platónico -ca

platónico -ca

(< lat Platonĭcus)

  1. [FILOS]
    1. adx

      Relativo ou pertencente a Platón ou ao platonismo.

    2. s

      Seguidor da doutrina filosófica de Platón.

  2. adx

    Aplícase aos sentimentos ou actitudes que son meramente ideais.

    Ex: O seu é unha relación platónica.

  3. ano platónico [CRON]

    Ciclo, denominado tamén ano grande, que os astrónomos gregos estimaron nuns 26.000 anos; ao seu fin todos os corpos celestes retornarían ao mesmo lugar que ocupaban no momento da creación. Diferénciase do concepto filosófico, de estoicos e platónicos, do ano grande ou ano cósmico.