McDonnell Aircraft Corporation

McDonnell Aircraft Corporation

Empresa de construcións aeronáuticas estadounidense fundada en 1939 en Saint Louis (Missouri) por J. S. McDonnell Jr. Durante a Segunda Guerra Mundial comezou o deseño e a construción de aeronaves de creación propia e posteriormente colaborou coa NASA nos proxectos Xémini e Mercurio. En 1967 absorbeu a Douglas Aircraft Company e formaron a McDonnell-Douglas Aircraft Corporation.