1 rela

1 rela
  1. s f [ANIMAL]

    Ra pequena, que non supera os 50 mm de lonxitude, con cabeza ancha e redondeada, ollos prominentes laterais e pupila elíptica horizontal. As patas anteriores teñen catro e as posteriores cinco dedos rematados en discos adhesivos, e membranas interdixitais reducidas. A pel é lisa e de cor variable, incluso no mesmo individuo, dependendo do substrato, da temperatura e do estado fisiolóxico. O dorso é xeralmente verde uniforme cunha franxa marrón escura desde o orificio nasal, pasando polo ollo e o tímpano, ata a base das patas posteriores, cunha pequena prolongación ata o dorso á altura da base das patas traseiras e o ventre abrancazado. As femias son máis grandes ca os machos, que durante o celo teñen rugosidades pouco patentes sobre a cara interna do primeiro dedo das patas dianteiras e un gran saco bucal moi aparente na gorxa. É unha ra pouco acuática, que se atopa no substrato arbustivo debido á facilidade para trepar que lle confiren os discos dixitais. Gusta de masas de auga permanentes con abondosa vexetación nas marxes (grandes charcas, lagoas ou encoros). Distribúese en gran parte de Europa, na Península non se atopa en Andalucía e na costa mediterránea, onde é substituída pola ra meridional (Hyla meridionalis), especie moi parecida que se diferenza por non posuír a prolongación dorsal da franxa lateral e polo canto. É común en Galicia, pero repartida irregularmente polas súas preferencias de hábitat. OBS: Tamén se denomina estroza e ra de Santo Antón.

  2. s f [ANIMAL/ENTOM]

    couza.

  3. s f [ANIMAL/ENTOM]

    grilo ceboleiro.