Josephson, efecto de
Josephson, efecto de
[FÍS]
Efecto descuberto en 1962 por B. D. Josephson que consiste no paso de corrente eléctrica a través de dúas pezas supercondutoras separadas por unha capa fina de material illante. Para que se produza o efecto, cómpre manter o sistema a unha temperatura próxima ao cero absoluto para que o supercondutor presente unha resistencia case nula. Este dispositivo, coñecido como unión Josephson, abre novas posibilidades á electrónica. Segundo o modo de funcionamento, distínguese entre efecto Josephson continuo e alterno. A explicación teórica do efecto Josephson baséase na teoría BCS sobre a supercondutividade, establecida en 1957.