"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Uttar Pradēsh, India, situada na beira esquerda do río Sai (129.904 h [estim 2000]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor checo. Autor de numerosas obras realistas, escribiu Zapadii vlastenci (Patriotas esquecidos, 1894) e Mezi lidmi (Entre o pobo, 1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo e navegante. En 1618, xunto cos irmáns Nodal, explorou o estreito de Magallanes e o cabo de Hornos do que determinou a latitude. Co seu nome, Diego Ramírez, desígnanse un grupo de illas ao S de Tierra del Fuego, descubertas durante a expedición. Escribiu Reconocimiento de los estrechos de Magallanes y de San Vicente y algunas cosas curiosas de navegación (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Barcelona, Girona e Osona (992-1017?), fillo e sucesor de Borrell II. En 1003 emprendeu unha expedición contra Lleida coa axuda doutros condados. ‘Abd al-Malik Yūsuf al-Mu ẓ affar, fillo de Almanzor, asaltou Meià, mentres Wadih tomou o castelo de Montmagastre, chegou a conca de Òdena e atacou a Castellolí, pero a época do ano avanzada e a resistencia cristiá obrigaron aos sarracenos a retirarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e dramaturgo. Durante a Segunda República frecuentou o parladoiro do Café Español de Santiago de Compostela e a compañía de Santiago Montero Díaz, Luís Manteiga, Luís Seoane ou Carlos Maside. En 1934 participou na dirección das Misións Pedagóxicas en Galicia. De ideoloxía anarquista, escribiu a obra de teatro Suceso en los arrabales (1933) en Ediciones Resol, alentada por Arturo Cuadrado e imprentadas en Nós. Coñecido nos círculos de vangarda composteláns, foi perseguido polos franquistas tras o golpe militar e condenado a morte, pena logo conmutada pola de sete anos de prisión grazas á intervención de S. Montero Díaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto italiano. Traballou en París pero, chamado a Peterburgo (1716), foi protexido por Pedro I de Rusia, para quen fixo Estatua ecuestre de Pedro o Grande na praza dos Enxeñeiros e a Estatua da tsarina Anna Ivanovna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, fillo de Bartolomeo Carlo Rastrelli. Iniciouse en París con R. de Cotte e o seu pai, e xunto con el e con Le Blond foi a Peterburgo en 1716. A Tsarina Isabel Petrovna nomeouno arquitecto da corte e en 1741 confioulle a transformación arquitectónica e urbanística da cidade con modelos italianos e franceses de inspiración renacentista e manierista. Das súas obras destacan os palacios de Verán (1741-1744), o Peterhof (1747-1752) e os palacios de Carskoje Selo (1749-1756) e de Inverno (1754-1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Corme e Laxe situada na parroquia de Canduas (Cabana de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Rodeiro 10. 3.1943) Filósofo. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidad de Salamanca (1967), foi presidente do Ateneo de Pontevedra e fundador e presidente de Honra da Aula Castelao de Filosofía de Pontevedra. Alentou e dirixiu un grupo de filósofos en Lugo para realizar unha filosofía en galego e para Galicia, que reflectiu en Introdución á Filosofía (1979) e Historia da Filosofía (1980). Tamén escribiu X.V. Viqueira: teoría e praxe (1992) e Xosé Neira Vilas: narrador, poeta, xornalista, historiador da nosa emigración (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Microbiólogo. Doutor en Farmacia, foi catedrático de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela e xefe da sección de Microbioloxía do CSIC en Santiago. Realizou numerosos estudos sobre inmunoloxía, bacterioloxía clínica e bioquímica de antibióticos. Ten publicados multitude de artigos científicos e foi membro emérito da American Society Microbiology, membro da Society General Microbiology, do American Institute Biological Sciences e da Sociedad Española de Quimioterapia; académico da Real Academia Galega de Ciencias e da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia; e correspondente da Real Academia Nacional de Medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico checo. Naturalizado inglés, foi un dos fundadores do free cinema, corrente baixo a que dirixiu Saturday Night and Sunday Morning (1960) e Isadora (1968). Posteriormente dirixiu The Gambler (1974), The French Lieutenant’s Woman (1981), Sweet Dreams (1985) e Everybody Wins (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente do río Navia pola dereita que nace e desemboca na parroquia do Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ra pequena, que non supera os 50 mm de lonxitude, con cabeza ancha e redondeada, ollos prominentes laterais e pupila elíptica horizontal. As patas anteriores teñen catro e as posteriores cinco dedos rematados en discos adhesivos, e membranas interdixitais reducidas. A pel é lisa e de cor variable, incluso no mesmo individuo, dependendo do substrato, da temperatura e do estado fisiolóxico. O dorso é xeralmente verde uniforme cunha franxa marrón escura desde o orificio nasal, pasando polo ollo e o tímpano, ata a base das patas posteriores, cunha pequena prolongación ata o dorso á altura da base das patas traseiras e o ventre abrancazado. As femias son máis grandes ca os machos, que durante o celo teñen rugosidades pouco patentes sobre a cara interna do primeiro dedo das patas dianteiras e un gran saco bucal moi aparente na gorxa. É unha ra pouco acuática, que se atopa no substrato arbustivo debido á facilidade para trepar que lle confiren os discos dixitais. Gusta de masas de auga permanentes...

    2. couza.

    3. grilo ceboleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de relar.

    2. Actividade de relar.

    3. Capa de sucidade que se acumula na pel de animais e persoas ou nas pezas de roupa por falta de limpeza.

    4. Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘fariña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. ínculo real ou imaxinario que se establece entre dúas ou máis cousas.

      2. ínculo que existe ou que se supón que existe entre dúas ou máis cousas, conceptos ou xuízos, de forma que establecido un deles hai que pensar á vez no outro ou nos outros, e viceversa. Para Aristóteles era unha categoría e definiuna como a referencia dunha cousa a outra. Entre os escolásticos abranguía un campo moito máis amplo de modalidades e subdivisións. Nesta liña Eduard von Hartmann fixo da relación unha categoría fundamental (Urkategorie) que incluía as outras. Hai que destacar a distinción tradicional entre a relación lóxica e a ontolóxica ou real, onde a escolástica distinguiu entre relación increada e creada, e entre relación transcendental, a que non constitúe a cousa senón que segue a esencia da cousa en que se inclúe, e predicamental, refencia real dunha cousa a outra. A clásica comprensión metafísico-ontolóxica da relación cedeu lugar, en Kant, a unha concepción prioritariamente gnoseolóxica daquela. Polo...

      3. ínculo entre varios elementos dun conxunto. Para precisar esta idea intuitiva, defínese a relación (R) como calquera subconxunto dun produto cartesiano de dous conxuntos A e B. O tipo de relación máis frecuente é aquela en que n = 2, chamada relación binaria, que é un subconxunto de A×A. Unha relación binaria é chamada simétrica se cada vez que a R b, tamén se cumpre b R a; é antisimétrica se nunca se cumpre a R b e b R a á vez; é reflexiva se sempre é a R a; e é transitiva se cada vez que a R b e b R c resulta que a R c. Unha relación que é á vez reflexiva, simétrica e transitiva é unha relación de equivalencia, mentres que se é á vez reflexiva, antisimétrica e transitiva é unha relación de orde. Defínese tamén o concepto de relación inversa.

      4. relación de transformación

        Relación entre as tensións alta e baixa (ou entre as correntes correspondentes aos circuítos de tensión baixa e alta) nun transformador.

      5. relación xurídica

        ínculo de dereito existente entre dúas ou máis persoas (sociedade) ou unha ou máis persoas cunha cousa ou máis.

      1. Feito de establecer un vínculo de coñecemento, actividade ou interese entre dúas ou máis persoas, entidades ou grupos sociais.

      2. relacións de produción

        ínculos das persoas arredor do proceso de produción de bens materiais. Baixo esta interpretación, presente na análise de Karl H. Marx, as relacións de produción establécense no proceso de traballo, é dicir, no proceso de acción do home sobre a natureza, e modélanse segundo o nivel histórico das forzas produtivas. As relacións sociais de produción refírense ás formas de propiedade dos medios de produción, á situación que no proceso de produción ocupan as clases e os grupos sociais, ás relacións mutuas establecidas entre eles e ás formas de distribución do que se produce.

      3. relacións diplomáticas

        Relación oficial que dous estados ou gobernos establecen ou manteñen entre eles mediante os seus representantes diplomáticos. Os órganos centrais desta relación son os xefes de estado e os ministros de Asuntos Exteriores, e os órganos periféricos son os axentes diplomáticos e os cónsules. Están reguladas polos convenios de Viena de 1961 e 1963, ratificados por España.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incunable publicado posiblemente en Monterrei na segunda metade do s XVI. Editado por Gonzalo Rodrigo de la Passera en folla voante a dúas columnas e con letras góticas e capitais gravadas en madeira, non leva nin lugar nin data de edición, polo que deu lugar a grandes dúbidas. Consérvase un exemplar copiado no Archivo Histórico Nacional de Simancas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • relacionable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode relacionar.

    VER O DETALLE DO TERMO