Bescansa
Bescansa
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural de Navarra. Emparentou con ilustres familias navarras como os Azpilcueta, Arbizú, Villalba ou Mendioroz. O Rei Carlos II o Nobre de Navarra, como garlardón por ter loitado na Batalla das Navas de Tolosa, outorgoulle como armas un escudo partido e cortado: primeira partición, de azul, cun minguante de lúa de ouro, sobre un taboleiro axadrezado de sable e prata, con bordo de goles e dez aspas de ouro; medio cortado de prata, cun lobo de sable, pasante.