incisivo -va
incisivo -va
(< lat incīsu)
-
adx
Que corta ou que serve para cortar.
Ex: Fíxose unha ferida con algún obxecto incisivo.
Sinónimos: cortante. -
adx
Que critica ou ataca de xeito irónico e ferinte.
Ex: É coñecido polas súas incisivas valoracións.
Sinónimos: mordaz. -
dente incisivo
[ANAT]
Dente que se localiza na parte anterior e central das mandíbulas, entre os caninos, e que ten a función de cortar os alimentos. No ser humano existen oito incisivos, catro superiores e catro inferiores.