Destino

Destino

Semanario fundado en Burgos no ano 1937 por un grupo de intelectuais cataláns, entre os que destacaba o editor Josep Vergés i Matas. Pasou a publicarse en Barcelona en 1939, e alí editouse sen interrupción ata finais de 1980. Cinco anos despois tentouse unha nova edición da que só saíron uns cantos números. Ignasi Agustí, Nèstor Luján, Xavier Monsalvatge e Baltasar Porcell foron algúns dos seus directores. De ideoloxía falanxista nos seus comezos, evolucionou cara a posicións máis liberais e catalanistas.