"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas escudo cuarteado: primeiro e cuarto cuarteis, de sinople, cunha banda de goles con filetes de ouro; segundo e terceiro cuarteis, de azul, cunha estrela de ouro de oito raios.
-
GALICIA
Escritor cómico e caricaturista. Coñecido como Tabarra, foi un dos fundadores do semanario compostelán Café con gotas e colaborou en xornais satíricos, como Barcelona Cómica e La Saeta. Autor do diálogo El Poeta y Orense, foi premiado polo xornal El Liberal en 1903.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista e tipógrafo. Membro do consello federal da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Trabajadores (AIT), foi delegado na Conferencia de Londres da AIT (1871). Estableceuse en Barcelona (1874) e ingresou na Federación de Trabajadores de la Región Española (FTRE) en 1885. Realizou unha intensa actividade de publicista e formou parte da redacción de Acracia (1886-1888) e El Produtor (1887-1893). Foi o introdutor do sindicalismo revolucionario francés, xunto con José López Montenegro. Desterrado polos feitos da Semana Tráxica de 1909, volveu a Barcelona en 1910 e escribiu El estado (1985), El banquete de la vida (1905), El proletariado militante I e II (1901-1910), El pueblo (1910) e Vida anarquista (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. A súa obra, que segue as liñas da poesía galega da década de 1980, caracterízase polo culturalismo, a vontade esteticista, a importancia da palabra e a recuperación dos temas da mitoloxía clásica occidental. Dos seus libros de poemas destacan O corpo e as sombras (1985) e Os días olvidados (1985), en que se incluíron composicións galardoadas co Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Vigo e co premio de poesía do Concello de Santiago de Compostela. Outras obras súas foron Herdanza da néboa e Gramática do silencio, que apareceron recollidas na edición póstuma A morte presentida (1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Foi discípulo de Andrea del Verrocchio e recibiu a influencia de Leonardo da Vinci. En 1497, a causa das predicacións de Savonarola, queimou as súas pinturas de tema profano, das que só queda unha Venus e algúns retratos, como Autoritratto (1488). Das súas obras relixiosas destacan Nostra Donna, San Giuliano e San Nicolò (1493) e San Michele (1523).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresario e político. Fundou, xunto cun socio francés, as empresas Factorías Vulcano-Enrique Lorenzo y Compañía e Sumnsa (Suministros Metalúrxicos Navais, SA), e promoveu outras como Aceros de Galicia, Conservas La Guía SA e Serrerías Vulcano. Foi conselleiro do comité executivo da Zona Franca, vogal da xunta de Obras do Porto, conselleiro do Banco de Vigo e censor de contas da compañía de Tranvías Eléctricos de Vigo. Presidiu o Aero Club de Vigo (1951-1981), foi vicepresidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación e presidente da Deputación de Pontevedra (1963-1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Etnógrafo e historiador. Coñecido como Xocas, foi alumno de R. Otero Pedrayo en Ourense e estudiou filosofía e letras en Santiago de Compostela e Zaragoza. Incorporado ao Grupo Nós, colaborou asiduamente na revista Nós, ademais doutras publicacións galegas e do estranxeiro. Ao comezo da Guerra Civil Española ferírono e durante a súa convalecencia formouse no seu domicilio un destacado parladoiro ao que acudían R. Otero Pedrayo, Vicente Risco, Florentino Cuevillas e González Salgado. Ademais, durante esa etapa aproveitou para ler numerosos clásicos galegos e portugueses cos que foi enriquecendo a súa formación intelectual. Posteriormente, exerceu a docencia en Ourense, primeiramente no Instituto e logo no colexio Cardenal Cisneros, e investigou principalmente nos eidos da etnografía, o folclore e a prehistoria de Galicia. Apoiado por Florentino Cuevillas e polo profesor Lluís Pericot realizou diversas escavacións en castros, como a do castro de san Cibrao de Las (1948-1949), en mámoas e...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz e cantante. Vinculada ao grupo Chévere, realizou espectáculos como Annus Horribilis, Órbita Mutante e Ana Pudor. Tamén traballou co CDG, Pífano Teatro, Moucho Clerk e Teatro do Aquí. Recibiu o Premio Compostela de Interpretación (1995) e o María Casares (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga. Dirixe o Proxecto Prosa Literaria Galega Medieval no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Especialista nas literaturas romances da Idade Media, as súas publicacións céntranse, sobre todo, nas líricas occitana e galego-portuguesa, na edición crítica de textos, na recepción da materia de Bretaña na Península Ibérica e no estudo comparado das diversas tradicións literarias