"Omo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 696.

  • Relativo ou pertencente á pomoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que se coñece a illa de Mainland.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU, situada ao L de Los Angeles, (140.364 h [estim 1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa dos froitos, na mitoloxía latina, venerada cun flamen ou sacerdote propio (flamen personalis) e nun lugar especial de culto na vía Ostiense. Venerouse sobre todo en Roma e Etruria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oivodato de Polonia (18.293 km2; 2.198.322 h [estim 2000]). A súa capital é Gdańsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á forza que actúa sobre un dieléctrico sometido á acción dun campo eléctrico non uniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor de orixe lombarda. A súa arte, influída por Michelangelo, Il Vignola e B. Ammannati oscilou entre a tradición clásica e a busca de novas solucións arquitectónicas. Pertenceu á Accademia Nazionale di San Luca e sucedeu a Michelangelo como arquitecto do Capitolio onde rematou o palacio dos Conservatori (1578) e construíu o palacio dos Senatore (1573-1598). Cara a 1573 converteuse no principal arquitecto de San Pedro do Vaticano onde realizou as cúpulas menores (1578 e 1585) e a maior (1588-1590). Entre as súas obras destaca a fachada da igrexa do Gesù de Roma (1573-1584), o palacio da Sapienza (1575?), Sant’Andrea della Valle (1591) e a vila Aldobrandini en Frascati (1598-1603).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicación de tipo termo-lateral ou lateral-lateral entre as veas porta e cava efectuada para derivar o sangue da porta ao corazón, evitando o fígado, para diminuír a hipertensión portal nas enfermidades cirróticas e tratar, consecuentemente, a hemorraxia das varices esofáxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Vítor dividida entre os concellos de Larouco e Petín, onde ten a súa cabeceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Petín. baixo a advocación de San víctor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Xares en Portomourisco (Petín). Datada no s XVIII e realizada en cantaría, consta dun arco de medio punto de perfil alombado. A calzada é de lousas e coios. Sitúase no antigo camiño de Freixido a Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Val do Dubra baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Tambre en Portomouro (Val do Dubra). Datada no s XIX, realizouse en cantaría con bóvedas rebaixadas e ten tres vans. Sitúase na C-545 de Santiago de Compostela a Santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinal precursor ou síntoma dun fenómeno clínico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e escritor. É autor de diversas obras novelísticas, como Os amores de Rodante e Dosicles e A batalla dos ratos e o gato, ademais de diálogos imitados de Luciano e das composicións poéticas coñecidas como poesías prodrómicas, sátiras que dan testemuño dos costumes da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de promover.

      1. Conxunto de actividades que se realizan para prestixiar un produto ou aumentar as súas vendas.

      2. promoción de empresas

        Acción de darlle pulo á constitución dunha empresa.

      3. promoción de vendas/dun produto

        Acción comercial de publicidade, despregada pola empresa sobre os consumidores ou intermediarios, para impulsar as vendas en xeral ou dun produto concreto.

    2. Ascenso dunha persoa a un grao académico ou a unha dignidade superior.

    3. Conxunto de persoas que obteñen ao mesmo tempo un título de estudos ou un emprego.

    4. Competición entre varios equipos ou deportistas para conseguir a súa clasificación nunha categoría determinada.

    5. Acción de fomentar as posibilidades materiais e as vantaxes dun grupo social para que poida acceder de forma honrosa a unha vida máis humana e que poida tomar individual ou colectivamente máis responsabilidades sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Coristanco a partir de decembro de 1989. Subtitulada “Revista da Federación de Escolas familiares Agrarias en Galicia”, estivo dirixida por E. Rodríguez Rendo. De carácter informativo, estivo dirixida ás escolas familiares do medio rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Favorecer ou estimular o consumo dun determinado produto. OBS: En galego é incorrecto o seu uso cos significados de promover.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Vigo en que se integra A Nosa Terra Edicións, dirixida por Cesáreo Sánchez. Edita o semanal A Nosa Terra, dirixida por Afonso Eiré, o boletín trimestral Cadernos monográficos de pensamento e cultura, e as publicacións semestrais A Nosa Cultura e A Nosa Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elevación considerable de terra, especialmente a que avanza cara ao mar.

      1. Prominencia ósea da parede interna da caixa do tímpano.

      2. Prominencia que fai na pelve o ángulo sacro-vertebral.

    VER O DETALLE DO TERMO