"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

    1. Conxunto de nenos pequenos.

    2. Cousa pequena que carece de importancia ou de valor.

    3. Fraqueza de espírito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cavar.

    2. Covo que se fai nun terreo ao cavar.

    3. Terreo sen cultivar que se ara ata convertelo en labradío.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. Os nomes de lugar Cavada e Cavadas remiten ao sintagma latino terra(s) cavata(s), procedente do verbo cavare ‘cavar’. Tamén se rexistra coa mesma orixe o apelido Cavado, pero neste caso o adxectivo cavatu modificaría un substantivo masculino como agro, eido, monte, etc. Este último apelido documéntase no s XVIII: “Geronimo Cavado” (doc ano 1762 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 191).

    2. Liñaxe de orixe castelá procedente do lugar santanderino de La Cavada, en Riotuerto. Unha rama pasou a Galicia e asentouse en Pontevedra, Vigo, O Condado e A Paradanta. As súas armas levan escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con tres paos, de sinople; segunda partición, en campo de prata, cun carballo de sinople e un lobo ao natural empinado ao tronco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora. Doutora en Filosofía e Letras e profesora de historia antiga na Universidade de Vigo, onde dirixiu o departamento de Historia, Arte e Xeografía. Especializada en numismática antiga, escribiu numerosos artigos en diversas publicacións como Boletín Auriense, Brigantium, Cuadernos de Estudios Gallegos, Gallaecia e Minius, así como en diferentes libros colectivos. Publicou ademais, Galicia romana: circulación monetaria (1973) e La crisis económico-monetaria del s. III, un mito historiográfico? Avance del resultado de los análisis metalográficos sobre dos tesorillos de la Provincia de Lugo (1994). Membro numerario do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Galegos, da Sociedade Española de Estudios Clásicos, da Sociedade Antiguidade, Relixión e Sociedade, da Asociación Numismática Española e da Societat Catalana d´Estudis Numismatics.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adega situada en Perelada, Girona, fundada en 1923 e adscrita ás Denominacións de Orixe Empordá-Costa Brava e Cava, especializada en viños de liña moderna (con castes de uvas francesas) e en cavas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marthe Marguerite Valois de Vilette de Murçay.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comida abundante cociñada nunha cazola gande.

    2. Cantidade que colle nunha cazola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pterodáctilos do Cretáceo, de ata 4 m de envergadura, dotados de mandíbulas estreitas e moi longas, e con dentes grandes e cónicos entrelazados. Os xacementos máis importantes están en Brasil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Guiso no que predomina a cebola.

    2. Gran cantidade de cebolas.

    3. Lugar no que se cultivan cebolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Trampa preparada para atraer o inimigo e derrotalo por sorpresa.

    2. Intriga coa que se trata de enganar a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casco hemisférico que cobre completamente a cabeza e a caluga e que, por diante, algunhas veces chega ata os ollos e deixa o rostro descuberto. Cando chega máis abaixo dos ollos posúe un espazo para ver en forma de fenda horizontal. A miúdo está provisto dunha careta ou máscara móbil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe santanderina que se espallou por toda Galicia. Unha rama pasou a Colombia. As súas armas levan, en campo de prata, unha árbore de sinople, que ten entre as súas ramas unha celada de prata; bordo de goles, con oito aspas de ouro. Outra variante trae, en campo de sinople, unha espada de ouro, en banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído producido polo movemento dos chocallos que levan pendurados ao cinto do seu traxe os cigarróns e os choqueiros.

    2. Chiste groseiro ou broma descortés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das columnas de pedra ou madeira nas que se asenta o hórreo.

    2. Golpe dado coa punta das dedas dos pés.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de cousas desordenadas e revoltas.

    2. Cousa que se realiza sen ningún coidado.

    3. Situación ou asunto confuso que ten difícil solución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Procede do sintagma latino *(terras) cineratas ‘terras queimadas’. Documéntase no s XVIII: “Bernardo Cernadas” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 91).

    2. Liñaxe que tomou o seu nome dun dos moitos topónimos homónimos. As súas armas levan o escudo cortado: primeira partición, en campo de goles, cun brazo armado de prata, movente do franco sinistro, cunha espada denuda na man; segunda partición, en campo de azul, cunha peneira de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e poeta. Coñecido como Cura de Fruíme, a súa obra en galego caracterízase pola reivindicación da identidade galega fronte ao menosprezo común na época. Cultivou a poesía de circunstancias e de corte epigramático en galego e castelán. Adscrito ao neoclasicismo, ten unha certa influencia prerromántica. En vida publicou, entre outras obras, Padrón festivo del Carmen empadronado en la Ilustre Villa de Iria Flavia [...] (1752), Vindicias históricas por el honor de Galicia (1760), Funeral ofrenda en las exequias de Feijóo (1765), Apelación de una sentenza poco piadosa [...] (1766) e El No lo entiendo del Cura de Fruíme [...] (1769). A maior parte da súa produción apareceu postumamente baixo o título Obras en prosa y verso del Cura de Fruíme (1778-1781), no que se inclúen varios entremeses compostos co gallo das festas da súa parroquia, que incorporan a lingua galega para caracterizar algúns personaxes, entre eles Loa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crego e avogado. Bacharel en filosofía dende 1783 e licenciado en Leis e Canons en 1801, foi avogado da Real Audiencia de Galicia e abade na igrexa de Santa María de Dodro.

    VER O DETALLE DO TERMO