"PLA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 722.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie aniónica que contén platino como átomo central.
-
PERSOEIRO
Futbolista francés. Co Nancy (1972-1979) conquistou a Copa de Francia (1978) e co Saint-Etienne (1979-1981) gañou a liga francesa (1981). Na Juventus de Turín (1982-1987) conseguiu a Recopa de Europa (1984), a Copa de Europa (1985) e a Copa Intercontinental (1985). Participou nos Xogos Olímpicos de Montreal (1976) e nos campionatos mundiais de Arxentina 1978 e España 1982, e gañou a Eurocopa de Francia 1984. Foi Balón de Ouro (1983, 1984 e 1985) e seleccionador francés (1988-1992).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente ao platino.
-
platinífero.
-
-
Áplícase á forma, xa en desuso, que se emprega para indicar que o platino actúa nun composto con valencia IV.
-
Nome non sistemático que se lle dá ao dióxido de platino hidratado, de cor amarela ou castaña, que se obtén por tratamento do ácido hexacloroplatínico (IV) co carbonato sódico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que leva ou contén platino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada que se emprega en química para indicar a presenza de platino nun composto.
-
-
Mestura natural de platino e iridio.
-
Aliaxe de platino e iridio que se obtén no proceso de extracción do platino.
-
-
-
Elemento metálico de transición, de número atómico 78 e peso atómico 195,078, que pertence ao grupo VIIIB da táboa periódica. Foi descuberto en 1735 por D. de Ulloa en América do Sur. Localízase principalmente na natureza de forma nativa, asociado cos outros elementos do seu grupo e, en proporción moito menor, en diversas minas de níquel e cobre, onde se pode obter dos residuos da refinación electrolítica dos metais. O metal é de cor branca prateada, dúctil e maleable. Forma aliaxes con todos os elementos dos grupos VIIIB e IB, e delas destacan as que forma cun 23% de cobalto, de intenso ferromagnetismo, e co iridio e o rodio, que lle confiren resistencia e dureza. Presenta, igual ca o paladio, a propiedade de absorber grandes cantidades de hidróxeno, que deixa saír cando se quenta ata o punto de incandescencia. Non se disolve nos ácidos minerais, pero si en auga rexia, coa formación de ácido hexacloroplatínico (IV) (H 2 PtCl 6 ). Reacciona en quente cos halóxenos...
-
Pos verdosos, solubles en ácido clorhídrico e en hidróxido amónico, e insolubles en auga, que se poden obter por quentamento da esponxa de platino en presenza de cloro anhídrido.
-
Masa de platino de cor gris próxima á negra, porosa e cunha gran superficie específica. Emprégase como catalizador e para provocar a ignición do hidróxeno.
-
-
-
Aliaxe de cobre, níquel e cinc.
-
Nome xenérico que se lles dá aos metais da familia do platino.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao platino.
-
platinífero.
-
-
Aplícase aos compostos en que o platino actúa con valencia II.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anchura excesiva do nariz.
-
-
Relativo ou pertencente aos platirrinos.
-
Mamífero primate da infraorde dos platirrinos.
-
Infraorde de mamíferos, da orde dos primates, que se caracteriza por presentar o nariz coas ventás separadas e mirando cara a adiante, tres premolares e sen tubo auditivo óseo. Coñécense co nome de monos do Novo mundo e agrupa a superfamilia dos ceboideos.
-
-
-
Que ten o fociño ancho.
-
Que ten o peteiro ancho.
-
-
PERSOEIRO
Pintor e caricaturista. Fundou a revista Os Conxuros e traballou como ilustrador e caricaturista en varias publicacións. Nas súas obras, de técnicas diversas, cultivou a abstracción. Participou en numerosas exposicións individuais e colectivas e da súa produción destacan Sen título (2000) e Casa perfecta (2001). Recibiu o V premio de pintura da Bienal Eixo Atlántico.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos platistérnidos.
-
Réptil da familia dos platistérnidos.
-
Familia de réptiles, da orde dos quelonios, que presenta a cabeza moi desenvolvida, de tal forma que non pode retraer a mesma cara ao interior da cuncha, o escudo moi deprimido e a cola longa, case tanto como a cuncha. Posúe unha única especie Platysternon megacephalum, que foi presentada á ciencia por Gray (1831) e que vive no SL de China, Australia e Nova Guinea, nos regatos fríos das montañas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo cuberto e pechado que serve como escenario para a rodaxe de filmes e programas ou series de televisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
platihelminto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas do phylum níxer-congo.
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. De familia aristocrática por parte de nai, participou na Guerra do Peloponeso (409 a C) e despois quixo dedicarse á política, pero desencantárono os excesos dos oligarcas. Cunha esmerada educación artística e ximnástica, decantouse pola filosofía despois de coñecer a Sócrates en 408 a C. Á morte deste (399 a C), durante o período democrático, fuxiu de Atenas con outros condiscípulos e refuxiouse en Megara con Euclides. Neste tempo escribiu os seus primeiros diálogos. Na Magna Grecia entrou en contacto con Arquitas de Tarento e os círculos pitagóricos. Logo dirixiuse a Sicilia, onde Dión de Siracusa, cuñado de Dionisio I de Siracusa, se entusiasmou coas súas doutrinas e intentou, sen éxito, aplicalas á política. Entre estas dúas viaxes residiu en Atenas, onde fundou a Academia. Viviu os seus últimos anos dedicado á composición dos Diálogos e ao ensino na Academia. A súa obra transmitiuse tradicionalmente agrupada en nove tetraloxías que inclúen a Apoloxía...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Platón ou ao platonismo.
-
Seguidor da doutrina filosófica de Platón.
-
-
Aplícase aos sentimentos ou actitudes que son meramente ideais.
-
Ciclo, denominado tamén ano grande, que os astrónomos gregos estimaron nuns 26.000 anos; ao seu fin todos os corpos celestes retornarían ao mesmo lugar que ocupaban no momento da creación. Diferénciase do concepto filosófico, de estoicos e platónicos, do ano grande ou ano cósmico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de Platón ou da súa escola e aspectos dela que influíron no pensamento doutros filósofos e escolas. A influencia da filosofía de Platón foi tan considerable que se pode dicir que o platonismo alzanza toda a historia do pensamento occidental e incluso unha parte do oriental, as tradicións bizantina e árabe. Por exemplo, apréciase a súa marca en Aristóteles e no estoicismo, é inseparable do neoplatonismo, co que se acaba confundindo, ten ascendencia na tradición filosófico-teolóxica latina dos ss IV e V e exerce un dominio case universal sobre a Idade Media, do que é típico expoñente a escola de Chartres. Por medio de santo Agostiño a influencia platónica artella, en competencia co aristotelismo, a gran tradición escolástica, e incluso chega a perdurar durante a Idade Moderna (escola platónica de Cambridge, Spinoza, Leibniz e Kant) e na filosofía dos dous últimos séculos (aspectos de Fichte, Schopenhauer, a escola de Marburg, a neoescolástica). Na súa difusión e transmisión pódense...