"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Mestre de obras, pai de Clemente A. Fernández Sarela. Documentado dende 1721 e activo en Santiago de Compostela, traballou con Fernando de Casas na capela do Pilar da catedral (1721). Entre outras obras, realizou traballos de taxación das pontes próximas a Santiago; fixo reparacións e recoñecementos en diversos edificios como os cuarteis, a Casa Consistorial e o colexio de Fonseca (1733); e inspeccionou as obras do convento das mercedarias (1738) e a capela da Corticela (1739). Atribúeselle o plano da capela maior dos Anxos (1748).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Coronel Benito, era militante comunista. Foi mariñeiro do acoirazado Xaime I e durante a Guerra Civil acadou o cargo de comisario político da Comandancia da Mariña de Cartagena. Ao remate do conflito marchou á URSS. Retornou a Galicia en 1945 para incorporarse á loita da guerrilla, que dirixiu desde 1948. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e político. Tras ingresar na carreira xudicial, foi trasladado a Madrid en 1870 para instruír a causa polo asasinato do xeneral Prim. Na lexislatura 1873-1874 foi deputado polo distrito de Lalín. Na Restauración foi depurado, acusado de exercer como deputado no período republicano, pero máis tarde, ofrecéuselle a presidencia da Audiencia de Filipinas. De volta en España, foi nomeado presidente da Real Audiencia de Oviedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou, entre outras obras, o pintado e dourado do retablo da capela de Santa Catarina da catedral de Lugo (1608), o altar maior de San Pedro Fiz de Robra (Outeiro de Rei, 1608) e as imaxes de san Lourenzo e san Nicolao para o seminario de Lugo (1611).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como o Vello, tivo o seu obradoiro na cidade compostelá. Realizou o grupo de Nosa Señora das Angustias no retablo maior da igrexa de San Froitoso. Partiu do esquema barroco para realizar unha obra novidosa no seu tempo ao presentar a escena cun idealismo naturalista manifestado na serenidade do rostro de Cristo e no tratamento da súa anatomía. No eido compositivo, a figura da Virxe e de Cristo téndense a inscribir nun triángulo. Atribúenselle as imaxes de san Sidro Labrador, santa Susana, san Xoán Bautista e Santiago peregrino de Conxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor, fillo de Antonio Fernández o Vello co que debeu formarse. Realizou as imaxes da Virxe da Asunción, san Xoán Bautista e san Xosé para o retablo maior de Santa María de Villestro (1801); o altar de Cristo coas súas imaxes en San Fiz de Solovio; o crucifixo da capela da Pastoriza; e o calvario de Santa María de Salomé. Atribúeselle un nazareno e a Virxe das Dores no convento de San Francisco; os catro retablos das cepas do convento da Ensinanza; e o altar maior de Santa María de Belvís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Iniciouse no mundo da ilustración e do deseño na súa etapa universitaria. Traballou nas historias Os viaxeiros do tempo e Un misterio para Simón, de Fausto Isorna. Colaborou con Carlos Portela nas series Forest Hill e Guinsy para Atlántico Diario. Publicou na revista de banda deseñada erótica Penthouse Comix, e posteriormente en El Víbora, con historias que combinan humor e erotismo. Logo de colaborar con Elipse, realizou para a revista Golfiño a serie “O castelo regadeira” e participou no tomo Magical Mystery Tour.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, filla de Xulio Antón Fernánez Argüelles. Coñecida como Coco Argüelles, formouse co seu pai e co pintor Juan Luis e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Na súa obra, de carácter intimista, predomina o debuxo. Cultivou a paisaxe e as escenas de interiores. Aínda que a súa obra é figurativa, en ocasións achégase á abstracción. Os seus traballos foron seleccionados, entre outras mostras, na VI Bienal de Pontevedra (1982), no Premio Concello de Cambre (1985 e 1987), na I Mostra Unión Fenosa (1989), 33 artistas con Amnistía Internacional (1991) e na Exposición Homenaxe Laureano Álvarez (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico musical. Licenciado en Dereito, exerceu a avogacía e estableceuse en Madrid. Foi crítico musical do ABC, Tarea, Informaciones e Arriba, así mesmo, colaborou con La Estafeta Literaria, Blanco y Negro, Mundo Hispánico, La Vanguardia e Diario de las Américas. Escribiu, entre outras obras, Cien años de teatro musical en España (1875-1975) (1975), Panorama de la música en España (1949), La música española en el siglo XX (1973), Pucini. El hombre, la obra, la estela (1974), La ópera (1976), Músicos que fueron nuestros amigos (1967), Ataúlfo Argenta (1971), Granada, historia de un festival (1984) e Historia del Teatro Real como sala de conciertos (1966-1988) (1991). Académico de honor da Institución Fernán-González, membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, da Real Academia Galega e membro correspondente da Real...