"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • Erosión hidráulica producida na capa freática ou nun curso fluvial, onde o material solto e brando é lavado producindo cavidades nos estratos subxacentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Escavar por debaixo unha cousa.

    2. Debilitar moralmente algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa constituída en 1908 dedicada á construción naval. Coñecida como La Naval, as súas orixes están nunha normativa para a reconstrución e modernización da armada española do 7 de xaneiro de 1908 pola que o goberno lle adxudicou o concurso para realizar o Plan de Escuadra Ferrándiz. A sociedade estaba formada maioritariamente por capital español, pero cunha importante presenza británica que representaba o 40% do capital. En xuño de 1909 produciuse o arrendo dos arsenais e estaleiros de Ferrol e Cartagena á empresa construtora. Durante o primeiro terzo do s XX monopolizou a construción naval en España, inspirada en buques da Royal Navy. Despois dun período de expansión e prosperidade, a Primeira Guerra Mundial supuxo un colapso na construción naval, que se recuperou na década de 1920 ata a crise de 1929. Na Segunda República atravesou dificultades económicas. Despois da Guerra Civil, en 1947 creouse, a partir dela, a Empresa Nacional Bazán de Construciones Navales Militares SA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do fylke de Rogaland, Noruega, situado no Boknfjord, ao SO do país (108.848 h [2001]). É un importante porto e núcleo da industria conserveira do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do judeţ de Suceava situada en Moldavia, Romanía (118.331 h [1999]). Foi capital de Moldavia desde o último cuarto do s XIV ata 1566.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (8.553 km2; 714.600 h [estim 1999]). A súa capital é Suceava.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome checo da selva de Bohemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Romanista. Catedrático de Filoloxía Románica e profesor emérito da Universidade de Roma La Sapienza. É autor de numerosas obras sobre poesía medieval provenzal, francesa, galego-portuguesa, catalá e castelá, e estudou a vida e obra de Gil Vicente e Camões, a literatura portuguesa do s XVI e a poesía contemporánea portuguesa, galega e catalá. Das súas obras destacan Repertorio metrico della lirica galego-portoghese (1967), La poesia lirica galego-portoghese (1980), Ensaios portugueses: filologia e linguística (1980), Poesia e ritmo: proposta para uma leitura do texto poético (1983), Methodologie et practique de l’édition critique des textes littéraires contemporains (1985), As Cantigas de escarnio (1995) e Trovadores e Jograis. Introdução à Poesia Medieval Galego-Portuguesa (2002); e edicións críticas como A poesía de Airas Nunez (1992), Arte de trovar do Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa (1999) e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un castelo de ouro sumado dunha bandeira de prata cargada dunha cruz de azul, nacente do flanco sinistro un brazo armado que suxeita coa man a vara da bandeira. Outro trae, en campo de ouro, cinco faixas onduladas, de azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela escrita por Antonio López Ferreiro e publicada por entregas en 1894 no xornal El Pensamiento Gallego. O autor introduciu no seu inicio un “Aviso ao bondadoso lector”, onde reflexiona sobre cuestións lingüísticas e o obxectivo do libro. A historia transcorre en Santiago de Compostela entre 1543 e 1546, e narra un enfrontamento entre os poderes civil e eclesiástico, atmosfera na que ten lugar unha historia de amor entre a filla dunha tecedeira, un criado e un escribán. O autor pretendeu transmitir a idea de que os problemas de Galicia viñan do centralismo da administración castelá. Escrita en galego na época do Rexurdimento, contribuíu á modernización da novela na literatura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tellado decuberto na parte inferior que está feito sen forro nin argamasa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1234-1253) e conde palatino de Champagne (Teobaldo IV; 1021-1253) e de Brie, fillo póstumo do conde Teobaldo III de Champagne e de Branca de Navarra. Á morte de Sancho VII de Navarra foi nomeado rei de Navarra pola nobreza navarra. Iniciouse así a dinastía francesa de Champagne. Ordenou a elaboración dun Cartulario Magno e, probablemente, iniciou o Foro Xeral de Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1235-1270) e conde de Champagne (Teobaldo IV) e de Brie, fillo de Teobaldo I e de Margarida de Borbón. Accedeu ao trono navarro baixo a rexencia da súa nai, quen, en 1253, asinou o Tratado de Tudela co infante Afonso de Aragón, ratificado por Xaime I de Aragón en Monteagudo en 1254. Esta alianza permitiu a intervención de Xaime I para evitar a invasión castelá en Navarra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esvaecemento que sofre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de tetravalente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao elemento químico e ao radical que teñen unha valencia ou un estado de oxidación igual a catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola budista, coñecida tamén como hīnayāna, que representa a forma máis antiga do budismo tal como foi fixada polo terceiro concilio, en Pā ṭ aliputra, baixo o Emperador Aśoka (247 a C). A súa literatura canónica está constituída polo canon búdico. Destaca o compendio Vishuddhimagga de Buddhaghosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha, situado ao NL de Ciudad Real (2.888 h [2001]). Destaca a gandaría de la e a porcina, así como a industria alimentaria, principalmente a elaboración de viño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado de India, situado na costa de Malabar. Uniuse en 1949 a Cochin para formar o estado de Travancore-Cochin, e en 1956 o novo estado de Kerala. A antiga capital, Trivandrum, conservou a capitalidade do novo estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do kraj de Trnava, Eslovaquia, situada na chaira do Váh, afluente do Danubio (69.681 h [2000]). Hai industria alimentaria, mecánica, de construcións ferroviarias e de camións. Destaca a catedral gótica do s XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO