construción
(< latconstructĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de construír.
Ex: Na construción do edificio participaron varias empresas.
Confrontacións: composición. -
[CONSTR]
-
s
f
Actividade ou industria de construír ou edificar, especialmente obras de enxeñería ou arquitectónicas. Comprende un gran número de actividades que van dende a fabricación dos materiais de construción ata a edificación de vivendas, fábricas e obras públicas (edificios e infraestruturas), e constitúe un dos sectores económicos máis importantes nos países industrializados ou en vías de industrialización. Nas análises sectoriais da actividade económica forma parte, xunto coa industria e a minería, do denominado sector secundario.
Ex: Traballa nas oficinas dunha empresa de construción.
-
construcción naval
Parte da industria que comprende o proxecto e a construción de navíos. Antigamente, os barcos construíanse con madeira de ciprés, de cedro e de acacia, pero co tempo, empregáronse metais para as áncoras e para certos aditamentos bélicos ou decorativos. Os exipcios resolveron diversos problemas que presentaba o goberno da nave e construíron algunhas de grandes dimensións. As necesidades do comercio grego fixeron aumentar o desprazamento das naves; así, xurdiu o tipo denominado trirreme e conseguíronse avances técnicos importantes, como o calafateado da armazón e o forrado da carena con coiro ou chumbo. Na Idade Media, as madeiras máis empregadas para a construción de buques foron o carballo, o piñeiro, o olmo, o cedro, a nogueira, o castiñeiro e a faia. Dende a construción en Inglaterra (1821) do primeiro buque con armazón de aceiro, soamente se utiliza a madeira para barcos de moi pequena tonelaxe ou con finalidades deportivas e de recreo. A construción de buques de casco metálico realízase nos estaleiros, ben en bancada, ben en dique seco, segundo os sistemas transversal, lonxitudinal, millar ou composto. Para a unión das pranchas empréganse remaches, a soldadura ou unha combinación de ambos sistemas. A finais do s XX, as modernas embarcacións, fabricadas tamén en estaleiros, comezaron a empregar materiais que combinan adecuadamente a lixeireza e a resistencia, como son o poliéster e a fibra de vidro. Entre os países construtores cómpre salientar Xapón, Gran Bretaña, Alemaña, Suecia, os Países Baixos, EE UU, Francia, Noruega e Corea.
-
s
f
-
s
f
Obra construída, especialmente de enxeñería ou de arquitectura.
Ex: Ambas as dúas construcións son do mesmo arquitecto.
-
[LING]
-
s
f
Unidade lingüística sintagmática ou morfolóxica que pode estar formada por unidades pertencentes a un nivel xerárquico inferior, encadeadas sintagmática ou gramaticalmente e que, ademais, poden pertencer a unha unidade superior. É posible descompoñelas nos seus constituíntes inmediatos ou mesmo nos seus constituíntes terminais (
Ex: O afamado autor publicou outro novo libro, a manifestación en conxunto é unha construción).
-
construcción absoluta
Construción que, nunha oración, non depende sintacticamente de ningún elemento concreto.
-
construcción “ad sensum”/de sentimento/lóxica
Construción que se fundamenta no sentido, independentemente das concordancias gramaticais (
Ex: Unha multitude de persoas abarrotaron o estadio, o verbo concorda en plural porque a significación de pluralidade que inclúe o suxeito unha multitude de persoas se impón ó valor gramatical de singular).
-
construcción elíptica
Contrución que deixa de enunciar algunha forma porque o contexto non a esixe necesariamente (
Ex: Antón virá, pero Lois non, elídese o verbo “virá” da construción Lois non virá).
-
construcción endocéntrica
Construción que, segundo L. Bloomfield, ten a mesma clase formal ca un ou varios dos seus constituíntes (
Ex: leite fresco e leite teñen a mesma función). Os membros dunha construción endocéntrica que modifican un núcleo denomínanse satélites ou modificadores. As construcións endocéntricas poden ser coordinantes ou subordinantes. No primeiro caso, o sintagma coincide coa clase formal de dous ou máis dos seus constituíntes (Ex: laranxas e peras). Nas construcións endocéntricas subordinantes, o sintagma pertence á mesma clase formal ca o núcleo (head) do sintagma (Ex: pobre Paulo); o outro elemento, pobre, denomínase atributo (modifier). O atributo pode estar, á súa vez, determinado, como no exemplo leite moi fresco (os constituíntes inmediatos son leite, o núcleo, e moi fresco, o atributo; o atributo, á súa vez, está formado polo núcleo fresco e mais o atributo moi).
