McCullin, Donald
McCullin, Donald
Fotógrafo. Comezou a súa carreira en 1958 e serviu como asistente de fotografía na Royal Air Force (1953-1955). Colaborador en destacadas publicacións como The Observer (1961-1964), Life, Time ou Der Spiegel, cubriu os conflitos de Vietnam (1968), Camboxa (1970) ou Beirut (1976) para The Sunday Times. En 1967 comezou a traballar na axencia Magnum. A súa obra constitúe unha chamada de atención sobre os problemas da violencia e da devastación no mundo. Publicou Don McCullin: Hearts of Darkness (1980), Perspectives (1987) ou Don McCullin (2001). Recibiu o World Press Photographers Award en 1965.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Londres