"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das enfermidades cualificadas como trastornos conxénitos do metabolismo dos aminoácidos, caracterizadas por un aumento na concentración de homocistina no sangue e na urina.
-
PERSOEIRO
Cronista Xeral de Galicia. Foi xuíz eclesiástico e visitador do arcebispado de Santiago de Compostela. Das súas obras destacan Anales del Reino de Galicia (1733-1736), nos que incluía abundantes datos sobre a xeografía, a historia e a arqueoloxía de Galicia, e España primitiva, historia de sus reyes y monarcas desde su población hasta Cristo (1738-1740).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo irlandés. Máximo representante da teoría do sentido moral e precursor do utilitarismo aplicado principalmente á ética, colocou no sentimento a fonte do coñecemento moral. Entre as súas obras destacan The Original of Our Ideas of Beauty and Virtue (1725), An Essay on the Nature and Condut on the Passions and affections (1728) e System of Moral Phylosophy (1755).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Coñecido como Paco Ibáñez, desde 1939 residiu en París, onde estudiou guitarra clásica e participou nalgún grupo musical. No ano 1967 deuse a coñecer en España e en 1968 gravou o primeiro disco con poemas de Góngora e F. García Lorca. Foi un dos cantautores máis destacados da “canción protesta”. Da súa discografía destaca Paco Ibáñez a L’Olympia (1969), A flor de Tiempo (1978), Por una canción (1990), A Galopar (1992), Oroitzen (1999) e Paco Ibáñez canta a José Agustín Goytisolo (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Produtor e realizador. Coñecido como Chicho Ibáñez Serrador, en 1947 chegou a España e debutou como actor en 1951. Na década de 1950 escribiu e realizou programas como Los premios Nobel, Obras maestras del terror e Cuentos para mayores. Na década de 1960 regresou á televisión con Estudio 3, Mañana puede ser verdad e Historias para no dormir. No cine destacou cos filmes Obras maestras del terror (1962), Quién puede matar a un niño? (1976). En televisión triunfou sobre todo coa produción de Un, dos, tres... Responda otra vez. Realizou e produciu tamén Hablemos de sexo, Luz Roja, Waku, Waku e El Semáforo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor de cómics. A súa obra caracterízase polo dinamismo e a violencia da narración, o sentido da comicidade baseado na brutalidade física e na fantasía que caracterizan os personaxes, pola planificación a base de gags sucesivos e polo debuxo caricaturesco moi simple. Entre os seus cómics destacan Mortadelo y Filemón, La familia Trapisonda, 13, Rue del percebe, El botones Sacarino, Rompetechos e Pepe Gotera y Otilio. Recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e poeta. Influenciado pola obra de Rosalía, Curros e Pondal, formou parte da segunda xeración provincialista de poetas. Exerceu como mestre na Escola Práctica anexa á Normal da Coruña e, desde 1865, na Escola Normal de mestras. Fundador e director de El Diario de Galicia (1856), o 1 de outubro de 1860 fundou, en colaboración co seu irmán Antonio, a revista Galicia. Ademais, colaborou cos seus artigos e composicións poéticas en numerosas publicacións da época. Creador da sociedade Folk-lore Gallego, fundou en 1891 a Asociación Regionalista da Coruña. Da súa obra cómpre destacar o poema Galicia (1861), co que conseguiu o primeiro premio dos Xogos Florais da Coruña; o primeiro drama escrito en galego, titulado A fonte do xuramento (1882); e unha recompilación póstuma de poesías Do mar e da terra (1930), realizada por Gumersindo Placer.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Aviador. Formouse na Academia de Guadalajara, participou na Guerra de Marrocos e chegou a capitán en 1926. Realizou a travesía aérea Sevilla-Karachi (1928) e en 1929, co avión Jesús del Gran Poder, a do Atlántico Sur (1929), na que partiu de Tablada (Sevilla) coa intención de chegar ata Rio de Janeiro, pero a falta de combustible obrigoulle a aterrar en Bahia, despois de percorrer 6.746 Km en 43 horas. Dirixiu o primeiro continxente da Sociedade de Nacións na fronteira entre Colombia e Perú, na rexión de Leticia (1934), e ao tempo explorou a rexión en hidroavión. Tiña prevista unha expedición científica polo Amazonas que non puido realizar por causa da Guerra Civil, na que participou a carón dos sublevados. Trala guerra foi secretario xeral e técnico do Exército do Aire. Foi xefe de obras do aeroporto de Santiago de Compostela, co rango de tenente coronel, e dirixiu o proxecto para o aeroporto da Coruña, aprobado polo goberno en 1953. Presidiu o comité técnico de Iberia e o consello de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Doutor en Ciencias da Información pola Universidad de Navarra, é profesor de xornalismo na Universidad Complutense de Madrid. Colaborador de numerosas revistas e xornais, publicou Historia de una empresa periodística (1980), La televisión dominada (1990) e Una semana sin televisión (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Operación cirúrxica pola que se crea una nova vexiga partindo dunha parte do intestino delgado.
-
PERSOEIRO
Poeta. Foi un dos autores incluídos no Cancionero de Baena e un dos introdutores do hendecasílabo na poesía castelá. Dentro da súa poesía didáctica destacan El Dezir a las syete virtudes (1977) e Visión de los siete planetas. Escribiu tamén Relación de la memorable colgadura de cera (1672).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode precisar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de impreciso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que carece de precisión ou exactitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen non foi circuncidado.
-
-
Fendedura que se realiza cun aparello cortante.
-
Liña decorativa que se fai nas pezas cerámicas. Pode realizarse quitando o engobe ou a cor mediante un punzón, espátula ou outro instrumento semellante, ou facendo fendeduras no barro antes da cocción.
-
-
-
Que corta ou que serve para cortar.
-
Que critica ou ataca de xeito irónico e ferinte.
-
Dente que se localiza na parte anterior e central das mandíbulas, entre os caninos, e que ten a función de cortar os alimentos. No ser humano existen oito incisivos, catro superiores e catro inferiores.
-
-
-
Que está producido por incisión.
-
Oración que se intercala no medio doutra e que se escribe entre comas ou entre parénteses.
-
Interrupción ou explicación que se fai no medio dun discurso ou exposición.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que corta ou pode cortar. OBS: Aplícase normalmente a un instrumento de cirurxía.
-
-
Fisura, fendedura ou cavidade feita nun corpo.
-
Fendedura semilunar da parte anterior do cerebelo que posúe pedúnculos cerebelosos superiores e tubérculos cuadrixéminos inferiores
-
Fendedura localizada entre os hemisferios cerebelosos que contén a fouce do cerebelo.
-