"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • PERSOEIRO

    Física nuclear. Desenvolveu, en colaboración con Salomon A. Berson, a técnica do radioinmunoensaio (1959). Realizou importantes investigacións so­bre a insulina plasmática e a diabete. En 1977 recibiu, xunto con R. Guillemin e A. V. Schally, o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Ucraína, na República Au­­­tónoma de Crimea, na costa meridional da península de Crimea (89.000 h [1987]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Encontro celebrado en Yalta entre F. D. Roosevelt, W. Churchill e J. Stalin entre os días 4 e 12 de febreiro de 1945. Ratificaron que só sería aceptada a rendición incondicional de Alemaña e que esta sería dividida en catro zonas de ocupación. Decidiuse tamén a reunión dunha conferencia previa á fundación da ONU en San Francisco en abril de 1945.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Corea do Norte (790 km). Nace no monte Changbai e, ata a desembocadura, na badía de Sohan, no mar Groga, augas abaixo de Sinuiju (Corea) e Andong (China), corre en dirección NL-SO, ao longo da fronteira entre Corea do Norte e China.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, na illa de Honshū, Xapón (255.617 h [2000]). É un centro comercial e industrial no val do Mogami.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (9.327 km2; 1.244.147 h [2000]). A capital é Yamagata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar xaponés. Foi un dos líderes da revolución de 1898 e tivo un papel fundamental no restablecemento imperial. Xefe do goberno na Guerra Ruso-xaponesa, foi ministro da Guerra en varias ocasións e presidiu o Consello Secreto do Estado (1905-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ken homónimo, na illa de Honshū, Xapón (138.210 h [2000]). Ten industrias alimentarias e téxtiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (6.107 km2; 1.527.964 h [2000]). A capital é Yamaguchi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa xaponesa fundada en 1955 por Nippon Gakki, especializada na fabricación de motocicletas, motores foraborda, automóbiles para a neve, motores pequenos e barcos deportivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante xaponés. Viceministro da Mariña (1936) e comandante en xefe da frota (1939), atacou Pearl Harbor (1941) e dirixiu a ofensiva xaponesa no Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos yámanas ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo yámana.

    3. Pobo amerindio de Tierra del Fuego. Nómades e cazadores, a familia monógama era a base social da súa organización política.

    4. Lingua illada que fala o pobo yámana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ken da illa de Honshū, Xapón (4.463 km2; 888.172 h [2000]). A capital é Kofu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto estadounidense. A súa obra móvese entre o racionalismo e o manierismo preciosista e historicista. Con Emery Roth and Sons proxectou o World Trade Center de Nova York (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Chaira da zona meridional da illa de Honshū, Xapón, no actual ken de Nara. Foi o centro do primeiro reino unificado de Xapón a mediados do s XIV e deu nome ao mesmo Xapón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón (208.324 h [2000]). Situada no extremo oriental do altiplano de Sagamihara, é un centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á escola pictórica xaponesa do s XII e de comezos do s XIII, que corresponde ao último período Heian. Caracterizouse por unha técnica descritiva e elegante e por uns motivos seculares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Reagrupamento Democrático de África (RDA), foi o primeiro presidente do país. Prohibiu gradualmente os partidos políticos ata que só quedou o RDA. Foi derrocado por un golpe de estado liderado por S. Lamizana, xefe do estado maior do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Costa de Marfil desde 1983, situada no SL de Bouaflé (110.000 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Jamna Río de India, afluente do Ganxes pola dereita con 1.375 km de percorrido. Nace nos contrafortes meriodionais do Himalaia, ao N do estado de Uttar Pradesh, e, en dirección N-SL, pasa por Delhi, Mathurā e Agra, e despois de recibir, pola dereita, o Chambal, o Sind, o Betwa e o Kēn, únese ao Ganxes en Ilahābād.

    VER O DETALLE DO TERMO