"Van" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 703.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gaiteira, neta de Xosé Seivane Rivas. Estudou solfexo, piano e ballet clásico. Durante a década de 1990 colaborou en diversos concertos con Milladoiro, ata que iniciou a súa carreira en solitario. Na súa música combina sons e instrumentos populares con outros máis modernos, con arranxos innovadores. Da súa discografía destacan Susana Seivane (1999), Alma de buxo (2001) e Mares de tempo (2004). Recibiu o Premio Lucense del Año (2000) e foi finalista dos Indie Awards.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artesán de gaitas. Aprendeu a tocar o clarinete e a gaita de pequeno e en 1939 montou o seu primeiro obradoiro de gaitas coa axuda do seu pai, para establecerse en Ribeira de Piquín. As súas gaitas destacan pola coidada afinación do ronco respecto do punteiro, que consegue bos resultados coa dixitación pechada, así como polos coidadosos detalles manuais. En 1994 trasladou o seu obradoiro a Cambre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de coloración, específica para as cetosas, que ten lugar por medio dun reactivo en base de resorcina e ácido clorhídrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino cristián-romano que provén do latín Servandus, de servāre ‘que ha de ser gardado, que se ha de conservar’, que nun principio era un alcume de escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (ss III-IV) Mártir. Leigo de Osuna, sufriu martirio con san Xermán en tempos de Diocleciano e morreu decapitado. Represéntase con traxe segrar ou de soldado romano, como soldado de Xesús Cristo, con cadeas suxeitas aos pés como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 28 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Milán, Lombardia, Italia (75.421 h [2001]). É un centro industrial do sector nororiental da área metropolitana de Milán, da que dista uns 9 km. A principal rama industrial é a de fundición de aceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago montañoso de Armenia, o máis grande do Cáucaso, situado a 1.903 m de altitude, no altiplano armenio (1.360 km). Nel nace o río Razdan, aproveitado para a produción de electricidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Navia de suarna. baixo a advocación de San xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Transilvania (1581-1596 e 1601-1602), fillo e sucesor, por elección, do príncipe Cristóforo I. En 1596, despois de ser recoñecido príncipe herdeiro de Transilvania (1594) polo emperador, cedeulle o principado, pero, arrepentido, volveu sacar adiante o trono axudado polos turcos, e cedeulle a coroa definitivamente ao emperador en 1602.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teluriuro de ouro e prata, de fórmula (Au,Ag)Te4, que cristaliza no sistema monoclínico en cristais pequenos e tabulares. É de cor entre gris e branca e ten brillo metálico, unha dureza de 1,5 a 2 e unha densidade de 8 a 8,3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade romana, semellante a Fauno, protectora dos bosques e dos rabaños, que gozou dun culto doméstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Apóstolo de Berry (Francia). Identificouse co publicano Zaqueo, que asistiu á entrada de Xesús en Xerusalén desde o alto dunha palmeira. Segundo a tradición francesa, san Pedro enviouno a predicar á Galia. Represéntase como un home de aspecto grave, con cabeleira longa e barba espesa, cun can aos pés e cunha coroa de piñeiro na testa (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 5 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do nome latino do deus mitolóxico Silvanus ‘do bosque, selvático’. Era unha divindade romana de orixe escura, ao parecer protectora das selvas, bosques e terreos sen cultivar, e a quen se consagraban os límites de separación entre os campos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático holandés. Coñecido como Snellius, introduciu o método de triangulación para medir a Terra (1615) e descubriu a lei da refracción da luz (1620). Entre as súas obras cabe destacar Eratosthenes Batavus (1617) e Cyclometria (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Coñecido como Adrianus Spigellus, estudou en Lovaina e Padua, e especializouse en anatomía e cirurxía. Das súas obras destaca De formatu foetu liber singularis oeneis figuris ornalus. Epistolae duo anatomicae. Tractatus de arthritide, obra póstuma editada en 1626.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do fylke de Rogaland, Noruega, situado no Boknfjord, ao SO do país (108.848 h [2001]). É un importante porto e núcleo da industria conserveira do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Il Sassetta, foi autor do políptico (1437), hoxe desmembrado, e do altar maior da catedral de Borgo San Sepolcro, co que mostrou un coñecemento das innovacións en perspectiva introducidas pola escola florentina. É autor tamén dun tríptico da Virxe co neno, san Martiño e o pobo (1433) e Visión de San Tomé que mostran a influencia de Duccio e S. Martini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e deseñadora rusa. Traballou na escola de arte de Kazan’, onde coñeceu a A. Rodčenko, con quen casou. En 1921 participou na exposición 5×2:25, que declarou morta a pintura de cabalete. Deseñou tecidos, fixo escenografías e traballou en publicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO