promoción

promoción

(

  1. s f

    Acción e efecto de promover.

    1. s f

      Conxunto de actividades que se realizan para prestixiar un produto ou aumentar as súas vendas.

    2. promoción de empresas [ECON]

      Acción de darlle pulo á constitución dunha empresa.

    3. promoción de vendas/dun produto [ECON]

      Acción comercial de publicidade, despregada pola empresa sobre os consumidores ou intermediarios, para impulsar as vendas en xeral ou dun produto concreto.

  2. s f

    Ascenso dunha persoa a un grao académico ou a unha dignidade superior.

  3. s f

    Conxunto de persoas que obteñen ao mesmo tempo un título de estudos ou un emprego.

  4. s f [DEP]

    Competición entre varios equipos ou deportistas para conseguir a súa clasificación nunha categoría determinada.

  5. promoción social [SOCIOL]

    Acción de fomentar as posibilidades materiais e as vantaxes dun grupo social para que poida acceder de forma honrosa a unha vida máis humana e que poida tomar individual ou colectivamente máis responsabilidades sociais.