"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Limburg, Bélxica, situada preto do canal de Alberte (68.373 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. A súa produción comprende Canzonette a 4 voces, Cantione sacrae (1590), Madrigali (1596), Simphoniae sacrae (1598), misas de 4 a 8 voces e a obra Venusgarten (1615) de 4 a 6 voces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformista alemán. Coñecido como Johannes Oecolampadius, adheriuse ás proclamas luteranas, pero en 1520 abandonou a Lutero e entrou nun mosteiro, do que saíu en 1522 e volveu de novo cos reformistas. Afianzou a Reforma en Basilea e en Berna. En Marburg (1529) defendeu a doutrina eucarística de Zwingli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo alemán. Estudiou na Escola de Artes Gráficas de Stuttgart (1941). Presidiu a Academia Alemana de Fotografía (DFA) e fundou a Federación de Deseñadores Fotográficos Alemáns Independentes (BFF). Destacan os seus traballos nos que reflite, ademais do seu compromiso político e cultural, outros temas como a soidade, o abandono ou a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como o barón Haussman, foi prefecto do departamento de Seine (1853-1869) e encargou os traballos da reestruturación urbanística de París: un esquema circular próximo ao urbanismo barroco, que satisfixo as necesidades hixiénicas e de orde pública. Intuíu a necesidade dun poder público forte para organizar as cidades modernas e as súas propostas influíron na formulación urbanística do resto de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, escultor e poeta. Fundou con R. Huelsenbeck o movemento dadá de Berlín e editou a revista Du Dada (1919). Creou a fotomontaxe, coa que procuraba unha reacción fragmentaria do espectador. A súa semellanza Cabeza de Madeira (1918) converteuse nun dos principais emblemas do dadaísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático. Realizou traballos de síntese sobre as moedas da Península Ibérica. Das súas obras destaca Descripción general de las monedas hispano-cristianas desde la invasión de los árabes (1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jan Sanders van Hemessen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que expresa a variación do valor do pH nun proceso de neutralización en función da constante de acidez K<J>A</J> e da relación C<J>S</J> /C<J>A</J> entre as concentracións de sal e ácido, segundo a fórmula pH = pK<J>A</J> + log (C<J>S</J> /C<J>A</J>). Esta ecuación é só aplicable para os valores de pH entre 4 e 10.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama que se obtén ao representar as estrelas, mediante puntos, sobre un plano de coordenadas en que o eixe de abscisa indica a temperatura efectiva (ou o tipo espectral ou o índice de cor) da estrela, e o eixe de ordenadas sinala a luminosidade (relativa á do Sol) ou a magnitude absoluta visual da estrela. Segundo as coordenadas, hai o diagrama HR cor-magnitude e o diagrama HR cor-luminosidade; cando as coordenadas son a temperatura efectiva e a magnitude absoluta bolométrica, trátase do diagrama HR teórico. A maioría dos puntos sitúanse nunha banda alongada, a secuencia principal, sobre a que existe unha agrupación correspondente ás estrelas xigantes e unha que inclúe as estrelas superxigantes, e abaixo, a das ananas brancas. Emprégase para estudar as estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico suízo. Fundador da termoquímica, traballou fundamentalmente na química dos gases e enunciou a lei que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei termoquímica segundo a que a cantidade de enerxía liberada nun proceso químico é independente das etapas en que este se produce. Foi enunciada por G. H. Hess en 1840.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político exipcio. Membro do partido nazi desde 1921, participou no putsch de Múnic (1923), foi secretario de Hitler (1925) e presidente do comité central do partido (1932). En 1941 foi detido en Reino Unido, a onde viaxara para asinar un tratado de paz que lle permitise a Alemaña centrarse na fronte rusa. Xulgado en Nuremberg, foi condenado a cadea perpetua e recluído como criminal de guerra na prisión de Spandau ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico checo. Investigou especialmente problemas relacionados coa desintegración radioactiva e descubriu a existencia da radiación cósmica. Das súas obras destaca Cosmic rays and their biological effects. En 1936 recibiu, xuntamente con K. Anderson, o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico suízo. Os seus traballos sobre neurofisioloxía, en particular os referentes ao diencéfalo, levárono a compartir, con Egas Moniz, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista alemán. De familia pietista, enfrontouse á rixidez relixiosa e fuxiu da casa. Viaxou a India (1911) e nacionalizouse suízo (1924). Das súas obras destacan   Unterm Rad (Baixo a roda, 1906), Demian (1919), Siddharta (1922) e Der Steppenwolf (O lobo das praderías, 1927). En 1946 obtivo o Premio Nobel de Literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Especializouse no estudo das curvas de terceira e cuarta orde e introduciu o determinante que se coñece co nome de hessiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Land de Alemaña, ao L do Macizo Xistoso Renano (21.114 km2; 6.086.000 h [estim 2001]). A súa capital é Wiesbaden. Ao pé dos macizos volcánicos de Rhön e Vogelsberg esténdese unha rexión de altiplanos e outeiros moi fracturada, drenada polo Rin e os seus afluentes. O SO é unha área agrícola moi produtiva. No curso inferior do Main localízase unha das principais rexións industriais de Alemaña, centrada en Frankfurt e Wiesbaden, onde se fabrican automóbiles, maquinaria, produtos químicos, material eléctrico e de precisión, instrumentos científicos e técnicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre xermánica que ten as súas orixes en Enrique I de Hessen o Rapaz (?-1308), fillo do duque Enrique II de Brabante. Destacaron Enrique III de Hessen-Marburg (?-1483) quen iniciou a rama primoxénita dos landgraves de Hessen-Kassel; Ernesto I de Hessen-Rheinfels (?-1693) quen formou a rama dos landgraves de Hessen-Rheinfels e Rothenburg, extinguida en 1834; Guillerme IX de Hessen-Kassel (?-1821), quen se converteu en Guillerme I de Hessen ao adquirir a categoría de príncipe elector en 1803; e Alexandre de Hessen , quen iniciou a a familia Battemberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio do Sacro Imperio Romano-Xermánico situado no Alto Rin. En 1816 converteuse no Gran Ducado de Hessen e do Rin, que existiu ata 1918, cando foi proclamada a República.

    VER O DETALLE DO TERMO