marcgraviáceo -a

marcgraviáceo -a

(< lat científico Marcgravia, xénero de plantas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás marcgraviáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das marcgraviáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de árbores e arbustos, a miúdo epífitas ou plantas gabeadoras, da antiga orde das parietais, que presenta follas sen estípulas, flores actinomorfas e hermafroditas agrupadas en inflorescencias en umbela ou acio e froito en cápsula. Comprende unhas 100 especies de América tropical.