-
construcción exocéntrica
Construción que, segundo L. Hjelmslev, non pertence á mesma clase formal (ten outra posición e función na frase) ca os seus constituíntes; polo tanto, ningún deles pode substituír toda a construción (
Ex: É astrónomo. Desde o edificio máis alto. María cantou. A carón de Manel, nestes exemplos a función do sintagma non coincide coa dos seus membros, e pode aparecer noutras posicións sintácticas: O rapaz a carón de Manel. Sentouse a carón de Manel).
-
construcción morfémica
Estrutura que, polo xeral, presentan as palabras dunha lingua determinada, é dicir, a raíz e os afixos. Por exemplo, cach-o-s (cachos).
-
construcción plena
Construción que se serve de todas as formas lingüísticas útiles para indicar as funcións e os significados que se expresan, sen deixar ningún por sobreentender.
-
construcción sintáctica
Estrutura que, esencialmente, presenta calquera oración dunha lingua determinada. Por exemplo, a ordenación suxeito + predicado + complementos (
Ex: O neno mercoulle caramelos á súa irmá).
-
s
f
-
s
m pl
Empresa construtora.
Ex: Construcións O Rápido ofrecélle un servizo de alta calidade.
-
construción adxectiva
[CONSTR]
Construción auxiliar á casa que cumpre diversas funcións pero que non se considera vivenda. Poden clasificarse en construcións de almacenamento, como o hórreo e a adega; de producións artesanais, como as ferrerías; de caza e pesca, como as pesqueiras e os foxos; de comercialización ou recintos de feira; de crianza, como as cortes e o pombal; e de transformación, como o muíño e o forno.
-
construción escolar
[EDUC]
Edificios e instalacións que constitúen o soporte material onde se van desenvolver as actividades educativas e que forman parte da organización escolar. Son, polo tanto, variables que dependen da escola, aínda que habitualmente as circunstancias económicas e políticas, en forma de orzamentos educativos, fan que esa necesidade se inverta na realidade. A arquitectura do edificio escolar debería depender do sistema educativo de referencia, da súa organización e mesmo do modelo pedagóxico. De aí que as instalacións, a distribución dos espacios e características arquitectónicas deberán deseñarse en función do nivel de ensino ao que van dirixidas, así como a finalidade, obxectivos, tipo de organización e métodos didácticos utilizados. Pódese sinalar, de xeito xenérico, a existencia de catro tipos ben diferenciados de dependencias e instalacións en calquera construción escolar: as pedagóxicas, as sanitarias e hixiénicas, as de carácter social e as auxiliares. Aínda así, hai que considerar que as construcións escolares sempre están determinadas polos avances da construción, especialmente significativos en todos os países desde a metade dos anos sesenta do s XX. Desde os anos setenta, estes avances céntranse na utilización de novos materiais e nunha progresiva tecnificación do proceso e do produto. Debido a eles, producíronse transformacións moi radicais e multifacéticas nos deseños arquitectónicos dos edificios escolares. As primeiras para facilitar a implantación das novas reformas escolares, e as segundas para ter en conta os distintos tipos de escola, os espacios e mesmo os orzamentos para a edificación. A Alemaña Occidental dos anos sesenta foi vangarda e referente para outros países nesta cuestión. En España, a Lei Xeral de Educación de 1970 supuxo, entre outras cousas, unha aposta por un novo modelo de construción escolar: as concentracións escolares remataron coa escola tradicional. Estas construcións deberían proxectarse de maneira que facilitasen o seu máximo aproveitamento, pero, ao mesmo tempo, deberían resultar agradables e cunha personalidade propia facilmente mudable, de xeito que se puidesen cambiar e adecuar ás necesidades e desexos dos seus usuarios. O edificio escolar non pode limitarse, xa que logo, a unha simple xustaposición de elementos repetidos -a aula tradicional é un bo referente neste sentido- que rematan por impoñer un tipo de ensino pasivo; debería, pola contra, funcionar como un todo orgánico con aulas de distintas capacidades, para diversos tipos de ensino, con salas de reunión, ximnasios, laboratorios, bibliotecas, etc. O edificio escolar confórmase así como un elemento colaborador na tarefa educativa, e achega claridade, simplicidade e, sobre todo, un grao de adaptación adecuado coas necesidades e funcións para as que se proxectou.
-
índice de construción
[AERON]
Parámetro adimensional empregado en tecnoloxía espacial para definir a lixeireza da estrutura (depósitos, condutos, motores, superficies de control, etc) dun foguete espacial.