"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Pertenceu a un nobre familia e residiu na corte de Raimundo Berenguer IV e de Carlos de Anjou. É autor de serventesios políticos e de coplas satíricas, humorísticas e amorosas dedicadas á súa amada Laura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Comminges no Languedoc (1073-1123). Reconstrutor, sobre as ruínas da cidade romana de Lugdunum Conuenarum, da igrexa de Comminges (polo cal está considerado o segundo fundador desta cidade). Conta unha lenda que uns pillabáns lle cortaron o rabo á súa mula mentres el estaba orando. En represalia por tal acto, o país entrou nunha época de grande esterilidade ata que os culpables pagaron a súa ofensa cunha ofrenda de manteiga. Este santo foi canonizado en 1175 polo Papa Alexandre III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Frecuentou os eidos literarios de Girona. Cultivou a novela satírica, a filosófica e o teatro. Afectado pola crise de valores do Modernismo, enfrontouse ao Novecentismo, adoptando unha actitude antiintelectual. Publicou Josafat (1906), Nàufrags (Náufragos, 1907) coa que obtivo o Premio El Poble Català en 1906, Proses bàrbares (Prosas bárbaras, 1911) e L´impenitent (O impenitente, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta épico francés. É autor do poema en decasílabos Aymeri de Narbonme, e da clasificación dos poemas épicos en tres ciclos: o da geste du roi, o da geste de Doon de Mayence e o da geste de Garind Monglane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Profesor na Escola Politécnica e secretario perpetuo da Academia das Ciencias. Estudiou temas de Xeometría, de Aritmética e Mecánica. A conxectura de Bertrand afirma que entre un número n ? 1 e o seu dobre 2n hai sempre, como mínimo, un número primo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido tamén co pseudonimo Aloysius Bertrand. A súa obra, de carácter romántico, foi reunida en Gaspard de la nuit, fantaisies à la manière de Callot et de Rembrandt (Gaspard da noite, fantasías co estilo de Callot e de Rembrandt, 1842).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato hidratado de berilio, de fórmula Be4Si2O7(OH)2. Cristaliza no sistema rómbico, en pequenos cristais incoloros ou brancos sobre os prismas de berilio ou nas xeodas de pegmatita. Ten dureza 6 e peso específico 2,6.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e historiador da arte. Foi discípulo de Carlos de Haes. As súas paisaxes de Castela son de carácter impresionista. Gran coñecedor da obra de Velázquez, publicou unha monografía en París en 1898. Entre as súas obras destacan: Orillas del Manzanares (1878), Vista de Toledo desde los Cigarrales e Orillas del Avia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e violinista. Entre 1812 e 1828 foi violinista da orquestra da Corte de Estocolmo. Caracterízase polo emprego de harmonías e texturas cálidas, e a súa maior achega foi o repertorio orquestral da década de 1840, sobre todo a Sinfonía singulière (Sinfonía singular, 1845). Compuxo as óperas: Estrela Soria (1841) e A Raíña de Golconda, estreada en 1968. En 1867 foi nomeado profesor de composición da Real Academia Sueca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seleniuro de cobre, de fórmula Cu2Se. Preséntase en masas, dendritas ou auréolas. É negra ou azulada, dúctil, e adoita atoparse como pigmento en calcitas espáticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta húngaro. A pesar da técnica neoclásica das súas odas, inspiradas en Horacio e tituladas Versei (Poemas, 1813), a exuberancia e o apaixoamento patriótico fixeron que sexa considerado un dos máis destacados prerrománticos do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Doubs e do Franco Condado, Francia, na beira dereita do río Doubs (119.194 h [estim 1995]), coñecida tamén como estación balnearia. É a antiga Vesontio, fortaleza dos secuanos. No 456 foi conquistada polos burgundios e no 1032 pasou a ser unha cidade gobernada polos seus arcebispos, liberada do dominio destes converteuse nunha cidade imperial durante o s XIII. No 1595 foi unida á coroa de España e posteriormente incorporouse a Francia pola Paz de Nimega (1678). Luís XIV, ao mesmo tempo que lle suprimiu todas as liberdades, converteuna na sede do Parlamento (1676) e da Universidade (1691). Entre os seus monumentos destacan a catedral de Saint-Jean, románica e gótica, o pazo renacentista de Granvelle (s XVI) e a Casa do Concello (s XVI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora teósofa. Estableceuse na India onde militou no movemento pola independencia; foi nomeada presidenta da Indian National Congress (1917), fundou o Hindu Central College de Benarés e o Indial Home Rule League. Escribiu sobre relixión e filosofía, publicando entre outras obras, The building of cosmos (A construción do cosmos, 1894) e The origin of man (A orixe do home, 1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza, principalmente da cruz, formada por besantes postos de lado ou un por riba doutro, que se rexistra nas representacións heráldicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Moeda de ouro do Imperio Bizantino que tamén tivo curso no mundo islámico e no occidente de Europa. Viuse alterada na súa pureza ao longo da Idade Media, ata que ao redor de 1350 deixou de cuñarse.

      2. besante branco

        Besante de prata.

    1. Nome dado ao dirhem, moeda musulmá de prata, a finais do s XVI.

      1. Peza de forma circular e plana, sempre de metal, que se coloca no escudo de armas sobre un fondo de cor que representa a moeda deste nome.

      2. besante-parafuso

        Besante partido coa metade destra de metal e a sinistra de cor.

      3. besante-roel

        Peza construida por un disco cortado ou partido metade de cor, metade de metal se o metal ocupa a parte destra ou a superior.

      4. parafuso-besante

        Besante partido coa metade destra de cor e a sinistra de metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, na comarca urbana da capital, situado á beira do río Ter (2.970 h [1996]). A súa actividade industrial comezou no s XIX co establecemento das primeiras fábricas téxtiles. Con posterioridade desenvolvéronse as ramas alimentaria e madeireira (serradoiros e mobles). Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa prerrománica de Sant Llorenç, do s VIII, e o antigo mosteiro cisterciense de Cadins.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Navarra. Emparentou con ilustres familias navarras como os Azpilcueta, Arbizú, Villalba ou Mendioroz. O Rei Carlos II o Nobre de Navarra, como garlardón por ter loitado na Batalla das Navas de Tolosa, outorgoulle como armas un escudo partido e cortado: primeira partición, de azul, cun minguante de lúa de ouro, sobre un taboleiro axadrezado de sable e prata, con bordo de goles e dez aspas de ouro; medio cortado de prata, cun lobo de sable, pasante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Botánico. Doutor en Farmacia e licenciado en Ciencias Físico-Químicas. Dende a cátedra do Instituto de Ourense, estudiou o grupo das algas e realizou diversas publicacións, especialmente dedicadas ás algas microscópicas de auga doce. Entre 1905 e 1948 investigou o litoral galego, formando un algario que está depositado no departamento de Botánica da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Publicou: Determinación de los puntos de ebullición y su importancia para el conocimiento de la constitución química de los cuerpos y determinación de pesos moleculares (1908) e Memoria sobre el estudo de las algas (1911), froito da súa estancia en Múnic para coñecer a metodoloxía alemá no estudo dos protistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. De tendencia modernista, traballou na Coruña. Entre as súas principais construcións destacan a igrexa dos xesuítas, o colexio Labaca (1915), o Banco da Coruña (1923) ou o edificio Liñares Rivas (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Farmacia Bescansa.

    VER O DETALLE DO TERMO