"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Fóra de tempo ou do momento oportuno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Padrenda baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrenda. De estilo barroco, construíuse no s XVIII. No interior destacan as pinturas ao fresco da bóveda de crucería, que representan as imaxes dos apóstolos, dos evanxelistas, dos santos escritores Tomé de Aquino e Boaventura, e dos catro Padres da Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obrigar a unha persoa a abandonar un país ou territorio por mandato xudicial ou decisión gobernamental.

    2. Afastar ou facer desaparecer algo inmaterial.

    3. Abandonar o propio país voluntariamente ou por outros motivos, xeralmente políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desterrar ou desterrarse.

    2. Situación ou estado da persoa desterrada.

    3. Lugar onde vive a persoa desterrada.

    4. Lugar moi afastado e incomunicado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de destetar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Deixar unha nai de darlles de mamar aos seus fillos ou crías.

    2. Facer que os fillos ou crías deixen de mamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode destilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de destilar.

      1. Proceso de separación dos compoñentes dunha mestura líquida por vaporización parcial da mesma; a fracción vaporizada condénsase e recupérase como líquido. Este proceso baséase na diferente presión de vapor e, polo tanto, dos puntos de ebulición dos compoñentes da mestura. A mestura quéntase nun alambique ou matraz de destilación ata a temperatura de ebulición dos compoñentes máis volátiles; estes sepáranse do resto da mestura e pasan a través dun refrixerante no que se condensan logo de arrefriaren, mentres que no matraz quedan os compoñentes menos volátiles.

      2. destilación azeotrópica

        rectificación azeotrópica.

      3. destilación de vapor

        Destilación de líquidos inmiscibles en auga. Fundaméntase no feito de que a presión de vapor dunha mestura de dous líquidos inmiscibles é igual á suma das presións de vapor dos constituíntes. Se a substancia ten presión de vapor apreciable cara aos 100°C en presenza de auga, a ebulición prodúcese a menos de 100°C e a substancia destílase, asemade, coa auga. Este procedemento emprégase moito na extracción de aceites esenciais.

      4. destilación destructiva/seca

        Destilación que consiste na descomposición térmica de substancias orgánicas complexas en ausencia de aire para rompelas. Xera unha mestura de produtos volátiles que se condensan e, posteriormente, se recollen. Emprégase na separación de substancias sólidas, como a madeira e o carbón.

      5. destilación fraccionada

        Destilación na que o vapor producido se condensa en diversas fraccións correspondentes a intervalos determinados de temperatura. Efectúase ao interpoñer entre o caldeiro e o condensador do alambique unha columna de fraccionamento ou de rectificación, e poñer por riba un deflegmador que condensa unha parte dos vapores e retorna o líquido á columna. Este líquido flúe polo caldeiro e, durante o descenso pola columna, vai enriquecéndose cos compoñentes volátiles e cede ao vapor que empurra os compoñentes máis volátiles. Cando se establece un equilibrio, a composición dos vapores que van ao condensador é a que se tería obtido cun gran número de destilacións simples sucesivas.

      6. destilación molecular

        Destilación en alto baleiro coa superficie condensadora tan preto da superficie do líquido en evaporación que as moléculas do líquido se trasladan á superficie condensadora sen colisións. Nesta técnica empréganse temperaturas máis baixas ca na destilación a presión atmosférica, polo que permite a destilación de substancias sensibles á calor. A oxidación do destilado elimínase ao non existir osíxeno.

      7. destilación ó baleiro

        Destilación dunha mestura líquida a presión reducida, inferior á atmosférica. Canto máis baixa sexa a presión, menor será a temperatura de destilación da substancia; isto diminúe o risco de degradación das substancias termolábiles presentes na mestura. Emprégase, fundamentalmente, cando se pretenden separar mesturas sensibles á calor ou de alto punto de ebulición. Os químicos Emil Fischer e Carl Harries foron os seus inventores.

      8. destilación simple

        Destilación en que se vaporiza parcialmente a mestura, se condensan os vapores e se recolle o destilado separadamente do residuo. Emprégase cando interesa unha separación parcial da mestura, ou ben cando a diferenza de volatilidade entre os constituíntes é moi grande, coma no caso de separación dun solvente volátil dun soluto non volátil.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de destilar.

