"AVI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 908.
-
PERSOEIRO
Escritor. Delegado de El Norte de Castilla en Zamora e de Diario 16 de Galicia en Santiago de Compostela, foi responsable de prensa na Consellería de Política Territorial e Obras Públicas e na Consellería de Educación. É autor de O anano enredador (1992), Outros heroes (1993), Días de desterro (1996), A serea do deserto (1997), As aventuras das cores (1998), Catro pitas (2000) e Castiñeiro e compañía (2003). Recibiu o I Premio Novela Corta Ciudad de Alcorcón (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Coñecido como Francis Lorenzo, comezou a súa actividade como actor no Centro Dramático Galego. En 1985 participou nalgunhas montaxes do Centro Dramático Nacional e a partir de 1990 participou en distintas series de televisión, das que destacaron Médico de familia e Compañeros. En cine traballou con directores como Antonio Drove, Jaime Chávarri e José Luis García Sánchez, e nos filmes Antártida (1995), El Florido pensil (2002) e El año del diluvio (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Participou na represión da revolta republicana en Ferrol (1872) e ascendeu a capitán e a xeneral de Brigada. Loitou contra os carlistas e Afonso XIII concedeulle o título de conde do Grove. Escribiu Tratado de balística de las armas rayadas (1881).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía, forma parte do PSOE dende 1979 e exerceu a medicina ata a súa elección como concelleiro do Concello da Coruña en 1983. Durante a súa carreira na corporación municipal xestionou as áreas de Educación, Cultura, Economía, Planificación e Urbanismo. Tras desempeñar os cargos de tenente de alcalde e portavoz do Goberno municipal, é alcalde da Coruña dende marzo do 2006, despois de que Francisco Vázquez fora nomeado embaixador no Vaticano. Losada renovou nas eleccións xerais de marzo do 2008 a súa acta de senador pola provincia da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Baviera (1825-1848), fillo de Maximiliano I Xosé. Mantivo unha política liberal que se modificou cara a posicións reaccionarias. Apoiou o desenvolvemento da cultura e acadou importantes melloras na economía. Namorouse da bailarina e actriz Lola Montes o que provocou o descontento popular e o obrigou a abdicar no seu fillo Maximiliano II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Baviera (1864-1886), fillo de Maximiliano II e de María de Prusia. Apoiou a Austria durante a Guerra Austro-prusiana (1866), pero aliouse con Prusia na Guerra Franco-prusiana (1870-1871) e aceptou a incorporación de Baviera ao novo Imperio Alemán baixo o cetro dos Hohenzollern (1871). O movemento da Kulturkampf dificultou a relación cos seus súbditos, maioritariamente católicos. Foi mecenas da arte e da música, e apoiou economicamente a Richard Wagner nos comezos da súa carreira. Ordenou a construción de diversos castelos en Herrenchiemsee, Neuschwanstein e Linderhof. Foi incapacitado mentalmente para gobernar en 1886 e o seu tío Leopoldo foi nomeado rexente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Baviera (1913-1918). Sucedeu o seu pai Leopoldo de Baviera na rexencia do estado e, a consecuencia da demencia do monarca foi proclamado rei. Despois da Revolta de Baviera (1918) que culminou na proclamación da república, abandonou o trono.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embarcación de recreo romana.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Os seus filmes exploran un mundo enfermo e subterráneo, agonizante e suxestivo. Destacan os seus traballos Eraserhead (1977), The Elephant Man (1980), Dune (1984), Blue Velvet (1986), Wild at Heart (Palme d’Or, 1990), Twin Peaks: Fire Walks With Me (1992), Lost Highway (1997), The straight story (1999) e Mulholland Drive (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Usurpador do Imperio Romano de Occidente (350-353). Xeneral de orixe xermánica ao servizo do Emperador Constante I, participou na conxura que levou ao seu asasinato e foi proclamado emperador en Autun. Estendeu a súa autoridade ás provincias occidentais, pero foi derrotado por Constancio II, emperador de Oriente, en Mursa (Panonia) e na Galia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés, irmán de Joseph de Maistre. Publicou Voyage autour de ma chambre (1794) e algunhas novelas que xa anunciaban o romanticismo, como La jeune sibérienne (1825).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta escocés. Foi autor de traxedias, pero destacou pola súa balada William and Margaret (1724). Ademais, escribiu o poema The Excursion (1928) e, xunto con Thomson, Alfred (1740).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guionista e realizador cinematográfico estadounidense. Nas súas obras, compostas xeralmente de escenas curtas sobre a vida cotiá, critica o estilo de vida americano. Como guionista escribiu The Postman always Rings Twice (1981), The Untouchables (1987), Glengarry Glen Ross (1992, Premio Pulitzer 1984) e Hannibal (2001), e como realizador destacan The Spanish Prisoner (1997) e Spartan (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e guionista. Compaxina desde hai anos a súa obra literaria con colaboracións en cine e televisión (Terras de Miranda) e a realización de documentais (Ma Clon ou Londres-Santiago). Das súas obras destacan Morrer na herba (1995), Sinfonía inacabada (1996), Manancial (1997, Premio Xerais de Novela) e Ira (1999). Obtivo o Premio Blanco Amor (1999) e o Premio do Instituto de la Cinematografía y las Artes Audiovisuales.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Suceso, persoa ou cousa que provoca grande admiración por ter características extraordinarias.
-
Impresión de admiración provocada por algo que resulta extraordinario ou deleita os sentidos.
-
Planta herbácea gabeadora que presenta follas similares á hedra e flores de cor azul. Emprégase coma planta ornamental.
-
Conxunto de sete construcións consideradas na época helenística os principais exemplos da perfección. Eran a pirámide de Keops, o mausoleo de Halicarnaso, os xardíns colgantes de Semíramis en Babilonia, o Faro de Alexandría, o Coloso de Rodas, o Zeus olímpico de Fidias e o templo de Artemisa en Éfeso.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás marcgraviáceas.
-
Planta da familia das marcgraviáceas.
-
Familia de árbores e arbustos, a miúdo epífitas ou plantas gabeadoras, da antiga orde das parietais, que presenta follas sen estípulas, flores actinomorfas e hermafroditas agrupadas en inflorescencias en umbela ou acio e froito en cápsula. Comprende unhas 100 especies de América tropical.
-
-
GALICIA
Escultor. Mestre na Escola de Artes e Oficios de Vigo, traballou o marfil e o barro, en obras de pequeno formato. Destacan os conxuntos Mordomas e Entroido. Ten obra no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo e noutras coleccións galegas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao margrave ou ao margraviato.
-
-
Título de margrave.
-
Territorio gobernado por un margrave.
-
-
PERSOEIRO
Escritor, fillo de Julián Marías Aguilera. Licenciado en Filosofía e Letras, colabora en diversas publicacións periódicas, especialmente no xornal El País. Da súa obra, chea de elementos cinematográficos, literarios e artísticos, e onde profundiza en diversos aspectos do ser humano, destacan Los dominios del lobo (1971), El hombre sentimental (1986, Premio Herralde), Todas las almas (1989), Corazón tan blanco (1992), Mañana en la batalla piensa en mí (1994, Premio Rómulo Gallegos) e Tu rostro mañana 2. Baile y sueño (2004).
VER O DETALLE DO TERMO