Celada
Celada
Liñaxe de orixe santanderina que se espallou por toda Galicia. Unha rama pasou a Colombia. As súas armas levan, en campo de prata, unha árbore de sinople, que ten entre as súas ramas unha celada de prata; bordo de goles, con oito aspas de ouro. Outra variante trae, en campo de sinople, unha espada de ouro, en banda.