Fidalgo Santamariña, Xosé Antonio

Fidalgo Santamariña, Xosé Antonio

Antropólogo social. Licenciouse en Filosofía e Letras e Teoloxía e diplomouse en Psicoloxía Clínica e Pedagóxica. Profesor titular de antropoloxía social da Universidade de Vigo, dirixiu o Centro Asociado da UNED en Ourense, extensión Valdeorras (1996-2000). Entre outras obras publicou Antropoloxía dunha parroquia rural (1988), O afiador (1992), La gran pulpada gallega (1999) e Os saberes tradicionais dos galegos (2001). Recibiu os premios de investigación Otero Pedrayo (1984) e o XI Xesús Taboada Chivite (1998). Membro da comisión de antropoloxía do Consello da Cultura Galega, foi fundador e director do Laboratorio Ourensano de Antropoloxía Social (LOAS).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Sobrado dos Monxes