medievais. Das súas obras destacan La canción de mujer en la lírica medieval (1990), A cantiga de amigo (1998), en coautoría con M. Brea, Livro de Tristán e Livro de Merlin. Estudio, edición, notas e glosario (2001), en coordinación con J. A. Souto, e A literatura artúrica en Galicia e Portugal na Idade Media (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto de motociclismo. Fillo dun mecánico que lle fixo a súa primeira moto aos tres anos, aos seis xa tiña licenza e competía en distintas especialidades. Aos 10 anos xa fora campión de Baleares oito veces. En 1998 gaña a Copa Aprilia 50cc, converténdose no piloto máis novo en gañar un campionato. Con só 13 anos permítenlle competir no Campionato de España de 125cc, e na seguinte tempada consegue o título de Campión de Europa desa mesma categoría. Pasa a 250cc no ano 2005, e acada o título de Campión do mundo en 2006 e 2007. No ano 2008 pasa á categoría de MotoGP coa escudaría Yamaha, acadando o seu primeiro título ese mesmo ano no Gran Premio de Portugal. En maio do 2010 triunfa no circuíto de Xerez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e escritor. Foi redactor xefe de El Norte de Galicia. Das súas obras destacan La escuela anarquista (1909), La guerra (1914), Mi viaje a Roma: Impresiones (1925) e El Museo Arqueológico Diocesano (1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro xeógrafo. Oficial da Armada, foi director do servizo rexional de Galicia do Instituto Geográfico Nacional e do Centro Nacional de Información Geográfica, e presidente da Sociedad Española de Cartografía, Fotogrametría y Teledetección e da Asociación Española de Ingenieros Geógrafos. Formou parte do comité especial de negociación con EE UU e Rusia do sistema europeo de navegación por satélite GALILEO (1999-2000) e dirixiu o centro de publicacións do Ministerio de Fomento e o Mapa Oficial de Carreteras de España. Escribiu Cartografía, Urbanismo y Desarrollo Inmobiliario (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Piero di Giovanni.
-
PERSOEIRO
Actor. Iniciou a súa actividade escénica en grupos afeccionados como Trasno, Tespis, Sapoconcho e O Moucho Clerc, e tamén traballou para o centro Dramático Galego (CDG) en espectáculos como O Incerto señor don Hamlet e Un soño de verán, co que obtivo o Premio Compostela ao mellor actor de reparto. Coa compañía Ollomoltranvía participou en Commedia e Raíñas de pedra, e con Mofa e Befa destacan Para ser exactos (1993) e Finis Mundi Circus (1998), co que logrou o Premio María Casares ao mellor actor de reparto. Tamén realizou traballos para cine e televisión en series como Mareas Vivas ou Un paso adelante.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Bolseiro da Deputación de Pontevedra, formouse en Madrid. Cultivou principalmente o retrato, realizou diversas exposicións e participou en 1968 na Primeira Bienal de Arte Contemporáneo Español de París con Cencerrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e crítico literario. Emigrou a Arxentina, onde fundou o diario El Heraldo e colaborou en diversos xornais de Bos Aires, como La Nación e El Eco de Galicia. Foi presidente da primeira Casa de Galicia e do Centro Republicano Español, e dirixiu o xornal España Republicana. Das súas obras destacan Antología de motivos poéticos (1928), El doctor Hipólito Iriyogen y el ideal Hispanoamericanista (1928), Acción Hispanista (1932) e Nuevos horizontes del idioma (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Tipógrafo, xornalista e político. Líder da agrupación do PSdeG-PSOE en Ferrol, traballou en El Correo Gallego e dirixiu o xornal socialista El Obrero. Foi concelleiro en Ferrol en abril de 1931, deputado durante a Segunda República (1931-1936) e participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de 1936. Despois da Guerra Civil Española exiliouse en México, onde escribiu en diversos xornais da emigración e participou na sesión parlamentaria dos exiliados (1945). Foi secretario de Alianza Nazonal Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e profesor. Realizou diversos traballos etnográficos publicados en revistas especializadas. Da súa produción narrativa destacan A cidade branca (1987), O paxaro que canta un nome (1996) e Animados na sombra (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Coñecido como Francis Lorenzo, comezou a súa actividade como actor no Centro Dramático Galego. En 1985 participou nalgunhas montaxes do Centro Dramático Nacional e a partir de 1990 participou en distintas series de televisión, das que destacaron Médico de familia e Compañeros. En cine traballou con directores como Antonio Drove, Jaime Chávarri e José Luis García Sánchez, e nos filmes Antártida (1995), El Florido pensil (2002) e El año del diluvio (2004).
VER O DETALLE DO TERMO