"RAF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 981.

  • PERSOEIRO

    Químico. Foi un dos iniciadores da análise química e introduciu o uso do microscopio nos estudios químicos. Empregou o ensaio á chama para diferenciar o sodio do potasio e obter o P2O2 por combustión do elemento; e tamén demostrou en1946 que o cinc era un elemento, cando conseguiu illalo en estado puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Combateu na Guerra da Independencia (1808-1814) e, destinado ao vicerreinado de Perú, enfrontouse ás forzas arxentinas e chilenas na Batalla de Chacabuco (1817). Cando estoupou a Primeira Guerra Carlista tomou parte por Carlos María Isidro de Borbón. Comandante xeneral de Bizkaia (1835), comandante xeneral do exército carlista en Catalunya (1836) e comandante en xefe do exército real (1838), iniciou tratos para a paz con Espartero, co que asinou o Convenio de Bergara (1839).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Formouse con Alberto Castro Couso e Ana Martínez Pasarín e participou nas exposicións celebradas na praza da Princesa de Vigo (1978). A súa obra caracterizouse pola utilización de técnicas mixtas, como a colaxe e os acrílicos sobre madeira ou tea. A súa temática abordou a relación entre fondo e figura, moitas veces na procura de valores tridimensionais que o achegaron á abstracción aínda que incorporando elementos sólidos á pintura como madeiras, teas ou metais. Na década de 1990 evolucionou cara a unha mestura técnica entre pintura e escultura. Destaca a serie Yapeyú (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e profesor. Foi vicepresidente e conselleiro delegado do Banco Exterior de España (1978-1989) e presidente do Banco Simeón (1983-1989), do Banco de Asturias (1990-1996) e do grupo Natwest España (1990-1998). Escribiu El fomento a la exportación en el desarrollo económico (1966), Las regiones españolas ante la asociación con Europa (1966), Crédito y banca es España: análisis y estrutura (1971), Dicionario Planeta de Economía (1980) e La transición económica de España (1990). Recibiu a Medalla Castelao (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mamografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de construcións aeronáuticas estadounidense fundada en 1939 en Saint Louis (Missouri) por J. S. McDonnell Jr. Durante a Segunda Guerra Mundial comezou o deseño e a construción de aeronaves de creación propia e posteriormente colaborou coa NASA nos proxectos Xémini e Mercurio. En 1967 absorbeu a Douglas Aircraft Company e formaron a McDonnell-Douglas Aircraft Corporation.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de mecanografar.

    2. Que está escrito á máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escribir á máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de escribir á máquina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mecanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica a mecanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Bispo de Santander (1784-1819), foi perseguido por franceses e liberais, refuxiouse en diferentes mosteiros de Galicia, pero rematou fuxindo a Portugal, debido á incautación da súa obra El recíproco sin y con Dios de los hombres. Tras o retorno do absolutismo, regresou a Galicia e foi reintegrado finalmente na súa sé en Santander.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Zingarelli, foi director do Conservatorio de Nápoles (1840-1870) e unha figura de transición entre Rossini e Verdi. Compuxo música sacra, fantasías para orquestra e óperas, das que destacan Elisa e Claudio (1821), I Normanni a Parigi (1832), Leonora (1844) e Virginia (1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e diplomático. Foi bispo titular de Nicea (1900), e Pío X nomeouno secretario de Estado e cardeal (1903). Foi secretario da Congregación do Santo Oficio (1914) e mostrouse favorable ao movemento fascista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda a constitución e a estrutura dos metais e as súas aliaxes. A metalografía clásica comprende a análise térmica, a metalografía macroscópica ou macrografía e a metalografía microscópica ou micrografía. A análise térmica ten por finalidade seguir a evolución da estrutura das aliaxes coa temperatura e detectar as transformacións e as súas caracteríticas de velocidade, intensidade e histérese. Distínguense diferentes campos de análise térmica: a análise dilatométrica ou variación do coeficiente de dilatación coa temperatura, a análise termomagnetométrica ou variación da permeabilidade magnética coa temperatura, a análise da termorresistividade ou variación do coeficiente de resistividade coa temperatura e a análise termoeléctrica ou variación do poder termoeléctrico coa temperatura. A macrografía estuda a superficie dos metais a simple vista ou coa axuda dun instrumento óptico de poucos aumentos. A micrografía...

    2. Proceso litográfico que se realiza sobre un metal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á metalografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás vasoiriñas empregadas nas máquinas eléctricas rotativas, que están constituídas por unha mestura de pos de grafito, cobre e outros metais, prensada e moldeada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada en metalografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro dos fenómenos meteorolóxicos a través dos meteorógrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á meteorografía.

    VER O DETALLE DO TERMO