"Ons" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1222.

      1. Regulado mediante unha constitución política.

      2. Aplicado á calidade de toda manifestación ou norma que se axusta ou é conforme á constitución dun Estado.

      3. Relativo ou pertencente a unha constitución.

    1. Que ou quen é partidario dunha constitución.

    2. Inherente á constitución ou estrutura do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema político en que se regula o goberno por medio de normas estables, escritas e contidas nunha Constitución. Xurdiu como reacción fronte ao Estado absoluto e estendeuse por Europa, especialmente durante o s XIX. Ligado á corrente liberal, ten no parlamentarismo a súa forma máis adecuada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao constitucionalismo.

    2. Que ou quen é partidario do constitucionalismo.

    3. Persoa experta en dereito constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación encargada polo arcebispo Blanco e polo cabido de Santiago de Compostela ao impresor Luís de Paz co obxectivo de informar dos acordos do concilio provincial celebrado en Salamanca e presidido polo cardeal Gaspar de Zúñiga. É o primeiro documento destas características impreso en Santiago de Compostela. Aprobadas o 19 de setembro de 1578, saíron do prelo a finais do mesmo ano. Divídese nunha portada, un decreto do arcebispo e as 37 constitucións que rematan na páxina 62; finalmente, engadíuselle un “Otorgamiento de las Constituciones”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación impresa ao redor de 1601 por Luís de Paz en Santiago de Compostela, aínda que a súa primeira edición puido realizarse en Madrid en 1579. Inclúe unha inscrición na portada coas armas do arcebispo San Clemente e un decreto asinado polo provisor e vicario xeral do arcebispado, Licenciado Landeras, datado o 17 de maio de 1601. Seguidamente, insere unha táboa dos títulos, unha fe de erratas, un decreto do arcebispo Blanco do 5 de xuño de 1576 e as constitucións que rematan na folla 90 do documento. Contén, ademais, os “Mandamientos e instrutiones”, do arcebispo Blanco, e o libro péchase con “Dos placticas hechas a Sacerdotes”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro libro impreso en Galicia con gravados en madeira, conservado no arquivo da catedral de Ourense. Carece da portada e dos folios XXI e XXII, e contén unha serie de grandes letras historiadas acompañadas de cinco gravados. As constitucións van precedidas dunha carta pastoral do bispo Francisco Manrique de Lara ao seu cabido, xunto cun proemio do mesmo dirixido a todos os representantes eclesiásticos. Inclúe unha epístola do impresor Vasco Diaz Tanco del Frexenal, que rematou a edición o 12 de maio de 1544.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Publicacións que conteñen unha serie de prescricións canónicas, litúrxicas e morais de orixe apostólica. Comprenden oito libros. Elaboradas, probablemente en Siria a finais do s IV, consérvanse no texto orixinal grego.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de constituír ou constituírse.

    2. Que ten os seus órganos e membros debidamente conformados e proporcionados. OBS: Emprégase normalmente cos adverbios ben ou mal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que constitúe algunha cousa.

      2. constituínte descontinuo

        Constituínte que non se sitúa ao lado doutro na cadea de palabras, pero que non obstante se relacionan sintáctica ou semanticamente. Ao segmentar a construción compróbase que a disposición lineal dos seus compoñentes non coincide coa estrutura sintáctica (

      3. constituínte inmediato [CI]

        Cada un dos elementos de nivel máis baixo que forma parte dunha construción sintáctica ou morfolóxica, de tal xeito que entre o elemento e a construción enteira non se interpón ningunha construción parcial de nivel intermedio. A análise de constituíntes inmediatos baséase en pasos sucesivos sobre os distintos niveis da estrutura dentro dunha oración. En cada nivel, a construción divídese en constituíntes principais, e o proceso segue ata que xa non é posible realizar ulteriores divisións. Así, na construción Os meus mellores amigos están aquí, os constituíntes inmediatos son os meus mellores amigos e están aquí; os de os meus mellores amigos son os meus e mellores amigos; os de os meus son os e meus; e así sucesivamente. O concepto deriva dun procedemento de análise gramatical, no fondo moi tradicional, pero que L. Bloomfield e os seus discípulos fixeron explícito por primeira vez, ata que N. Chomsky o formalizou...

