"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • Sistema económico que se basea na libre circulación de mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina económica que se basea no librecambio pola que non se deben impedir as importacións nin obstruír as exportacións. Ataca á existencia de aranceis, ás restricións cuantitativas e de outros medios que limitan a circulación de produtos entre os países, pero xustifica a existencia de controis e imposicións con obxectivos fiscais ou sanitarios. No s XVII empregouse para indicar a libre entrada nos gremios e compañías de comercio, e máis tarde como o dereito de comerciar co estranxeiro á marxe das compañías comerciais. Tomou corpo durante o s XVIII a través da fisiocracia (laissez faire, laissez passer, la monde va par lui-même) e Adam Smith, que estableceron que a división internacional do traballo leva a unha maior especialización e, polo tanto, a unha asignación máis racional dos recursos e a un nivel de vida máis elevado. A. Hamilton falou da protección das industrias novas (1791), o que deu paso ao proteccionismo. O librecambismo foi unha constante da teoría económica ata...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao librecambismo.

    2. Partidario do librecambismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de narrativa breve editada por Edicións d’a Recadadiva Galega a partir de 1924. Editáronse dous volumes en que participaron E. Correa Calderón, A. Villar Ponte e Xabier Pardo. Ilustrada por Juan Luís, Álvaro Cebreiro e Mariano Miguel, a publicación estaba aberta a escritores galegos e portugueses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santander a partir de xullo de 1956. De tendencia conservadora e oficialista, editouse baixo o subtítulo “Órgano del Centro Gallego de Santander”. Publicou poesías en galego e artigos de colaboradores como Dionisio Gamallo Fierros e Camilo José Cela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago de Compostela a partir de 1875 que cesou o 20 de marzo de 1887. Fundado por A. Rey Varela e X. Mª Paredes, propietario dos obradoiros tipográficos onde se imprimiu na primeira etapa, o seu propietario e director pasou axiña a ser Antonio Toledo ata a súa morte, o 16 de marzo de 1885, a quen sucedeu Alfredo Brañas. Na derradeira época, o xornal estivo a cargo de Hermenexildo Calvelo. Baixo o subtítulo de “Periódico católico, político e literario”, foi un destacado defensor dos intereses da Igrexa á marxe da política.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos libros ou aos vendedores de libros.

    2. Persoa que vende libros.

    3. Artesán ou artista que comerciaba en libros no Antigo Réxime. Durante a Idade Media o oficio consistía na venda de papel, pergameos e libros en branco. Posteriormente as súas actividades estendéronse á venda de manuscritos e libros impresos, e especialmente á encadernación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘libro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen e seguidor do librepensamento.

    2. Que ou quen non se somete á autoridade dogmática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Secta creada por Anthony Collins (1676-1729) a partir da obra A ; Discourse on Freethinking, Occasion’d by the Rise and Growth of a Set Call’d Free-Thinkers (1713). Nela, defendeu a razón humana como medio para interpretar a relixión cristiá e intentou mostrar a falta de certeza da profecía e do rexistrado no Novo Testamento. Tamén escribiu A ; Discourse of the Grounds and Reasons of the Christian Religion (1724) e The Scheme of Literal Prophecy Considered (1727), onde tentou probar a falsidade da relixión cristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina que reclama para a razón individual unha independencia absoluta de calquera criterio sobrenatural en materia relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecemento que se dedica á venda de libros.

    2. Oficio e profesión do libreiro.

    3. Moble con andeis que se usa para colocar libros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral fundada na Coruña e integrada por Xosé Ramón, director de escena, e Miguel Pernas, actor. Os seus obxectivos son afrontar os retos do novo milenio desde unha perspectiva da produción e xestión teatrais totalmente aberta, coincidente co que vai ser o parámetro esencial do futuro próximo, a liberdade. Dos seus espectáculos destacan Mourenza (1995-1996), O Barbeiro de Sevilla (1997), Cyrano de Bergerac (1999, premio ao mellor espectáculo nos IV Premios María Casares), Otelo (2000), A morte e a doncela (2001), As obras completas de Will Shakespeare (Abreviadas) (2002) e Os cárceres do olvido (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao libro.

    2. Aplícase ao que está ou ao que parece estar baseado nos libros, normalmente sen atender á realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de follas de papel, en branco ou impresas, pregadas e encaixadas, xeralmente cosidas, que forman unha especie de pequeno libro.

    2. Conxunto de cinco pregos de papel que constitúe a quinta parte dunha man.

    3. Caderno de bitácora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que escribe libretos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Texto literario que acompaña unha obra musical ou dramática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Gabón e da provincia de Estuaire, situada na marxe N do esteiro do río Gabón (362.386 h [1993]). É un centro comercial e un dos portos máis importantes do país. Foi fundada en 1849 polo vicealmirante Bouet-Willaumez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Informe da Unesco que se realiza desde 1993, en que se evalúa o estado das linguas do mundo, tanto das linguas xa mortas como das linguas en perigo de extinción ou das linguas máis ou menos estabilizadas. Segundo este documento, só 45 das 94 linguas europeas están fóra de perigo de ser substituídas. Neste informe o galego aparece como unha lingua potencialmente en perigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno grupo político español fundado en 1973 por elementos separados do grupo Comunismo. Como sección española do Comité Internacional da IV Internacional e trotskista, defendía un programa ultrarradical, baseado nunha república soviética de campesiños e obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO