Tavara

Tavara

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un castelo de ouro sumado dunha bandeira de prata cargada dunha cruz de azul, nacente do flanco sinistro un brazo armado que suxeita coa man a vara da bandeira. Outro trae, en campo de ouro, cinco faixas onduladas, de azul.