    1. Que ou quen ten poder para establecer ou reformar unha constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Establecer, formar ou dar existencia a unha institución política, social ou a outra cousa inmaterial.

    2. Ser algo ou alguén un elemento constitutivo ou parte de algo.

    3. Ser algunha cousa aquilo que se indica.

    4. Estar composta algunha cousa polas partes que se indican.

    5. Converterse naquilo que se indica.

    6. Xuntarse as persoas que conforman un organismo que preside algunha reunión ou algún acto oficial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que constitúe unha parte dalgunha cousa que se indica.

    2. Aplícase ao que constitúe aquilo que se indica. OBS: Nesta acepción emprégase coa preposición de.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de constrinxir, especialmente apertando ou oprimindo algunha cousa.

      1. Parte fixa do cromosoma metafásico na que non hai enrolamento en hélice do ADN.

      2. constricción primaria

        centrómero.

    2. Estreitamento dalgunha das partes da boca ou do colo durante a produción de sons da fala que restrinxe o paso do aire espirado desde os pulmóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que causa constrición.

    2. Aplícase ao músculo que ten a capacidade de pechar un conduto ou orificio.

    3. Medicamento que se emprega para diminuír o diámetro de certos condutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Factor inverso do poder dispersivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que constrinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de constrinxir.

    2. Procedemento ou conxunto de normas que determinan a actuación xudicial con vista á execución dunha sentencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obrigar a alguén ou a algo a manterse dentro de certos límites.

    2. Constituír alguén ou algo a causa de que unha ou máis persoas obren contra a súa vontade ou estean privados de liberdade.

    3. Oprimir algunha parte do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á constrición.

    2. Que produce constrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de construír.

      1. Actividade ou industria de construír ou edificar, especialmente obras de enxeñería ou arquitectónicas. Comprende un gran número de actividades que van dende a fabricación dos materiais de construción ata a edificación de vivendas, fábricas e obras públicas (edificios e infraestruturas), e constitúe un dos sectores económicos máis importantes nos países industrializados ou en vías de industrialización. Nas análises sectoriais da actividade económica forma parte, xunto coa industria e a minería, do denominado sector secundario.

      2. construcción naval

        Parte da industria que comprende o proxecto e a construción de navíos. Antigamente, os barcos construíanse con madeira de ciprés, de cedro e de acacia, pero co tempo, empregáronse metais para as áncoras e para certos aditamentos bélicos ou decorativos. Os exipcios resolveron diversos problemas que presentaba o goberno da nave e construíron algunhas de grandes dimensións. As necesidades do comercio grego fixeron aumentar o desprazamento das naves; así, xurdiu o tipo denominado trirreme e conseguíronse avances técnicos importantes, como o calafateado da armazón e o forrado da carena con coiro ou chumbo. Na Idade Media, as madeiras máis empregadas para a construción de buques foron o carballo, o piñeiro, o olmo, o cedro, a nogueira, o castiñeiro e a faia. Dende a construción en Inglaterra (1821) do primeiro buque con armazón de aceiro, soamente se utiliza a madeira para barcos de moi pequena tonelaxe ou con finalidades deportivas e de recreo. A construción de buques de casco metálico...

    2. Obra construída, especialmente de enxeñería ou de arquitectura.

      1. Unidade lingüística sintagmática ou morfolóxica que pode estar formada por unidades pertencentes a un nivel xerárquico inferior, encadeadas sintagmática ou gramaticalmente e que, ademais, poden pertencer a unha unidade superior. É posible descompoñelas nos seus constituíntes inmediatos ou mesmo nos seus constituíntes terminais (

      2. construcción absoluta

        Construción que, nunha oración, non depende sintacticamente de ningún elemento concreto.

      3. construcción “ad sensum”/de sentimento/lóxica

        Construción que se fundamenta no sentido, independentemente das concordancias gramaticais (

      4. construcción elíptica

        Contrución que deixa de enunciar algunha forma porque o contexto non a esixe necesariamente (

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO