"Imo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 631.

  • PERSOEIRO

    Poeta e filósofo grego. Defendeu a doutrina de Pirrón e criticou sarcasticamente a todos os filósofos antigos, agás Xenófanes e os eleatas. Autor do poema satírico Sílloi, do poema burlesco Aparencias e do diálogo en prosa Pithón, consérvanse uns cento cincuenta versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa de Insulindia, situada na zona suroccidental do arco do arquipélago das pequenas Illas da Sonda, entre o mar de Savu e o mar de Timor (62.495 km2; 4.016.394 h [1990]). A súa capital é Kupang (129.259 h [1990]). Administrativamente, a metade oriental constitúe Timor-Leste, mentres que a metade occidental forma parte da provincia de Sonda Oriental (Indonesia). É unha illa montañosa, con cimas que sobrepasan os 2.000 m. O clima é caloroso, máis seco ao N e húmido ao S. A poboación é maioritariamente indonesia. A actividade principal é a agricultura, que produce arroz, millo, mandioca, tabaco, café, copra, caucho e sándalo. Ten gandaría bovina, de búfalos, caprina e ovina. Habitada por pobos malaios e chineses, a illa foi descuberta en 1520 por barcos portugueses que estableceron unha base en Solor. En 1613 os holandeses ocuparon a illa, pero os portugueses reivindicaron a súa soberanía, mentres resistían en Dili e na zona oriental. Durante os ss XVII e XVIII holandeses e portugueses...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Timor-Leste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Índico, situado entre a illa de Timor e a costa de Australia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do SL asiático que constitúe a metade oriental da illa de Timor (14.874 km2; 750.000 h [estim 2001]). A súa capital é Dili (45.000 h [1999]).
    Xeografía
    Localizado na parte oriental da illa de Timor, trátase dun país montañoso (acada os 2.960 m de altitude). O seu clima é tropical e está afectado polas chuvias dos monzóns, que provocan avalanchas de terra e inundacións. É o estado máis pobre do SL asiático e enfróntase a graves problemas socioeconómicos, como a falta de inversións e alimentos e o paro (afecta aproximadamente ao 50% da poboación). Despois da acadar a independencia, tentouse converter a agricultura de subsistencia nun sector orientado á exportación, pero os baixos prezos do mercado e a falta de abastecemento interior levaron ao fracaso esta política. Un sector que comeza a despuntar é a explotación de reservas de petróleo mariñas. Só o 7,6% da poboación é urbana.
    Sociedade e goberno

    Diversidade...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten medo a errar ou que é moi tímido.

    2. Que se amosa escrupuloso ante algo que considera inmoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á illa de Timor ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante da illa de Timor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. Mariscal e comisario de defensa en 1940, foi derrotado polos alemáns en Minsk e en Biatystock (1941) e dirixiu sen éxito unha ofensiva en Kharkov en 1942. Desde 1945 ata 1947 foi conselleiro militar dos comunistas chineses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro ucraíno. Profesor en Kiev, Peterburgo e en Zagreb, naturalizouse estadounidense. Foi catedrático en Stanton e está considerado unha autoridade mundial en teoría da elasticidade, resistencia de materiais e vibracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hormona polipeptídica do timo que inflúe na maduración dos linfocitos T. Está presente en maior cantidade nos nenos e diminúe ao longo da vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome grego que provén de Timótheos, composto por timao ‘honrar, respectar’ e theós ‘deus’, co significado de ‘que honra a Deus’, a través do latín Timotheus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e poeta grego. Compuxo diversos nomoi, ditirambos, himnos e encomios. O seu nomós titulado Os persas, conservado nun papiro do s IV a C, canta a Batalla de Salamina cun estilo rico no apartado léxico e métrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Continuador da escola de Fidias, traballou en Roma, nas estatuas de Ártemis no Palatino no templo de Asclepio en Epidauro e no mausoleo de Halicarnaso. Destacou na representación de nereidas e de níkai (vitorias). Atribúeselle a escultura de Leda e o cisne, coñecida a través de copias, e unha Atenea coa éxida estrelada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xeneral, fillo de Conón. Estratega (378 a C), recuperou as illas do Mar Xónico (376-375 a C) pero, acusado en 373 a C polo seu fracaso no Mar Exeo, entrou ao servizo de Persia. Volveu a Atenas en 367 a C e combateu a hexemonía tebana. Non conseguiu reconquistar Anfípole nin o triunfo na Batalla de Embata (365 a C), motivo polo que se exiliou a Calcis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Discípulo e colaborador do apóstolo Paulo. Fillo de pai pagán e de nai xudeocristiá (Eunice), converteuno san Paulo. A tradición identificouno co xefe (bispo ou presbítero) da igrexa de Éfeso, destinatario de dúas epístolas neotestamentarias. Represéntase vestido de pontifical (bispo) ou con túnica e palio como os personaxes bíblicos; cun ídolo aos pés, en representación de Diana, un bastón nodoso na man, e pedras recollidas no manto; e leva, como atributos persoais, un rolo na man que alude á carta que lle mandou san Paulo. A súa festividade celébrase o 26 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome propio de lugar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista romano. Cónsul sufecto (56?) e autor do senadoconsulto trebeliano, ordenou facer o censo da Galia (61). Legado en Britania, foi reclamado a causa da súa cobiza, feito que o desamigou co exército (69).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de certas substancias que, tendo unha composición química definida, poden presentar, desde un punto de vista estrutural, tres ordenacións distintas que dan lugar a cristais que pertencen a clases cristalinas diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO