"ARE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1669.

    1. Relativo ou pertencente ás cantarelais.

    2. Fungo da orde das cantarelais.

    3. Orde de fungos da subclase das afiloforomicetídeas ao que pertencen os xéneros Cantharellus e Craterellus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fungo do xénero Cantharellus, da orde das cantarelais, de cogomelos en forma de funil, de himenio decorrente e pregado, sen láminas auténticas. En Galicia están presentes as especies C. cibarius e C. friessii, de cogomelo de cor amarela alaranxada ou avermellada, de ata 12 cm de altura e cheiro a pexego, propias das carballeiras e moi apreciadas en gastronomía; C. tubaeformis, de cogomelo comestible de ata 6 cm de altura, co pé oco e marxe moi irregular, de cor acastañada agrisada e de cheiro débil, que aparece baixo os piñeiros; C. lutescens, de cogomelos comestibles de ata 16 cm, de cor laranxa pardenta, cheiro a froitas e propio de piñeirais; e C. cinereus, de cogomelo comestible de ata 15 cm, de cor acastañada escura, que vive baixo os carballos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Rosalía de Castro, considerada como o primeiro gran título da literatura galega contemporánea e o libro fundacional do Rexurdimento en Galicia, ao ser o primeiro escrito integramente en lingua galega. Na súa elaboración influíu a pegada da música popular, a recuperación romántica da tradición, as culturas autóctonas e as manifestacións populares, e a obra de Antonio Trueba Libro de los cantares (1852). O libro publicouse grazas ao empeño do seu home, Manuel Murguía, quen considerou o seu valor como difusor do sentimento galeguista. A primeira edición, impresa nos obradoiros tipográficos de Xoán Compañel en Vigo, data de 1863, e a segunda fíxose en Madrid (1872), con catro composicións novas. Rosalía foi consciente de que escribía dende un país marxinado e esta obra reflite, a pesar do seu manto folclorista e costumista, unha ideoloxía de defensa e exaltación dos valores específicos de Galicia, ao tempo que denuncia as inxustizas que sufría. Estruturalmente, conta cunha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos da orde das cantarelais ao que pertencen os cantarelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, historiador e literato italiano. Participou no movemento da Giovane Italia e na Revolución de 1830, formou parte do goberno provisional de Milán durante a revolución de 1848 e foi deputado do Parlamento italiano do 1852 ao 1861 polo grupo liberal católico de Gioberti e de Balbo. Escribiu Margherita Pusterla (1838) e unha Storia Universale (1838-1846).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e autor dramático checo. Doutorado en Filosofía en 1915, dirixiu o teatro municipal de Praga (1921-1923). O seu teatro adquiriu sona universal, sobre todo R.U.R (Rossum’s Universal Robots) (1920), obra na que introduciu a palabra robot. A súa produción caracterízase pola sátira político-social e pola crítica do fascismo e do uso da ciencia ou da técnica para a explotación do home. Publicou reportaxes e narracións como Povídky z jedné kapsy (Contos dun peto, 1929) e novelas como Válka smolny (A guerra das salamántigas, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Karel Matĕj Čapek.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano. Iniciou un tipo de sátira, na que, partindo da mitoloxía, aludía aos costumes da época. Entre as súas obras destacan: Viaggio di Parnaso (1582), Rime piacevoli (1582) e Vita de Mecenate (1604).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista italiano. Publicou as prosas líricas Prologhi (Prólogos, 1916), Viaggi nel tempo (Viaxes no tempo, 1920), Il cielo sulle città (O ceo baixo a cidade, 1939), Solitario in Arcadia (Solitario en Arcadia, 1947) e os poemarios Poesie (Poesía, 1936) e Poesie nouve (Poesía nova, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e historiador da arte. Foi profesor na Universidade Laboral da Coruña. En 1974 defendeu a tese de licenciatura El arte relixioso en el valle de Veiga e doutorouse en 1990 coa tese El arte en el valle de Barcala. Siglos XVI al XX. Colaborou no xornal El Ideal Gallego e escribiu Luces y sombras del arte en As Mariñas dos Frades (1993), Santuarios marianos de Galicia: historia, arte y tradiciones (1995) e Rutis-Vilaboa: pasado, presente y futuro de una parroquia que cambia (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de carear.

    2. Referido a un corpo de volume que ten as caras traballadas para que formen ángulos rectos entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘ollo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Labrar ou dispoñer algunha cousa de tal maneira que as súas diferentes caras formen entre si ángulos rectos.

    2. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘mirar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘corpo das persoas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter falta dalgunha cousa que se expresa. OBS: Emprégase sempre seguido da preposición de.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. tartaruga de carei.

    2. Material de cor amarela xaspeada de negro verdoso, que se obtén das láminas córneas das tartarugas de carei e que se emprega para a fabricación de peites, botóns, varas de abanos, caixas e outros utensilios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a quen vende caro.

    2. Que ten un prezo elevado ou custa máis do habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. areixa.

    2. Gran dos cereais, especialmente do centeo, que está sen criar.

    3. Buraco no tronco das árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO