"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica, total ou parcial, do bazo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extirpación cirúrxica do estribo que se realiza en casos de otosclerose en fases avanzadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei orgánica que lle outorgou o réxime de autonomía á comunidade catalana. No s XX redactáronse en Catalunya tres proxectos de estatuto de autonomía, dos que entraron en vigor dous, o de 1932 e o de 1979, que representaban a consecución dos ideais nacionalistas desenvolvidos desde principios de século. A primeira redacción correspondeu ao proxecto de Estatuto de Autonomía de 1919, aprobado polos deputados da Mancomunidade de Catalunya e os parlamentarios cataláns reunidos en asemblea constituínte o 25 de xaneiro de 1918. O estatuto prevía un goberno autónomo integrado por un Parlamento, un poder executivo e un gobernador xeral. Malia que non chegou ao Congreso a causa da oposición do goberno español, constituíu un valioso precedente do Estatuto de Nuria (1931), que entrou en vigor como Estatuto de Catalunya de 1932, tras ser aprobado polo Parlamento español o 15 de setembro. O texto propugnaba unha estrutura federal para España, a creación dun goberno común para os Països Catalans e o recoñecemento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei orgánica que lle outorgou a autonomía a Euskadi. Coa chegada da Segunda República elaborouse o primeiro proxecto de estatuto de autonomía, coñecido como Estatuto de Estella, localidade onde foi aprobado o 14 de xuño de 1931, por unha representación dos concellos de Araba, Guipuzkoa, Nafarroa e Bizkaia, e aprobado en referendo en 1933. O estatuto que definitivamente se aprobou en outubro de 1936 era moito máis breve e tiña un nivel de competencias autonómicas bastante inferior. O texto aprobado creaba a rexión autónoma de Euskadi con xurisdición sobre as provincias de Araba, Guipuzkoa e Bizkaia, sen mencionar sequera a posible incorporación de Nafarroa. As atribucións e a distribución das competencias entre os órganos autonómicos e o poder central eran semellantes ás do estatuto catalán. José Antonio Aguirre, líder do Partido Nacionalista Vasco, foi proclamado presidente do goberno vasco o 7 de outubro. A ofensiva do xeneral Mola acabou coa autonomía en Euskadi ao tomar Bilbao en xuño...
-
ENTRADA LARGA
Lei orgánica que lle otorgou a autonomía á comunidade galega. A aparición do nacionalismo en Galicia a principios do s XX trouxo consigo os xermes organizativos e os primeiros textos que reclamaban a descentralización do Estado español e as conseguintes transferencias de poder.
VER O DETALLE DO TERMO
Estatuto de 1936
Coa proclamación da Segunda República iniciouse o proceso para levar á práctica os desexos autonomistas. Anteriormente á aprobación do texto constitucional, déronse dúas tentativas iniciais. A primeira, na Asemblea pro-Estatuto do 4 de xuño de 1931, convocada pola ORGA-FRG (Organización Republicana Gallega Autónoma-Federación Republicana Galega) na Coruña, e á que acudiron representantes de diversas agrupacións galegas; entre elas, as de emigrantes en América, da Universidade de Santiago de Compostela, do Seminario de Estudios Galegos, do maxisterio, de colexios de avogados e dalgunhas agrupacións socialistas, se ben a gran maioría estaba constituída polos republicanos dos... -
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de tallar as pedras, a madeira, o ferro e outros materiais que se empregan na construción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distribución das frases nunha estrofa, segundo a cal cada unha delas ocupa exactamente un verso. No diálogo dramático, dáse cando cada un dos versos é recitado por un actor distinto.
-
-
Relativo ou pertencente aos estomiátidos.
-
Peixe da familia dos estomiátidos.
-
Familia de peixes abisais, de ata 25 cm de lonxitude, co corpo de cor escura e reflexos azul prateados, serpentiforme, comprimido lateralmente e recuberto de escamas delgadas poligonais, cada unha delas con fotóforos. Presentan barbelas con órganos luminosos no extremo. Teñen dentes de gran tamaño e algunhas especies poden abrir a boca de xeito especial ao levantar a cabeza respecto á columna vertebral, grazas a unhas vértebras especiais presentes no pescozo. Esta adaptación sérvelles para aproveitar un maior rango no tamaño das eventuais presas coas que teñen contacto na gran profundidade en que adoitan vivir. Realizan migracións verticais ao longo do día e algunhas especies ascenden preto da superficie durante a noite. Estes movementos varían dependendo da estación do ano ou da idade dos animais. Algunhas especies presentan estruturas complexas de emisión de luz formadas como unha lanterna -con pantalla negra, lente e un reflector prateado-. No Océano Atlántico, ata os 63° N, está presente...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento cirúrxico do estrabismo que consiste no desprazamento dun dos músculos do ollo, despois da sección previa do tendón.
