"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, que está situado a 27 km ao S da capital (33.045 h [2001]). Destacan os cultivos de oliveiras, vide e cereais, a cría de cabalos e a olaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e político checo. Antirrevolucionario, defendeu a autonomía de Bohemia dentro dun sistema austríaco federal e impulsou o nacionalismo bohemio. Presidiu o congreso paneslavo de Praga (1848) e das súas obras destaca Geschichte von Böhmen (Historia de Bohemia, 1836-1867).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de extensión ou de estiramento de todas as partes do corpo, frecuentemente acompañado de bocexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación de pápulas nas doenzas eruptivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á paralaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, primeiro marqués de Novaliches (1840). Moderado, baixo o goberno de Espartero emigrou a Francia e unha vez amnistiado volveu do exilio (1843) e loitou contra as tropas de Espartero en València. Foi ministro da Guerra (1847). En 1885, tras a caída de Narváez, encargouse de formar goberno, sen tomar posesión. En 1868 comandou as forzas realistas que se opuxeron aos revolucionarios. Emigrado de novo, volveu a España despois da Restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás paxiláceas.

    2. Fungo da familia das paxiláceas.

    3. Familia de fungos da orde das boletais, que comprende fungos con esporocarpos grandes ou medios, de cor castaña, con esporas pardas ou negras, e de láminas decorrentes e facilmente separables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de implantación e formación dun pedículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pennatuláceos.

    2. Individuo da orde dos pennatuláceos.

    3. Orde de cnidarios, da clase dos antozoos, que se caracterizan pola formación de colonias non fixas, en forma de pedúnculo contráctil, que lle permite, eventualmente, certa mobilidade. Habitan nos fondos lamacentos do Mediterráneo e nas costas tropicais americanas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento da auga no solo, con transporte de substancias disoltas ou en suspensión a través das partículas de terra que fan de filtro.

    2. Extracción solido-líquido, especialmente a de tipo descontinuo. Xeralmente consiste na extracción dun dos constituíntes dun material moído e inmóbil a través de que circula o solvente. É, polo tanto, un tipo de lixivación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cemiterio situado ao NL de París, coñecido administrativamente como o camposanto do leste. Construído polo arquitecto Alexandre-Théodore Brongniart (1803-1804), ocupa o lugar dun antigo convento de xesuítas. Conserva tumbas de destacados personaxes franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e editor. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu en Ourense. Encadrado polos críticos dentro da xeración rexionalista, foi un dos primeiros escritores deste grupo que apostou pola prosa. Colaborou inicialmente en O Tío Marcos da Portela e publicou nel poesía e prosa, centrada sobre todo en cuestións literarias ou relacionadas coa agricultura. Despois do seu enfrontamento con Valentín Lamas Carvajal pasou a colaborar en El Derecho e fundou e dirixiu El Diario de Orense e Las Burgas. Como editor elaborou a Biblioteca Verde y Rosa, en que apareceron algunhas das súas obras e outras de Francisco Álvarez de Nóvoa. Na súa obra narrativa pretendía introducir novos elementos estéticos e formais, sobre todo no conto, onde realizou unha importante análise psicolóxica dos personaxes, tentando adaptalos á lingua coloquial. Por outra banda cómpre salientar o impresionismo dos seus relatos, o colorido e as descricións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tipo de relevo característico das terras ou dos mares de clima frío con temperaturas invernais inferiores aos 0°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de erosión e tipo de modelado característico das rexións frías da Terra, non recubertas de xeo dun xeito continuo e onde as alternancias de xeo e desxeo son o factor erosivo esencial. O termo foi introducido en 1909 por W. Lozinski para describir o tipo de clima e os trazos morfolóxicos superficiais controlados polo mesmo. Aproximadamente, unha sexta parte da superficie das terras emerxidas están baixo os efectos do periglaciarismo. Durante os períodos de clima frío do Cuaternario, esta superficie foi considerablemente maior, e os sinais do modelado periglacial aínda son perceptibles. O sistema periglacial localízase nos sectores de latitudes moi elevadas e nos sectores de alta montaña. Nas latitudes elevadas hai dous tipos de áreas cubertas de xeo durante longas tempadas cada ano; as áreas de clima polar continental, como ao NL de Siberia, e as áreas de clima polar oceánico, como Islandia. Nas grandes altitudes, o xeo desenvolve un importante papel durante gran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente cilíndrico, de vidro ou plástico, de pouca altura e base ancha, que se utiliza en técnicas de cultivo de microorganismos en probas de laboratorio. OBS: Tamén se denomina placa de cultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das asteráceas, con capítulos de brácteas en tres ringleiras, co receptáculo convexo, as lígulas de cor branca e os flósculos amarelos e froito en aquenio cilíndrico sen lanuxe. En Galicia dáse en zonas altas a especie P. oppositifolium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves mariñas, da familia dos falacrocóridos, ao que pertencen os corvos mariños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das fitolacáceas, ao que pertence o ombú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás piroláceas.

    2. Planta da familia das piroláceas.

    3. Familia, da orde das ericais, constituída por plantas herbáceas ou raramente subarbustivas, de follas xeralmente dispersas, flores regulares, hermafroditas, de ovario súpero, comunmente pentámeras, que poden formar acios ou ser solitarias. Son propias dos países temperados e fríos do hemisferio norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega, que se emprega na formación de palabras co significado de ‘placa’ ou ‘lámina’.

    VER O DETALLE DO TERMO