"Vic" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 942.
-
PERSOEIRO
Escritora, irmá de Silvina Ocampo Aguirre. Fundadora da revista Sur (1931), destacou por introducir as novas correntes literarias europeas e polos seus coidados ensaios. Das súas obras destacan De Francesca a Beatrice (1924), Virginia Woolf en su diario (1954) e Testimonios (1935-1957, en dez volumes). Obtivo o Premio Vaccaro (1965) polo seu labor en favor da cultura arxentina, e foi nomeada doutora honoris causa pola Harvard University (1967) e membro da Academia Argentina de Letras (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor, músico e crítico. De inspiración romántica, nos seus inicios dedicouse á novela e ao ensaio filosófico (Russkije xno·ci, Noites rusas, 1844), á poesía (o almanaque Mnemosina 1824-1825) e á literatura de ficción (Kosmodrama, 1840). A novela 4338 god (Ano 4338, 1926) é unha das primeiras obras utópicas rusas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ensaísta e revolucionario. Participou, xunto con A. Herzen, na loita pola liberación do pobo. Detido varias veces, en 1856 instalouse definitivamente en Londres. Buscador de novas formas poéticas para expresar os problemas sociais, utilizou uns temas e un estilo populares de inspiración romántica. Escribiu Monologi (Monólogos, 1844-1947), o poema Jumor (Humor, primeira e segunda parte 1840-1841, terceira parte 1867-1868) e Poesías (1856).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista ucraíno, pai de Igor Davidovič Oistrakh. Considerado un dos violinistas máis virtuosos de todos os tempos, desenvolveu unha técnica en que predominaba a temperanza formal e a riqueza tonal. Debutou como solista en 1925 e traballou con orquestras en Rusia, Europa e EE UU. Destacan a súa interpretación do Triplo Concerto de Beethoven xunto a S. Richter e M. Rostropovič, e as coleccións Decca (1963) e Praga (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Violinista ucraíno, fillo de David F’odorovič Oistrakh. Estudou violín co seu pai e perfeccionou a súa técnica no Conservatorio de Moscova (1949-1955). Desenvolveu un estilo que se caracterizou polas interpretacións modernistas, e realizou diversas actuacións en Europa e América, ocasionalmente xunto ao seu pai. Conseguiu diversos premios en festivais internacionais, como os de Budapest e Poznań.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e músico. Na súa obra alternou o ton melancólico cunha crítica satírica da sociedade contemporánea. Aproveitou a súa faceta de cantautor para poñer música ás súas creacións poéticas, das que destacan Lirika (1956) e Ostrova (Illas, 1959). Tamén publicou a novela autobiográfica Bud zdorov, skoljar (Boa sorte, alumno, 1963), a novela histórica Bednyj Avrosimov (O pobre Avrosimov, 1969) e Mersi, ili pochoždenija Sipova (Grazas, ou a aventura de Sipou, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral británica especializada en producións de obras de Shakespeare, que contou co traballo de directores como L. Olivier, R. Richardson e J. Burrell. Tamén recibiu este nome o edificio que acolleu as representacións desta compañía, construído en Londres, na Waterloo Bridge Road (1818), co nome de Royal Coburg Theater, que en 1833 cambiou polo de Royal Victoria e, posteriormente, polo diminutivo e familiar de Old Vic Theatre. Foi eventualmente o lugar onde representou as súas obras a compañía do National Theatre (1963).
-
PERSOEIRO
Escritor ucraíno. Crítico co réxime socialista, cultivou con éxito a poesía pero destacou sobre todo coa novela Zavist’ (A envexa, 1924), obra polémica que o autor levou a escena baixo o título de Zagovor custv (A conspiración dos sentimentos, 1929). Despois de deixar de escribir en 1939 polas presións do goberno, desde 1956 traballou en xornalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á olivicultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica á olivicultura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultivo da oliveira.
-
PERSOEIRO
Microbiólogo ucraíno. Discípulo de Sergei N. Vinogradskij, estudou o papel dos microorganismos nos ciclos bioxeoquímicos do carbono e do xofre. Foi o primeiro que obtivo cultivos de bacterias anaerobias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á omoplata e á clavícula.
-
PERSOEIRO
Bioquímico. Estudou a formación das primeiras moléculas orgánicas a partir dos compoñentes inorgánicos dunha atmosfera primixenia, baixo a influencia dos raios ultravioletas do Sol. Das súas obras destacan A orixe da vida (1924) e A orixe química da vida (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo dos seis sistemas ou períodos en que se divide a era primaria ou paleozoica. Sitúase por riba do Cámbrico e por debaixo do Silúrico, e está comprendido entre os 505 e os 438 millóns de anos. Os seus materiais adoitan estar constituídos por xistos e cuarcitas, e nas series orixinais, en Gran Bretaña, hai moitas rochas volcánicas non sedimentarias e conglomerados e greses, entre outros. Os fósiles máis importantes son os graptolites, que serven para establecer a biostratigrafía deste sistema, os braquiópodos e os trilobites. Neste período apareceron os lamelibranquios, os antozoos, e os equinodermos. A flora queda reducida a algas diversas e abundantes. Os movementos da terra son habituais e as sucesións ordovícicas presentan mostras frecuentes de transgresións e regresións mariñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Ordovícico.
-
PERSOEIRO
Militar e estadista. Participou nas Guerras Napoleónicas, en contra da insurrección dos decabristas en 1825, na Guerra Ruso-turca (1828-1829) e na campaña en contra da revolución polaca (1831). Home de confianza de Nicolao I de Rusia, participou nas deliberacións do Tratado de París (1856), final da Guerra de Crimea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Participou no golpe de estado que instaurou a Catarina II de Rusia (1762) e foi recompensado co título condal. O seu irmán Grigorij Grigorjevi č Orlov (1734-1783) foi favorito da tsarina e converteuse nun dos terratenentes máis grandes de Rusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Foi membro da CNT coruñesa e un dos alicerces da reorganización do Sindicato de Industria del Tabaco Nueva Aurora (1930). Membro da corrente máis moderada da Federación Local Obrera, integrou en diversas ocasións a súa directiva, colaborando activamente no semanario Solidaridad Obrera. Na Segunda República Española formou parte do Partido Sindicalista e exerceu como secretario do Centro de Estudios Sociales Germinal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Coñecido como Martov, naturalizouse ruso e foi membro fundador do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR). A partir do Congreso de Londres (1903) apartouse de Lenin e encabezou a fracción dos menxeviques. En 1923 refuxiouse en Alemaña.
VER O DETALLE DO TERMO