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, escritora e política. Neta do deputado liberal e fundador de La Voz de Galicia Xoán Fernández Latorre, asinaba os seus artigos como Victoria Armesto. Graduouse na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid (1949). Foi correspondente en EE UU (1950-1955) e Bonn (1956-1966) de La Voz de Galicia; ademais colaborou con Pueblo e a revista Semana. No eido político exerceu como deputada pola Coruña no Congreso na lexislatura constituínte (1977-1979) por AP, na I lexislatura (1979-1982) por Coalición Democrática (CD) e na II lexislatura polo PP (1982-1986) e polo Grupo Mixto (marzo-abril 1986). Escribiu Dos gallegos, Feijoo y Sarmiento (1964), Galicia feudal (1969), Verbas galegas (1973) e Los liberales coruñeses (1996). Entre outros galardóns, en 1970 recibiu o Pedrón de Ouro concedido polo Patronato Rosalía de Castro e o premio Concepción Arenal polo seu traballo “Concepción Arenal e nós”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Duque de Fernández Miranda. Catedrático de Dereito Político, desempeñou diversos cargos na educación, como director xeral de Ensino Universitario e delegado nacional de Cultura y Formación del Movimiento. Ministro secretario xeral do Movemento desde 1969 e vicepresidente do Goberno entre xuño de 1973 e xaneiro de 1974, a partir de decembro de 1975 ocupou a presidencia das Cortes e do Consello do Reino, desde onde propiciou a Lei de Reforma Política e o nomeamento de Adolfo Suárez como presidente do consello de ministros. Abandonou os seus cargos un mes antes das eleccións de xuño de 1977 e foi senador por designación real desde 1979. Entre os seus escritos cómpre salientar La justificación del Estado (1946) e Estado y Constitución (1975). Foi distinguido co Toisón de Oro e condecorado coas cruces do Mérito Civil e de Alfonso X el Sabio, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado en 1919, traballou como delineante con Antonio Palacios. Defendeu os postulados de Le Corbusier. A súa estación de servizo para Petróleos Porto Pi en Madrid (1927) está considerada como a primeira obra racionalista de España. Proxectou, entre outras obras, o aeroporto de Madrid e o faro de Cristóbal Colón en Santo Domingo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante portugués, fillo de Xoán I de Portugal e Filipa de Lencastre. Participou na fallida expedición a Tánxer (1437) na que foi tomado como refén e morreu. O seu corpo trasladouse a Lisboa e foi enterrado no mosteiro de Batalha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1479-1516), de Castela (Fernando V; 1474-1504), de Sicilia (Fernando II; 1468-1516) e de Nápoles (Fernando III; 1504-1516), fillo de Xoán II de Aragón e de Xoana Enríquez. Formado na corrente humanista, recibiu en 1458 os títulos de duque de Montblanch e conde de Ribagorza; trala morte do seu irmán Carlos de Viana (1461), os de príncipe de Girona e herdeiro á Coroa de Aragón; o de lugartenente de Catalunya en 1462; e en 1464 o de Sicilia. En outubro de 1466 tomou posesión do cargo de gobernador xeral de Aragón e Catalunya e desde 1468 foi correxente, xunto co seu pai, de Sicilia. Casado desde 1469 con Isabel de Castela, irmá de Enrique IV, apoiou a súa esposa na guerra civil contra Xoana a Beltranexa que se produciu trala proclamación en 1474 de Isabel como raíña de Castela. Recoñecido coas mesmas atribucións que a súa muller como rei de Castela na Concordia de Segovia (1475), converteuse en rei de Aragón trala morte do seu pai (1479), o que significou a unión dinástica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela (1217-1252) e de Galicia e León (1230-1252), fillo de Afonso IX de León e de Berenguela I de Castela. Trala morte de Enrique I de Castela (1217), recibiu da súa nai os dereitos ao trono. Á morte de Afonso IX, iniciou a conquista dos reinos de Galicia e León, que recaeran nas infantas Sancha e Dulce. Contou co apoio da nobreza e da Igrexa leonesa e co rexeitamento de Galicia. Os enfrontamentos culminaron nas negociacións de Valença do Minho, polas que as infantas cederon os seus dereitos sobre Galicia e León a cambio dunha pensión anual. Coa unificación en 1230 na súa persoa das coroas de Galicia, León e Castela, produciuse a unión real destes tres reinos e a aparición en Galicia e León da figura do adiantado maior como representante do monarca. Desde 1231 desenvolveu unha serie de campañas contra os musulmáns que permitiron a conquista de Úbeda (1233), Córdoba (1236), Jaén (1246) e Sevilla (1248), e converteu en vasalos os reinos de Murcia e Granada. Iniciou a repoboación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando II de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Traduciu a Heine e escribiu narracións e os libros de poesías La soledad (1861) e La pereza (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Da súa obra destacan Arte histórica y legal de conocer la fuerza y uso de los derechos nacional y romano de España (1747) e Tratado legal y político de caminos públicos y posadas (1755).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor teatral e cinematográfico. En 1972 creou a súa propia compañía teatral. Entre as súas interpretacións destacan obras de Anouilh, Valle-Inclán ou Ionesco. Traballou tamén para televisión na serie Verano Azul (1981). Participou en moitas producións cinematográficas, como Volver a empezar (1982), galardoada co Oscar en 1982, e Puta miseria! (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Doutor en Filosofía e Letras (1976) pola Universitat de València, dirixiu o Departament de Filologia Catalana (1983-1992) e o Institut de Filologia Valenciana (entre 1983-1986 e en 1992). Membro da Secció Filològica do Institut d’Estudis Catalans, dirixiu a colección filolóxica Biblioteca Sanchis Guarner e a revista Caplletra. Dedicado basicamente á historia da lingua, á historia da literatura e á edición de textos, publicou, entre outros, os libros Consciència idiomàtica i nacional dels valencians (1980, Premi de la Crítica del País Valencià) e Els certàmens poètics valencians (1983, Premi Milà i Fontanals do IEC).

    VER O DETALLE DO TERMO