"Jos" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1142.
-
PERSOEIRO
Físico galés. Estudiou en Cambridge e, sendo aínda estudiante, descubriu en 1962 o efecto que leva o seu nome sobre as propiedades supercondutoras dos metais a baixa temperatura. Recibiu o Premio Nobel de Física (1973), compartido por L. Esaki e L. Giaever.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto descuberto en 1962 por B. D. Josephson que consiste no paso de corrente eléctrica a través de dúas pezas supercondutoras separadas por unha capa fina de material illante. Para que se produza o efecto, cómpre manter o sistema a unha temperatura próxima ao cero absoluto para que o supercondutor presente unha resistencia case nula. Este dispositivo, coñecido como unión Josephson, abre novas posibilidades á electrónica. Segundo o modo de funcionamento, distínguese entre efecto Josephson continuo e alterno. A explicación teórica do efecto Josephson baséase na teoría BCS sobre a supercondutividade, establecida en 1957.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico e teatral sueco. A súa traxectoria está ligada basicamente á obra de Ingmar Bergman, con obras como Nara Livet (1957), Vargtimmen (1967), Em passion (1970), Scenner ur ett aktenskap (1973) e Fanny och Alexander (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da República Federal dos Maris, Rusia (251.000 h [1997]). A agricultura e a gandería son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político francés. Ocupou a secretaría xeral do Parti Socialiste (1981-1988) e foi ministro de Educación (1988-1992). Elixido novamente secretario xeral (1995), gañou as eleccións lexislativas de 1997 e formou un goberno que incluía algúns ministros comunistas e ecoloxistas. Dimitiu en maio do 2002, tras perder as eleccións presidenciais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Catedrático de Historia Moderna e Contemporánea na Universidad de Murcia (1949-1963) e de Historia Moderna e Universal na Universidad Complutense de Madrid (ata 1974). Renovador da historiografía española, centrou o seu interese no estudo das relacións internacionais e na historia das ideas e das mentalidades. Desde 1975 dirixiu a obra Historia de España, de Menéndez Pidal. Recibiu o Premio Nacional de Historia de España (1981) e o Premio Internacional Menéndez Pelayo (2000) e foi membro da Real Academia Española de Historia desde 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. En Les crises commerciales et leur retour périodique en France, en Angleterre et aux Etats Unis (1860) estudiou o papel das crises dentro do ciclo económico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico e médico. Participou na expedición a Perú de C. de la Condamine. Introduciu en Europa o heliotropo e diversas plantas ornamentais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático frances. Licenciouse en ciencias pola universidade da Sorbonne en 1913. Contribuíu a crear e desenvolver moitas das ramas da matemática pura e aplicada. Foron transcendentes as súas achegas á mecánica de fluídos, análise, probabilidade, teoría das ecuacións funcionais e teoría xeneralizada da información, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político congolés. Dirixente do movemento ABAKO, independentista e federalista, foi o primeiro presidente da República Democrática do Congo (1960-1965), ata o golpe de estado do coronel Mobutu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e pintor. Participou na revolución de 1919. Entre os anos 1947 e 1956 non puido publicar nada, por mor da súa tendencia formalista. Da súa obra, cómpre salientar Angyalföld (1928) e Egy ember élete (Vida dun home, 1927-1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director cinematográfico. Coñecido como Buster Keaton, creou un personaxe de aparencia imperturbable, entre a candidez e o cinismo, en filmes como The Cameraman (1928) ou Steamboat Bill Jr. (1928). Como director evidenciou un gran sentido do ritmo e da construción dramática de filmes como Cops (1922), The Navigator (1924) ou The General (1927), nos que tamén participou como actor. Coa aparición do cine sonoro iniciou a súa decadencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista francés. Escribiu Mary de Cork (1925), Belle de jour (1929), levada ao cine por Luis Buñuel; L’armée des ombres (1929), Le lion (1958) e Les cavaliers (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
(Rheine an der Ems 11.6.1933) Arquitecto alemán. Formouse en Stuttgart, París e Berlín, onde foi director do Internationale Bauausstellung (IBA). Das súas obras destacan o Museo de Arte Contemporánea de Chicago e o Triangle Building de Berlín. Foi asesor e director do Plan Especial de Protección e Rehabilitación de Santiago de Compostela, onde realizou o Polideportivo de San Clemente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Sulz, Württemberg 1733 - Karlsruhe, Baden Württemberg 1806) Botánico alemán. Estudiou cientificamente a hibridación de vexetais e aclarou definitivamente a cuestión dos sexos nas plantas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Monok, actual Borsod-Albaúj-Zemplén 1802 - Turín 1894) Político húngaro. Foi o principal líder da revolución democrático-burguesa de 1848 en Hungría, que proclamou a independencia e o nomeou gobernador presidente. Trala vitoria das tropas austro-rusas, exiliouse en Turquía e despois en Inglaterra e Italia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Toledo, Ohio 1945) Artista estadounidense. Teórico da filosofía da linguaxe, realizou instalacións e colaborou en proxectos arquitectónicos. A súa obra, englobada na arte conceptual, está movida pola investigación da natureza lingüística da arte e o papel do contexto social e institucional. Destaca a súa obra One and three chairs (1965).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Boskovice, Moravia 1938) Fotógrafo checo. Comezou a traballar para a axencia Magnum en 1971. Especializado en teatro, da súa obra tamén destacan un grupo de fotografías documentais sobre os costumes dos xitanos e a serie Exilio (1970-1990). Colaborador de diversas revistas internacionais, recibiu o Robert Capa Memorial (1971), o Premio Nadar (1978) e o Gran Premio de Fotografía Artística de EE UU (1980).
-
PERSOEIRO
Xornalista e militar francés. En València asociouse con Pascual Marín para fundar en 1790 o Diario de Valencia, do que foi director. Fundou en Sevilla o Diario Histórico y Político de Sevilla (1792-1793) e, en Cádiz, El correo del Postillón (1794) e Diario Mercantil de Cádiz (1802).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor, escritor e político. Fundador da revista Andalán e do Partido Socialista de Aragón (PSA), foi deputado nas Cortes de Aragón pola Chunta Aragonesista (1999-2000) e deputado no Congreso de los Diputados desde 2000. Como intérprete gravou o disco Cantar y callar (1974). Publicou Las sonatas (1965), Con la voz a cuestas (1982), Diario de un náufrago (1988), Un país en la mochila (1995), froito dos doce documentais sobre España rural emitidos por TVE, e Dulce sabor de días agrestes (2003).
VER O DETALLE DO TERMO