"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Revista anual editada pola asociación Fillos de Galicia de Sestao. Tírase do prelo co gallo da celebración do Día Nacional de Galicia, o 25 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual editada polo centro galego de Tarragona. Tírase do prelo con motivo da celebración do 25 de xullo, Día Nacional de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Motivo decorativo que adopta a forma dunha grilanda de flores e froitas que colga de xeito ondulado.

    2. Motivo decorativo que consiste nun perfil ondulado ou con punta.

    3. Bordado no bordo dunha tea coas puntadas moi unidas e formando un nó, de xeito que pode recortarse a tea sen que se desfíe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao adorno feito con festóns ou que ten a forma de festón.

    2. Aplícase á folla que ten o bordo en forma de dentes arredondados.

    3. arco festonado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adornar con festóns.

    2. Bordar festóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da península de Palmeira, no litoral noroccidental da illa de Arousa, na parroquia e concello da Illa de Arousa, situada ao SL da punta Barbafeita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embrión dos vivíparos dende o momento en que se completa a organoxénese ata o momento do parto. O feto está dentro da cavidade uterina e comunícase co útero mediante a placenta, á que está unido polo cordón umbilical. Nos humanos acádase este estado a partir do terceiro mes de xestación, no que xa se pode identificar o sexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á relación entre o tamaño da pelve da femia e o feto que porta, importante para o momento do parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capacidade de soster o sopro na emisión dunha ou diversas notas musicais cantadas ou interpretadas nos instrumentos de vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula fusiforme do tecido conxuntivo que presenta longas prolongacións citoplasmáticas. Sintetiza as glicoproteínas da substancia fundamental e intervén na formación das fibras do tecido conxuntivo. Tamén se denomina fibrocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Material para a construción constituído por unha mestura de cemento pórtland e fibras de amianto, dunha elevada resistencia mecánica, non inflamable e moi resistente á acción dos axentes atmosféricos. Pódese empregar, por exemplo, en forma de tubos, de pranchas onduladas ou de grandes recipientes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fibroblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proliferación excesiva dos elementos fibrosos e elásticos.

    2. Enfermidade conxénita de evolución mortal caracterizada por unha hipertrofia fibroelástica do endocardio, sobre todo do ventrículo, polo que queda reducida a capacidade do ventrículo e provoca unha insuficiencia restritiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado caracterizado pola presenza de moitos fibromas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de adherencias pleurais difusas, con retracción da parede pulmonar, que dificultan os movementos respiratorios dos pulmóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ficomicetos.

    2. Fungo do grupo dos ficomicetos.

    3. Grupo de fungos de talo unicelular ou formado por un micelio filamentoso sen septos. É un grupo primitivo e heteroxéneo, posiblemente orixinado a partir de flaxelados heterotróficos. Habitan no medio acuático ou no solo húmido, como saprófitos ou parasitos, pero nos grupos máis evolucionados teñen tendencia a adaptarse ao medio aéreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Militante do PSOE desde 1991, foi elixido deputado por Ourense no Congreso na sétima lexislatura (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Antropólogo social. Licenciouse en Filosofía e Letras e Teoloxía e diplomouse en Psicoloxía Clínica e Pedagóxica. Profesor titular de antropoloxía social da Universidade de Vigo, dirixiu o Centro Asociado da UNED en Ourense, extensión Valdeorras (1996-2000). Entre outras obras publicou Antropoloxía dunha parroquia rural (1988), O afiador (1992), La gran pulpada gallega (1999) e Os saberes tradicionais dos galegos (2001). Recibiu os premios de investigación Otero Pedrayo (1984) e o XI Xesús Taboada Chivite (1998). Membro da comisión de antropoloxía do Consello da Cultura Galega, foi fundador e director do Laboratorio Ourensano de Antropoloxía Social (LOAS).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficina situada na entrada das vilas na que se pagaban os dereitos de consumo.

    VER O DETALLE DO TERMO