March Ordinas, Juan
March Ordinas, Juan
Financeiro. Participou na constitución da Compañía Transmediterránea (1916) e posteriormente na absorción de La Isleña (1917) e na creación dunha moderna fábrica de abonos químicos. A partir de 1918 iniciou a súa vida política desde o Partido Liberal e promoveu un amplio reagrupamento de forzas políticas contra mauristas. En 1926 constituíu a Banca March SA, e apoiou financeiramente a sublevación militar de xullo de 1936. En 1955 creou a Fundación Juan March, composta por un patronato e un consello, desde a que se promove a investigación científica e as relacións culturais entre o estado español e outros estados.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santa Margalida, Mallorca -
Deceso
Lugar : Madrid