"ICE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 774.
-
GALICIA
Médico. Foi médico titular do hospital de Santiago e do mosteiro de Santa María de Monfero ata ser nomeado en 1791 médico da cidade da Coruña. Promoveu as vacinacións masivas contra a variola en Galicia e tomou parte activa nas vacinacións que se produciron na bisbarra de Bergantiños tras o brote de 1804. É autor da obra perdida Instrución, discurso o reglamento sobre el método para administrar y difundir la vacunación antivariólica (1803).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás prasinofíceas.
-
Alga da clase das prasinofíceas.
-
Clase de algas unicelulares que carecen de cuberta protectora ou presentan unhas pequenas escamas romboidais e viven en augas mariñas e doces. Algúns autores consideran que é un grupo ancestral das clorófitas.
-
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Ribas de Sil, no concello homónimo. O seu cumio acada os 560 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. A súa obra enmárcase no informalismo abstracto. Empregou preferentemente cores escuras e combinou diferentes materiais, técnicas e soportes para insinuar formas e paisaxes. Destacan Les soirs, quand neme (1989), Idus de marzo (1991), Monumento (1994) e Siena (2001). Participou, entre outras, na Mostra Unión Fenosa e ARCO.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou quen ten preguiza.
-
Que dá preguiza.
-
Mamífero da orde dos xenartros, cunha lonxitude desproporcionada das extremidades en relación ao corpo, cabeza de moi pequeno tamaño e un dobre pelame de cor gris, con algas unicelulares incrustadas que lle dan unha cor verdosa para camuflarse. Son animais solitarios que pasan case todo o día durmindo, con movementos moi lentos e que se desprazan colgados polas ramas das árbores. Pertencen aos xéneros Bradypus, con tres dedos nos pés e nas mans, e a cola curta, e Choloepus, con tres dedos nos pés e dous nas mans e sen cola. Os dedos son sindáctilos, con unllas longas e curvadas que empregan para pendurarse das ramas.
-
Derradeiros reis da dinastía merovinxia que a partir de Teodorico III de Borgoña-Neustria-Austrasia, abandonaron o exercicio do poder en mans dos mordomos de palacio. Os outros reis foron Clodoveo III, Khildeberto III de Neustria-Borgoña, Dagoberto III, Khilperico II, Teodorico IV e Khilderico III, quen foi destronado por Pipino I o Breve en 751.
-
-
PERSOEIRO
Pintor. Formouse na Académie Julien de París e residiu posteriormente en Venecia. De volta a EE UU, viviu en Boston e en Nova York e participou no grupo The Eight. Influído polo impresionismo traballou directamente as cores puras sobre a tea mediante a espátula. Destaca Central Park (1901).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Cunha gran capacidade para a dramatización, posúe unha voz escura e ampla. En 1959 debutou no Covent Garden de Londres e en 1962 na Scala de Milán. Acadou sona internacional coa ópera Porgy and Bess (1952), de Gershwin, convertendose na primeira soprano afroamericana en triunfar nos escenarios operísticos de todo o mundo. Retirouse en 1990 no Metropolitan Opera de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral. Durante a década de 1960 protagonizou unha serie de filmes sobre obras de Edgar Allan Poe, ata que a súa actuación en The Abominable Dr Phibes (1971) o converteu nun personaxe popular no cine fantástico. Protagonizou tamén The Fly (1958), Tales of Terror (1962) e Edward Scissorhands (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que é primeiro ou superior en calidade ou rango.
-
Alto dignatario do Baixo Imperio Romano e do Imperio Bizantino.
-
-
Alto dignitario eclesiástico. En orixe designaba o xefe dos notarios pontificios e o prefecto da chancelaría apostólica, así como o crego que se atopaba por riba dos diáconos, subdiáconos e cregos menores.
-
Persoa que presidía o coro en mosteiros ou colexiatas.
-
-
Graduado elixido anualmente na Universidad de Salamanca, alternando entre as facultades, que exercía funcións económicas e gobernativas relativas á capela. Ocupaba un lugar inmediato ao reitor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución estadounidense de carácter privado creada en 1936 na Princeton University. Dedícase á investigación e ao ensino no campo da demografía.
-
PERSOEIRO
Historiadora da arte estadounidense. Estudou a arte española do Renacemento e o Barroco e a escultura moderna estadounidense. Conservadora de escultura de The Hispanic Society of America de Nova York, catalogou e publicou os seus fondos. Foi académica correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1972) e da Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría (Sevilla). Escribiu Gregorio Fernández (1920), Escultura castellana, Del gótico al Renacimiento (1951), e Juan Martínez Montañés (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos protoascomicetos.
-
Fungo da antiga subclase dos protoascomicetos.
-
Antiga subclase de ascomicetos integrada por micromicetos con ascos orixinados directamente do cigoto e non disposto en ascocarpos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos protosteliomicetos.
-
Fungo da clase dos protosteliomicetos
-
Clase de fungos microscópicos da división dos ximnomicotes que forman plasmodios reticulares multinucleados. Comprende unhas 25 especies.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos quelicerados.
-
Artrópodo do subfilo dos quelicerados.
-
Subfilo dos artrópodos co corpo formado por un cefalotórax e un abdome, e seis pares de apéndices articulados, todos no cefalotórax. Comprende tres clases: meróstomos, arácnidos e picnogónidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos dous membros que forman o primeiro par de apéndices dos artrópodos quelicerados. Acaba en pinza, que consta dun dedo móbil e outro fixo, que comunica cunha glándula velenosa.
-
PERSOEIRO
Militar. Participou na Guerra da Independencia contra Napoleón I Bonaparte e pasou despois ao campo absolutista. Combateu o goberno liberal (1820-1823) e mandou o exército realista de Nafarroa. Cando aconteceu o Motín de La Granja (1836), foi destituído dos seus cargos e asasinado por unha banda de amotinados.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, irmán de Manuel Quiroga Vázquez. Pertenceu ao Partido Liberal, foi deputado polo distrito de Quiroga durante dez ocasións entre 1872 e 1907, e senador pola provincia de Lugo (1896-1898 e 1910-1911).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos quitridiomicetos.
-
Fungo da clase dos quitridiomicetos.
-
Clase de fungos, da división dos mastigomicotas, con células reprodutoras flaxeladas. A maioría son parasitos de vexetais, doutros fungos e de invertebrados acuáticos, malia que algunhas especies son saprófitas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Raíz pequena, especialmente as últimas ramificacións radicais.
-
PERSOEIRO
Poeta romántico. Foi o primeiro en adoptar a lingua popular como medio de expresión poética. Autor de dous volumes de Pesme (Poemas, 1847-1851), os seus poemas de inspiración patriótica, O adeus aos estudos e O camiño de Kolo, convertéronse en clásicos.
VER O DETALLE DO TERMO