-
PERSOEIRO
Médico militar. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela (1874) e doutorouse en Madrid (1875). En 1877 ingresou na Sanidad Militar e foi destinado a Cuba. En La Habana doutorouse en farmacia (1880) e en ciencias naturais (1883). Ocupou a cátedra de Historia Natural e Zootecnia na Escuela de Agricultura de la Isla de Cuba (1883) e a de Física e Química na Escuela de Artes y Oficios (1885). En 1895 volveu definitivamente á Península e acabou os estudios de dereito en Madrid. Continuou exercendo como médico militar nos hospitais da Coruña, Segovia e Alacant. Trala súa xubilación dedicouse a realizar obras benéficas a través de institucións como o Patronato de Caridad. Colaborador da prensa galega e de revistas científicas, publicou Enfermedades y mortalidad en el Ejército (1883). Foi membro da Real Academia Gallega e da Sociedad Española de Historia Natural.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos estreptomicetos.
-
Fungo da orde dos estreptomicetos.
-
Orde de fungos coloniais de micelio constituído por hifas de ramificación de tipo monopodial, de 1µ de espesor, non segmentadas e ocas. As hifas aéreas teñen a capacidade de orixinar conidios. Os estreptomicetos teñen unha grande importancia ecolóxica nos solos e son os responsables do típico cheiro da terra húmida. Para o home teñen importancia industrial como fonte de metabolitos secundarios, entre os que destacan máis de 500 substancias antibióticas distintas, como a aureomicina, obtida de Streptomyces aureofaciens, activa contra as bacterias da tuberculose, da difteria, e contra neumococos e gonococos, ou a cloromicetina, producida por Streptomyces venezuelae, activa contra algúns virus, rickettsias e bacterias Gram-negativas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antibiótico con poder bactericida que se extrae de bacterias da especie Streptomyces griseus e que foi descuberto en 1944 por Selman Abraham Waksman. A estreptomicina presenta unha acción inhibidora da síntese de proteínas ao unirse á subunidade pequena dos ribosomas bacterianos. Cómpre destacar a súa potente acción tuberculostática, polo que se emprega no tratamento da tuberculose, asociada á isoniazida e ao ácido p-aminosalicílico. Tamén se utiliza no tratamento de endocardites, da peste, da brucelose e doutras enfermidades de orixe bacteriana. A acción colateral máis temida da estreptomicina é a lesión do octavo nervio cranial, que pode producir xordeira. É un antibiótico que provoca con gran facilidade a aparición de cepas resistentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mísil nuclear despregado en Europa polas forzas da OTAN e do Pacto de Varsovia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manto ou túnica utilizado durante a Antigüidade por traballadores, escravos, artesáns, soldados e mariños, e que deixaba ao descuberto o ombro dereito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incisión cirúrxica da farinxe que se practica especialmente para extraer dela un corpo estraño ou un tumor, ou para drenar un absceso farínxeo.
-
PERSOEIRO
Xeólogo francés. Profesor en París, nos xardíns reais e no museo de Historia Natural, foi un dos primeiros especialistas en vulcanismo. Ten como obras fundamentais a Histoire Naturelle de la Province de Dauphiné (1781) e o Essai de Géologie (1803).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, da liñaxe miñota dos Guedes. Desde 1253 ata 1277 aparece vinculado á corte de Afonso III de Portugal. Estableceuse en Coimbra, onde exerceu o cargo de meirinho-mor e debeu morrer entre 1274 e 1278. Desenvolveu a súa actividade poética na segunda metade do s XIII e atribúenselle once composicións. As seis cantigas de amor, conservadas exclusivamente no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B), desenvolven e magnifican o recorrente motivo da coita, que o trobador asocia, non só ao da morte por amor, senón tamén ao da separación dos namorados, en tanto que causa sufrimento. Sobre este último motivo, o da distancia que separa os amantes, articula o trobador as súas catro cantigas de amigo, recollidas en B e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (V).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Bispo de Tui (1775-1796). Licenciado en Leis pola Universidad de Salamanca, foi cóengo lector en Plasencia e Salamanca antes de ser nomeado bispo de Tui. Durante o seu bispado foron construídas, entre outras, as igrexas de Amorín, Celeiros, Ponteareas, San Mateo de Oliveira, San Bernabé de Graña e San Salvador de Prados e o muíño de aceite de Pousa de Sobreiras.
VER O DETALLE DO TERMO