"CISC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 605.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. De nome Alejandro Francisco Pérez Martínez, cultivou a narrativa, a poesía e o ensaio. Das súas obras destacan Travesía de Madrid (1966), Lorca, poeta maldito (1968), Valle-Inclán (1968), Las ninfas (1976, Premio Nadal), La noche que llegué al café Gijón (1977), Ramón y las vanguardias (1978), El fulgor de África (1989), Leyenda del César visionario (1991, Premio de la Crítica), Madrid 1940 (1993). Dicionario de la literatura española contemporánea (1995), El socialista sentimental (2000), Los alucinados (2001) e Cela: un cadáver exquisito (2002). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (1996), o Premio Nacional de las Letras (1997) e o Premio Cervantes (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático colombiano. Ministro de Asuntos Exteriores (1909-1913 e 1914), asinou o Tratado Urrutia-Thompson (1914) con EE UU, que acordou a separación de Panamá. Foi ministro plenipotenciario en Bolivia, España e Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi racioneiro en Santiago de Compostela (1481) e cóengo en Salamanca (1491), onde se encargou de contabilizar os milagres que se realizaban por intercensión do Apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi vigairo xeral de Madrid (1899) e xuíz auditor do Tribunal da Rota. Escribiu Emigración. Sus causas, efectos y remedios (1901), El autor de la Salve San Pedro de Mezonzo (1907) e Disolución del matrimonio rato (1921). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e historiador. Fundou a Irmandade da Fala de Betanzos (1917), o Museo Pedagóxico Rexional na Coruña (1926) e dirixiu as Colonias Escolares Coruñesas e o Anuario Brigantino. Fundou a revista pedagóxica El Normalista (1913). Cronista de Betanzos desde 1940, das suas obras destacan El blasón de Betanzos de los Caballeros (1968), Los enterramientos de la iglesia de San Francisco (1931) e Las antiguas rutas jacobeas del territorio brigantino: 4º itinerario (1975). As súas poesías recompiláronse en Obra poética de Francisco Vales Villamarín (2000). Secretario perpetuo da Real Academia Galega, foi membro da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Recibiu, entre outros galardóns, o premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a encomenda da orde de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cien­tífico. Creou unha editorial en Ferrol para publicar as súas obras científicas. Escribiu En los umbrales de la era atómica: vulgarización científica, sobre la energía atómica y sus posibilidades industriales (1949) e Tratado práctico de Física elemental con orientación marítima (1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bibliófilo e escritor. Foi o fundador do primeiro xornal de Galicia, El Catón Compostelano (1880), e promotor-fundador da primeira Biblioteca Pública da Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu Instrución para el establecimiento de la Biblioteca Pública de la Universidad de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. En 1535 viaxou a Nueva España e tres anos despois foi nomeado gobernador de Nueva Galicia. Descubriu o Gran Canón do Colorado e a súa desembocadura, explorou o val do Río Grande, e as chairas do O do Mississippi ata as Montañas Rochosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Compostela, formouse como ebanista en varios obradoiros e asistiu á escola da Sociedad de Amigos del País e á Escola de Artes e Oficios. En 1918 trasladouse a Madrid. Especializouse na talla de animais e, o 1 de xaneiro de 1927, deuse a coñecer cando colocou unha chea de esculturas na escalinata do Congreso de los Diputados, o que lle permitiu días despois realizar a súa primeira exposición. En 1930 recibiu unha bolsa de viaxe da Deputación da Coruña e marchou a París. Durante a Guerra Civil uniuse ao Batallón de Milicias Populares de Galicia e foi escultor oficial da 11ª División de Líster. Realizou entón obras de contido político e diversos retratos como os de Líster ou Rafael Alberti, obras que se poden enmarcar no realismo socialista. Estivo en diversos campos de concentración de Francia e a finais de 1939 marchou á República Dominicana. En 1940 trasladouse a Puerto Rico onde dirixiu desde 1955 o taller de escultura do Instituto de Cultura Puertorriqueña....