméntase de peixes pequenos, crustáceos, moluscos e insectos. Distribúese polo N de Europa, e na Península Ibérica e en Galicia é invernante, pero aínda que raro, pode verse entre outubro e novembro en zonas costeiras.