      1. Produto que se obtén por destilación.

      2. Tipo de bebida alcohólica que se obtén por evaporación selectiva da humidade dunha materia prima rica en azucres, previamente fermentada, ou alcohólica. Os árabes, que xa tiñan alambiques no s X, desenvolveron esta técnica. O valenciano Arnau de Vilanova (1240-1313), profesor na Universidade de Montpellier, foi o primeiro autor que menciona o alcohol -ó que denomina “elixir da vida eterna” ou aqua vitae- no seu tratado sobre viños e bebidas espirituosas titulado Elixir de vinorum mirabilius especierum et artificiatum vinum. Xunto co seu discípulo, Ramon Llull, divulgou diversas fórmulas de elaboración de licores, aos que eles atribuían propiedades curativas, aínda que rapidamente foron considerados bebidas apreciables, e tamén experimentaron con plantas e froitas. No s XVII, Adam ideou a redestilación (ou rectificación) co obxectivo de eliminar as impurezas, e desta maneira mellorouse o proceso de destilación. En 1830, o irlandés Aenas Coffeye inventou un alambique continuo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen destila.

    2. alquitara.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter unha substancia a destilación.

    2. Obter unha substancia por destilación.

    3. Deitar ou segregar algo unha substancia pinga a pinga.

    4. Dar a entender certo sentimento ou calidade.

    5. Sufrir unha substancia destilación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento ou fábrica na que se destilan ou venden destilados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinar o fin ou uso que se lle vai dar a algunha cousa.

      1. Asignar a unha persoa un determinado cargo ou función.

      2. Determinar o lugar onde unha persoa vai desempeñar un cargo ou función.

    2. Determinar ou fixar o destino de alguén ou dalgunha cousa.

    3. Dirixir algo, especialmente un envío ou escrito, a unha persoa ou a un lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á persoa ou entidade á que vai dirixido algo.

    2. receptor.

    3. Persoa a quen vai dirixida a acción expresada polo verbo ou en beneficio de quen se fai a acción indicada polo verbo (Dálle un agasallo a seu pai).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer perder a cor ao que está tinguido.

    2. Perder a tinguidura ou a cor unha cousa que estaba tinguida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Finalidade ou emprego para o que está designada algunha cousa.

      1. Cargo ou función para a que se designa a alguén.

      2. Lugar a onde se envía a alguén a desempeñar un traballo.

    2. Lugar onde se dirixe unha persoa ou cousa.

      1. Potencia sobrehumana que fixa por adiantado o curso dos acontecementos e a sorte reservada a cada ser humano, e, en consecuencia, é a causa ordenadora do mundo e da historia. Nas relixións politeístas, como a grecorromana, o destino era a unificación dos deuses, e mesmo se identificaba con algún deus particular; así, por exemplo Zeus encarnou a personificación mitolóxica do destino. A concepción da realidade como entidade sometida á predeterminación do destino é a esencia do pensamento grego e da cultura clásica. Esta mensaxe pasou ao Occidente europeo e influíu na concepción tradicional da providencia e na discusión escolástica sobre a predeterminación e na problemática protestante sobre a predestinación.

      2. Porvir de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario fundado en Burgos no ano 1937 por un grupo de intelectuais cataláns, entre os que destacaba o editor Josep Vergés i Matas. Pasou a publicarse en Barcelona en 1939, e alí editouse sen interrupción ata finais de 1980. Cinco anos despois tentouse unha nova edición da que só saíron uns cantos números. Ignasi Agustí, Nèstor Luján, Xavier Monsalvatge e Baltasar Porcell foron algúns dos seus directores. De ideoloxía falanxista nos seus comezos, evolucionou cara a posicións máis liberais e catalanistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial fundada en 1942 en Barcelona polo grupo da revista que levaba o mesmo nome. Dende 1996 forma parte da editorial Planeta. Especializada na edición de obras de autores da posguerra, divide a súa produción en castelán nas coleccións: “Áncora y Delfín”, “Clásicos contemporáneos”, “Ensayos Destino”, “Obras varias”, “Grandes libros ilustrados”, “Arte”, “Destinolibro” e “Biblioteca Destino”. En 1946 comezou a publicar obras en catalán nas diversas coleccións: “El Dofí”, que desde 1969 inclúe o Premio Josep Pla, “L’Ancora”, “El Trident” e “Sunion”. Convocou a primeira edición do Premio Nadal en 1944. Galardón que lle foi concedido a Álvaro Cunqueiro con Un hombre que se parecía a Orestes (1968) e a Alfredo Conde con Los otros días (1991). Tamén presenta o Premio Destino-Guión e, desde o ano 1981, o Premio Apel.les Mestres de literatura infantil e xuvenil ilustrada.

    VER O DETALLE DO TERMO