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filósofo. Doutor en Filosofía e catedrático na Universidad Complutense de Madrid, realizou estudos sobre metafísica, ética, socioloxía e criminoloxía. Publicou La dialéctica, método de la filosofía (1966), Tres éticas del siglo XX (1970), Fundamentos de ética informativa (1986) e Ética y deontología de la información (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Doutor en Filosofía e Teoloxía e licenciado en Dereito Canónico, foi reitor do Seminario de Lugo (1937-1962). Realizou numerosos estudos sobre a arquitectura lucense e colaborou na Comisión Provincial de Monumentos. Destacan Un mártir lucense: esbozo biográfico del V. Díaz Sanjurjo (1951), La catedral de Lugo (1953) e Los escudos de Sarria (1953)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Xuíz de Vigo, foi elixido alcalde días antes da ocupación francesa da cidade (1809). Organizou a resistencia interna de Vigo, sobre todo no referido aos recursos alimentarios, e artellou a resistencia dos concellos dos arredores. Mantívose como alcalde ata decembro de 1810. Foi oidor na Audiencia de Galicia e conselleiro do Real e Supremo Tribunal de Facenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito, ingresou no corpo de inspectores de traballo en 1974. Integrouse no PSOE e en UGT en 1975 e no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia (1977) foi elixido secretario xeral, cargo que ocupou en tres ocasións. Candidato á presidencia da Xunta de Galicia en 1981, foi deputado no Congreso (1977-2000) e senador pola Co­ruña desde 2000. Alcalde da Coruña (1983-2006), presidiu a Federación Española de Municipios y Provincias (1991-1995 e 2003-2006) e foi membro do Comité de Rexións da UE (1991-1995 e 2003). Foi nomeado embaixador na Cidade do Vaticano en 2006. Recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica e foi nomeado cabaleiro da Orde do Imperio Británico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Francisco de Fientosa, estudou filosofía e letras na Universidad Central de Madrid. Da súa obra destacan Lendas (1931), Triángulo isósceles (1934) e El alba del quechemarín (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Profesor de historia contemporánea na Universidade da Coruña, especializouse en temas de historia social de Galicia. Das súas obras destacan A sociedade galega da Restauración na obra de Pardo Bazán (1875-1900) (1987), Agitacións campesinas na Galiza do século XIX (1995), Galiza na II República (2000) e O agrarismo galego (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliófilo. Especializado en libros, documentos e discos de Galicia, posúe unha biblioteca con máis de 7.000 volumes de primeiras edicións de libros galegos. Diplomouse en Maxisterio na Escola Normal de Ourense (1967). Funcionario da Axencia Comarcal do Servizo de Extensión Agraria do Barco de Valdeorras (1962-1966), foi director comercial do Banco de Santander da provincia de Pontevedra. Membro do Instituto de Estudos Valdeorreses, coordinou os Xogos Escolares Provinciais na comarca de Valdeorras. Foi pregoeiro da IV Festa do Botelo (2004) do Barco de Valdeorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Técnico de son e iluminación. Coñecido como Paco de Pink, con Teatro Antroido participou no espectáculo Romance dos figos de ouro (1983). Foi xefe do equipo técnico do Centro Dramático Galego e director técnico da peza teatral O incerto señor don Hamlet. Ademais colaborou nalgún dos espectáculos de Teatro Artello e do ballet Rey de Viana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou a poesía modernista, a prosa e o teatro. Destaca en prosa La copa del rey de Thule (1900) e a obra de teatro El alcázar de las perlas (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. En 1537 marchou para América e participou na conquista de Chile. En 1547 Pedro de Valdivia nomeouno lugartenente e realizou expedicións ao sur. Depois da morte de Valdivia foi nomeado gobernador e capitán xeneral de Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e forxador. Foi un dos teóricos máis importantes da arte renacentista castelá. Traballou no Alcázar de Toledo e realizou a reixa da capela maior da catedral toledana. Traduciu os libros terceiro e cuarto do Tratado de arquitectura de Serlio, en 1552.

    VER O DETALLE DO TERMO